P1101215 - Teoría de Cordas (Módulo II: Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Física de Partículas
- Áreas: Física Teórica
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaIntroducir o estudante nas teorías modernas da unificación das interaccións fundamentais baseadas na Teoría de Cordas, así como os intentos de construción dunha teoría cuántica da interacción gravitatoria.
Contidos1- A corda bosónica: teoría clásica e a sua cuantización. Dimensión crítica e estados físicos.
2- Teorías conformes de campos: álxebra de Virasoro e carga central. Bosonización e álxebras de corrientes. Teorías superconformes e sistemas de fantasmas. Operadores de vértice e teoría de cordas perturbativa.
3- Supercordas: supercordas de Ramond-Neveu-Schwarz. Supercordas de Green-Schwarz. Cordas heteróticas. Accións efectivas e supergravedade. Teoría-M.
4- D-branas: cordas abertas e T-dualidade. D-branas en teorías de tipo II. Accións de Dirac-Born-Infeld. As D-branas como solitóns en supergravedade. Dualidade holográfica gravedade/teoría gauge. Branas da teoría-M.
Bibliografía básica e complementariaM. B. Green, J. H. Schwarz and E. Witten, Superstring Theory (2 vols), Cambridge University Press 1987.
J. Polchinski, String Theory (2 vols), Cambridge University Press 1998.
B. Zwiebach, A first course in String Theory, Cambridge University Press 2004.
K. Becker, M. Becker and J. Schwarz, String Theory and M-Theory, Cambridge University Press 2007.
E. Kiritsis, String Theory in a nutshell, Princeton University Press 2007.
D. Lüst and S. Theisen, Lectures on String Theory (Lecture Notes in Physics), Springer-Verlag, 1989.
CompetenciasO presente curso capacitará o alumno para proseguir estudos de investigación nalgúns dos temas na fronteira do coñecemento da física teórica actual, tales como a construción da teoría cuántica da gravidade, a descrición holográfica de teorías cuánticas de campos no rexemen de acoplamento forte e a unificación de todas as interaccións fundamentais da Natureza.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases expositivas farase uso combinado do proyector e a lousa para presenta-los contidos. Nas clases interactivas invitarase os alumnos a resolver exercicios e poranse dúbidas en común para discutirnas.
Sistema de evaluaciónPara ser avaliados, os alumnos deberán asistir a clase cun máximo de dúas ausencias permitidas ao longo do curso. Ademáis deberá realizar un traballo de ampliación da materia e levar a cabo unha exposición do mesmo. Así mismo, terase en conta a participación activa durante as clases.
Tempo de estudo e traballo persoal51 horas
Recomendacións para o estudo da materiaTer polo menos coñecementos básicos de teoría cuántica de campos, física-matemática e gravitación.