Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

P1161108 - Prácticum (Prácticas Externas en Centros de I+D+i) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 2.00
  • Total: 2.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Física Aplicada, Física da Materia Condensada, Química Física, Departamento Externo
  • Áreas: Física Aplicada, Física da Materia Condensada, Química Física, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
NOVO RODRIGUEZ, MARIA DE LA MERCED.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Realización de prácticas externas en Centros de I+D+i (empresas ou institutos de investigación) cuxa temática estea relacionada coa Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases.
    Os obxectivos concretos e o plan de traballo concertaranse entre o titor do alumno na universidade e o titor do centro de I+D+i de acordo cos intereses do alumno e dependerán do tipo de centro e das opcións posibles no momento de realización das prácticas.
    Contidos
    As prácticas realizaranse durante o segundo semestre nos centros de I+D+i que teñan convenio asinado co Máster. Hai dúas orientacións posibles:
    1. Rama fundamental: prácticas en centros de I+D
    2. Rama aplicada: prácticas en empresas dos seguintes campos:
    - Medio ambiente.
    - Nutrición, tecnoloxía de alimentos e industria agroalimentaria.
    - Industria farmacéutica e cosmética.
    - Industria química e biotecnolóxica.
    - Ciencia do mar.
    - Edafoloxía.
    - Industria cerámica.
    - Industria petroquímica e derivados
    - Industria de catalizadores.

    Bibliografía básica e complementaria
    Para esta materia será necesario utilizar bibliografía específica relacionada coa temática de traballo, polo que será definida de forma particular en cada caso. En xeral, utilizarase como bibliografía os libros e revistas nacionais e internacionais correspondentes ao campo de investigación ou de traballo que se vai desenvolver. Empregaranse tamén para iso as bases de datos correspondentes.
    Competencias
    Unha vez realizadas as prácticas, o alumno deberá obter as seguintes competencias:
    - Abordar problemas reais da actividade investigadora ou de empresa (segundo rama).
    - Formación teórica especializada no campo de traballo do centro de I+D+i.
    - Manexo de técnicas específicas de estudo de coloides e interfases.
    - Elaboración e presentación de informes ou memorias.

    Metodoloxía da ensinanza
    Unha vez establecidos os obxectivos e o plan de traballo, os titores da universidade e do centro I+D+i indicarán ao alumno a bibliografía adecuada para adquirir os coñecementos teóricos básicos para a realización das prácticas. O titor do centro I+D+i iniciará ao alumno nas técnicas e métodos a utilizar durante as prácticas.
    Sistema de evaluación
    O alumno elaborará unha memoria das prácticas que presentará en exposición pública e será avaliada polo titor da universidade. Ademais, a cualificación final terá en conta a valoración do alumno por parte do titor do centro de I+D+i.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ao tratarse dunha materia práctica, o alumno dedicará aproximadamente 4 dos 6 créditos á realización das prácticas. Os dous créditos restantes utilizaranse na formación teórica inicial do alumno para abordar as prácticas e na elaboración e presentación da memoria final.