P1053107 - Biocombustibles (Tecnoloxías da Produción) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Física Aplicada, Produción Vexetal, Departamento Externo
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Física Aplicada, Produción Vexetal, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaPresentar ao alumno do xeito máis atractivo posible e facerlle comprender a importancia actual dos combustibles sólidos biomásicos. Expor a importancia económica e social que a implantación deste sistema de produción de combustibles podería ter no ámbito rural galego como alternativa á explotación tradicional do mesmo. Introducir a idea de sustentabilidade no proceso de implantación deste tipo de producións. Convencer e concienciar ao alumno da posibilidade de explotación común dun ben sen entorpecer economías creadas e a implantación dun mercado estable a nivel europeo. Presentar a situación xeral de producción e consumo de biocombustible líquidos empregados no ámbito do transporte, a nivel global.
ContidosTema 1. Biocombustibles líquidos de primeira xeneración. Bioetanol. Biodiésel. O marco xeral do PER 2011-2020. Materias primas. Procesos de produción. Produción e consumo a nivel mundial e europeo. Problemas e melloras tecnolóxicas previsibles.
Tema 2. Biocombustibles lignocelulósicos. Leñas. Tipoloxía. Especies. Obtención. Sistemas de
medición. Fendedoras e procesadoras de leña. Calidade enerxética. Normativa. Situación
empresas en Galicia. Transporte e suministro. Instalacións de combustión.
Tema 3. Astelas. Fontes, composición e características. Máquinaria de pretrituración,
trituración e astelado. Secado natural. Secado forzado. Loxística e comparación con
outros biocombustibles sólidos. Calidade enerxética. Densidade enerxética. Normalización.
Ambito de emprego. Caldeiras de astela.
Tema 4. Densificados. Pélets. Características físicas e químicas. Tipos e calidade de pélets.
Peletizadoras. Proceso de fabricación. Mercado. Normalización. Briquetas: calidade,
mercado, normalización. Instalacións. Casos prácticos.
Tema 5. Outros biocombustibles. Casca. Palla. Viruta. Adaptación de caldeiras industriais.
Costes de biocombustibles. Casos prácticos. Carbón vexetal: características, composición,
fornos de obtención, normalización e mercado.
Tema 6. Caracterización enerxética dun biocombustible.
Tema 7. Revisión rápida do estado actual e perspectivas de futuro dos biocombustibles. Procesos avanzados de gasificación: Producción de biogás rico en hidróxeno, diagrama de fluxo .- Aplicación a máquinas térmicas e pilas de combustible. Biocombustibles basados en " Síntesis Fischer-Troppsch"
Bibliografía básica e complementaria-AENOR, 2011. UNE-EN 14961-1. Biocombustibles sólidos: especificaciones y clases de combustibles. Parte 1: requisitos generales
-Camps, M., Marcos, F., 2008. Los biocombustibles. 2ª Edición. Mundi Prensa. 383 pp.
-Canada Mortgage and Housing Corporation, 2008. A guide for residential wood heating, 82 pp.
-Energiespaverband, 2010. Biomass heating in upper Austria: green energy, green jobs. 40 pp.
-IDAE, 2009. Guía técnica: instalaciones de biomasa térmica en edificios. Ministerio de Industria, turismo y comercio. 88pp
-Ortíz, L., 2008. Producción de biocombustibles sólidos de alta densidad en España. Boletín del CIDEU, 5, 107-123.
-Raitila, J. & Hillebrand, K. Improvement of firewood quality, Quality Wood Project Report WP3.2/2008, Project EIE/06/178/SI2.444403. Jyväskylä, Finland, December 2008, 38 pages.
- Revistas: Biocombustibles, Biomass and Bioenergy, Bioenergy international (edición España)
- I y II Congresos Ibéricos de biocombustibles.
