Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

P1161109 - Traballo Fin de Máster (Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 12.00
  • Total: 12.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 3.00
  • Horas de Titorías: 9.00
  • Total: 12.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Física Aplicada, Física da Materia Condensada, Química Física, Departamento Externo
  • Áreas: Física Aplicada, Física da Materia Condensada, Química Física, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Al-Soufi , Wajih.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O Traballo Fin de Máster ten por obxecto a elaboración dun exercicio integrador ou de síntese que permita aplicar todos os coñecementos adquiridos nas materias do Máster, polo que está vinculado a tódalas áreas de coñecemento do mesmo.
    Contidos
    Os alumnos deberán adaptarse a unha das liñas de investigación nas que na actualidade están traballando os grupos de investigación implicados no Máster:
    - Preparación e caracterización de nanoestructuras
    - Propiedades, caracterización e aplicacións de sistemas biofísicos
    - Materiais magnéticos. Síntese e caracterización estrutural
    - Materiais magnéticos. Propiedades físico-químicas e aplicacións
    - Síntese e caracterización de copolímeros de bloque como medio de solubilización, transporte e liberación de fármacos
    - Uso de copolímeros de bloque como axente estabilizante e reductor no proceso de obtención de nanopartículas metálicas
    - Obtención e caracterización de nanoplataformas multifuncionais
    - Formación de estruturas proteicas fibrilares e o seu emprego como patróns na formación de fíos e túbulos metálicos
    - Sínstese e caracterización de nanomateriais
    - Estrutura e dinámica de nanomateriais
    - Reactividade química en medios coloidais
    - Estudo estrutural e dinámico de medios organizados mediante sondas fluorescentes
    Competencias
    . Introducir aos estudantes na metodoloxía da investigación en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases
    . Familiarizar ao/á alumno/a na búsqueda, selección e manexo de fontes de información adecuadas.
    . Capacitar ao alumnado no deseño e execución dun traballo de investigación en todas as súas fases:
    - Elección dun tema
    - Formulación dunha hipótese de traballo
    - Adquisición de bibliografía
    - Lectura e aproveitamento da información
    - Desenvolvemento analítico e de argumentos que permitan comprender e explicar o tema investigado
    - Redacción (etc.)
    . Adquirir as habilidades necesarias para redactar un traballo de investigación así como expor oralmente os resultados e defendelos ante unha comisión.
    Metodoloxía da ensinanza
    Cada alumno terá un director do Traballo Fin de Máster, en función la liña de investigación elixida por el mesmo.
    O traballo de investigación Fin de Máster realizaranno os alumnos individualmente. O director do traballo orientará e avaliará as distintas etapas do mesmo: definición de obxectivos, estado actual do problema que se pretende resolver, metodoloxía, análise e interpretación de datos, resultados e discusión, conclusións e redacción de documentos científicos.
    Sistema de evaluación
    Os alumnos realizarán un traballo de investigación individual cuxa extensión estará en relación co tempo de que dispón para desenvolvelo.
    O traballo final será exposto oralmente polo alumno, destacando as súas achegas orixinais, ante unha comisión composta por investigadores especialistas no tema.
    É desexable que o Traballo Fin de Máster se presente en formato artigo.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A actividade formativa Traballo Fin de Máster equivale a 12 créditos ECTS, o que supón 300 horas de traballo do alumno, é dicir, 7,5 semanas de traballo.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Manexo do idioma inglés