P1053204 - Biotecnoloxía da biomasa (Tecnoloxías da Produción) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 7.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía Vexetal, Departamento Externo
- Áreas: Fisioloxía Vexetal, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo /CLE_01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo /CLIL_01 | Ordinario | Clase Interactiva Laboratorio | NON | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEstudar a estrutura da biomasa (carbohidratos de reserva, complexo lignocelulósico e ácidos graxos), e a súa modificación cualitativa e cuantitativa mediante técnicas de enxeñaría xenética para conseguir un maior rendemento en na liberación de azucres fermentables e ácidos graxos para a produción de biocombustibles.
ContidosI. Estrutura da biomasa: Organización macroscópica e microscópica (órganos, tecidos e tipos celulares). Arquitectura e estrutura molecular (amidón, celulosa, xilanos, ligninas, e ácidos graxos). Relación entre a estrutura e as súas propiedades.
II. Biosíntese e metabolismo: Precursores, e encimas involucradas. Regulación xénica. Modificacións post-sínteses e ensamblaxe.
III. Estratexias de mellora: Manipulación xenética dos compoñentes da biomasa e da súa arquitectura supramolecular. Enxeñaría xenética da sacarificación e fermentación.
Prácticas de laboratorio: Análise da composición de biomasa ligno-celulósica. Sacarificación de biomasa ligno-celulósica
Bibliografía básica e complementariaHandbook of plant-based biofuels. 2009. A. Pandey (ed.). CRC PressBoca Raton, USA.
Characterization of lignocellulosic materials, 2008. T.Q. Hu (ed.). Blackwell Publ. Oxford, UK.
Plant cell walls. 2011. P. Albersheim, A. Darvill, K. Roberts, R. Sederoff, A. Staehelin (eds.). Garland Sci. New York, USA.
Biomass recalcitrance. Deconstructing the plant cell wall for bioenergy. 2008. M.E. Himmel (ed.). Blackwell Publ. Oxford, UK.
Publicacioness periódicas da especialidade.
CompetenciasA partir do coñecemento da estrutura da biomasa de orixe vexetal coñecer as estratexias para a súa modificación co obxecto de aumentar o rendemento da produción de biocombustibles. Fundamentalmente centrarémonos nas posibilidades que nos ofrece a enxeñaría xenética para obter plantas transxénicas cun rendemento maior na produción de ácidos graxos ou de biomasa lignocelulósica sacarificable que poidan converterse en biodiésel ou bioetanol, respectivamente.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas consistirán na exposición por parte do profesor das bases estruturais, moleculares, metabólicas e funcionais dos distintos compoñentes da biomasa de orixe vexetal. Nas clases interactivas discutiranse as distintas estratexias utilizables para a modificación das características da biomasa. En relación con cada un dos temas tratados nas clases expositivas, nas interactivas discutiranse polo menos unha posible unha aplicación práctica. Nas prácticas de laboratorio realizarase unha análise da composición da biomasa lignocelulósica e a súa sacarificación.
Sistema de evaluaciónA aprendizaxe avaliarase de forma contínua sobre a base da participación e discusión durante o desenvolvemento das clases, así como mediante as probas realizadas mediante a USC virtual (máximo 10 puntos). Tamén se realizará unha proba final escrita que consistirá no comentario dun caso práctico (máximo 20 puntos). Para superar a materia será necesario alcanzar unha puntuación mínima de 15.
Tempo de estudo e traballo persoalClases expositivas: 9 h
Clases interactivas: 5 h
Laboratorio: 7 h
Titorías 3 h
Traballo do alumno: 51 h
Recomendacións para o estudo da materiaCoñecementos básicos de química e bioloxía.