Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

P1053102 - Fundamentos de instrumentación e electrotecnia (Bases de Enerxética) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación, Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Electrónica, Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA LOUREIRO, ANTONIO JESUS.SI
VELO SABIN, RAMON LUIS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Introducir o alumno nas bases da Electricidade e da Electrónica, así como nas cuestións básicas da Electrotecnia, todo elo esencial para unha adecuada comprensión da produción e distribución da enerxía eléctrica.
    Coñecer en primeiro lugar os elementos básicos que constituen os circuitos eléctricos de continua e alterna.
    Seguidamente introducense os elementos de monitorización e control, e estúdanse os autómatas programables e o seu manexo.
    Finalmente, analizanse de maneira introdutoria os principais conceptos de Electrotecnia necesarios para a comprensión das principais instalacións e aparatos empregados nas diferentes tecnoloxías de produción de enerxías renovables.
    Contidos
    Fundamentos de instrumentación básica en Electricidade e Electrónica. Circuitos DC. Circuitos AC. Monitorización e control de sistemas. Autómatas programables

    Electrotecnia. Circuitos monofásicos e trifásicos. Cálculo eléctrico de liñas. Aparatos de proteción e seguridade. Regulamentos electrotécnicos de baixa e alta tensión. Introdución ás máquinas eléctricas rotativas e transformadores.
    Bibliografía básica e complementaria
    Electrónica fundamental: teoría y práctica
    autor: Angulo Usategui, J.M.,
    edita: Paraninfo, (1990).
    año: 1990
    Autómatas programables
    autor: Romeral, José Luis y Balcells, Josep
    edita: Marcombo
    año: 2000
    Diseño y aplicaciones con autómatas programables
    autor: Grau Saldes, Antoni
    edita: UOC
    año: 2002
    Electrotecnia
    Fraile: Electromagnetismo y cirsuitos eléctricos. Madrid : Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, 1995.
    Fraile, J. 1996. Introducción a las Instalaciones Eléctricas. U.P.M.

    Competencias
    Nesta materia o alumno adquirirá e practicará unha serie de competencias básicas, desexables en cualquier titulación universitaria, e competencias específicas no ámbito xeral da enerxía eléctrica e a Electrónica, así como de Electrotecnia a un nivel introductorio, tendo en cuenta que é un bloque básico.
    As competencias específicas que o alumno debería acadar a cursar esta materia son as seguintes:
    Coñecer os fundamentos dos circuitos eléctricos e electrónicos.
    Estudar os sistemas de monitorización e control de sistemas.
    Analizar os autómatas programables e introducirse no seus linguaxes de programación.
    Coñecer os aspectos fundamentais da Electrotecnia.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia se desenvolverá en 10 horas de clases maxiatrais utilizando tódolos medios audiovisuais dos que se poda dispoñer e que fagan amena e formativa a materia para o estudante, que se completarán con 20 horas de prácticas durante as cales profundizará nos coñecementos adquiridos nas clases maxistaris. O alumno necesitará en torno a 50 horas de traballo persoal para asentar os coñecementos adquiridos nas clases maxistrais e preparar as prácticas de laboratorio.
    Sistema de evaluación
    Os criterios básicos seguidos para avaliar ao alumno e obter aa nota final, 100 puntos, son:
    asistencia obrigatoria ás clases maxistaris, 20 puntos
    superación dun exame, 30 puntos
    realización de todalas prácticas propostas, 30 puntos
    presentación dunha memoria das prácticas realizadas, 20 puntos
    Para superar a materia o estudante deberá obter un mínimo de 50 puntos dos cales sempre se deberán obter un mínimo do 50 % en cada un dos apartados.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Teoría: 10
    Seminarios:-
    Prácticas: 12
    Titorías: 3
    Traball persoal e outras act: 50
    Traballo total do estudante: 75

    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumno terá a súa disposición medios suficientes para desenvolver seu traballo nos diferentes centros nos que se impartan unidades do máster.