- Tolosana, E.; Ambrosio, Y.; Laína, R. Y Martínez Ferrari, R.; 2009. Guía de la maquinaria para el aprovechamiento y la elaboración de biomasa forestal. Cesefor, Junta de Castilla y León, 92 pp
- GUÍA PRACTICA PARA ESTIMAR LA BIOMASA FORESTAL. AUTOR: S. BROWN. ANO: 1997. EDITA: FAO
- LIBRO BRANCO DA ENERXÍA. AUTOR: J. L. PÉREZ ARRIAGA. ANO: 2005. EDITA: ENERCLUB
- ENERGÍA DE LA BIOMASA: REALIDADES Y PERSPECTIVAS. AUTOR: MANUEL PINEDA; PURIFICACIÓN CABELO EDITORIAL. ANO: 1998. EDITA: UNIVERSIDADE DE CÓRDOBA
- ENVIRONMENTAL AND ENERGY BALANCES OF WOOD PRODUCTS AND SUBSTITUTES. AUTOR: M. SCHARAI-RAD E J. WELLING. EDITA: FOOD AND AGRICULTURE ORGANIZATION OF THE UNITED NATIONS ROME. ANO: 2002
- LONG-TERM TRENDS AND PROSPECTS IN WORLD SUPPLY AND DEMAND FOR WOOD AND IMPLICATIONS FOR SUSTAINABLE FOREST MANAGEMENT. AUTOR: SOLBERG, B. ANO: 1996
EDITA: EUROPEAN FOREST INSTITUTE JOENSUU, FINLANDIA
CompetenciasAs competencias, destrezas e habilidades que deberán adquirir os alumnos serán:
1.- Coñecer as características e propiedades básicas dos combustibles líquidos de maior relevancia no ámbito do transporte, as materias primas e procesos de produción asociados.
2.- Coñecer as características e propiedades básicas dos biocombustibles sólidos de maior importancia no mercado, a normalización dos productos e o ámbito de uso doméstico ou industrial dos mismos.
3.- Dimensionar axeitadamente proxectos que supoñan emprego de biocombustibles sólidos para obtención de enerxía térmica, coxeneración ou otros destinos enerxéticos, determinando consumos e costes anuais de biocombustibles, así como características xerais das instalacións necesarias.
4.- Diseñar un proceso de caracterización enerxética dun biocombustible.
O profesor deberá presentar de forma atractiva e dinámica o temario asumindo a multidisciplinariedad dos alumnos e intentando manter entre eles a la hora de facilitar coñecementos o mellor equilibrio posible. Espertar o interese do alumno pola materia e que descobre o enorme potencial que se lle ofrece a la hora da súa inserción no mercado laboral nun campo en enorme expansión.
Metodoloxía da ensinanza A materia desenvolverase en 15 horas de clases maxistrais utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispor e que fagan amena e formativa a materia para o alumno. O resto das horas o alumno deberá traballar sobre os temas propostos atractivamente polo profesor. Para iso o alumno contará coa axuda do profesor utilizando as tutorías. Dentro destas horas inclúense as horas para a preparación tutorizada e exposición dun tema que o alumno deberá defender oralmente e que previamente será acordado co profesor.
Sistema de evaluaciónOs criterios básicos seguidos para avaliar ao alumno e obter a nota final, 100 puntos, son:
Asistencia obligatoriá las clases maxistrais, 10 puntos.
Examen escrito, 60 puntos.
Participación nas tarefas propostas na materia, 30 puntos.
Para superar a materia o alumno deberá superar o examen e obter un mínimo de 20 puntos no resto das actividades (asistencia e tarefas).
Tempo de estudo e traballo persoalO correspondentes ós créditos ECTS asignados.
Recomendacións para o estudo da materiaSeguimento e participación activa en cada unha das sesións programadas.
Búsqueda e consulta dos derradeiros traballos científicos sobre a temática, tras recibir a orientación e guía básica ó respecto por parte dos profesores.
ObservaciónsO alumno terá a su disposición medios suficientes para desenvolver o seu traballo nos diferentes centros nos que se impartan unidades do master. No traballo persoal inclúense a preparación de exame, exame e tutorización do profesorado.