Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

P1053108 - Fundamentos de biomasa e agroenerxía (Tecnoloxías da Produción) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 3.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Produción Vexetal, Bioloxía Celular e Ecoloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Produción Vexetal, Ecoloxía, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Casal Jimenez, M Mercedes.NON
MERINO GARCIA, AGUSTIN.SI
REYES FERREIRA, OTILIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Introducir o alumno nunha das fontes enerxéticas renobables de máis calado e proxección no ámbito galego. Presentar as diferentes alternativas de obtención de combustibles a partires de diferentes fontes de biomasa. Análese dos proles e contras da implantación da biomasa como fonte de enerxía. Coñecer a actualidade desta alternativa enerxética empregando os modelos en funcionamento en España.
    Expor ao alumno a nova situación consecuencia da explotación dunha nova fonte enerxéticca ate de agora infravalorada e de gran potencial en Galicia. Expora ao alumno a posibilidad de empregar a curto prazo esta fonte enerxética como substituto dos combustibles convencionais en gran parte da xeografía rural galega.


    Contidos
    Teóricos:
    Conceptos e clasificación da biomasa.
    Ciclo do carbono en agroecosistemas
    Xestión da biomasa agrícola e forestal para a xeración de enerxía
    Modelos de xestión da biomasa
    Valoración enerxética da biomasa.
    Corrección de impactos ambientais por aproveitamento da biomasa

    Prácticas:
    Caracterización da biomasa de un matorral



    Bibliografía básica e complementaria
    Biomass for renwable energy, fuels and chemicals
    Autor: DL Klass
    Edita: Elsevier
    Año: 1998

    Climate change and the forest sector. Possible national and subnational legislation.
    Autor: kenneth l. Rosenbaum, dieter schoene and ali mekouar .
    Edita: food and agriculture organization of the united nations rome.
    Año: 2004.

    La energía de la biomasa .
    Autor: Francisco Jarabo Friedrich.
    Edita: sapt publicaciones técnicas.
    Año: 1999 (2 ed.).

    Guía practica para estimar la biomasa forestal .
    Autor: S. Brown.
    Edita: fao.
    Año: 1997.

    Libro blanco de la energía.
    Autor: J. L. Pérez arriaga.
    Edita: Enerclub.
    Año: 2005.


    INEGA
    Autor: Xunta de Galicia
    Consulta: http://www.inega.es/publicacions/
    Año 2012
    Competencias
    Xerais
    En relación as competencias xerais fomentarase tanto a de traballo en grupo como a da expresión oral:
    A adquisición de competencias de traballar en grupo realizarase a través da presentación da materia de xeito tal que se aproveite a multidisciplinaridade dos alumnos existentes neste máster orixinada pola súa diferente procedencia. Fomentarase tamén a adquisición de competencias relativas a expresión oral tendo en conta o potencial que se ofrece ao alumno a hora da súa inserción no mercado laboral nun campo de enorme expansión.
    Especíicas
    De xeito especíico o alumno deberá adquirir os coñecementos que permitan comprender o potencial que a biomasa ofrece na sociedade actual como fonte de enerxía renovable.


    Metodoloxía da ensinanza
    A materia se desenvolverá en clases expositivas e interactivas. As clases expositivas desenvolveranse mediante o emprego de todos os medios audiovisuais dispoñibles e que se adapten a mellorar a calidade das presentacións. A materia se impartirá empregando os recursos da USC virtual. Nas clases prácticas se fomentará a interacción cos alumnos.
    Sistema de evaluación
    Participación activa na clase (20%). Evaluación de exercicios de clase e memorias de prácticas (40%). Examen de cuestións (40%)

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Os correspondentes aos créditos ECTS asignados.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Seguimento e participación activa en cada unha das sesións programadas.
    Búsqueda e consulta dos últimos traballos científicos sobre a temática, tras recibir a orientación e guía básica ao respecto por parte dos profesores.