P1053110 - Dinámica eólica e aerodinámica (Tecnoloxías da Produción) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 3.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Física Aplicada, Física da Materia Condensada, Departamento Externo
- Áreas: Física Aplicada, Física da Materia Condensada, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDotar o alumno de coñecementos xerais sobre a dinámica do vento, a análise do potencial eólico e os principios de aproveitamento da enerxía eólica mediante as pas dos aeroxeradores. Estes conceptos son esenciais para que o alumno entenda un proxecto para deseño dun parque eólico
Contidos1. Conceptos de meteoroloxía
1.1. Forzas
1.2. Leis de movemento
1.2.1 Conservación de momento: balance xeostrófico e hidrostático, coordenadas isobáricas
1.2.2 Conservación da masa
1.2.3 Conservación da enerxía: temperatura potencial, estabilidade estática.
1.3. Capa límite planetaria
1.3.1 Enerxía cinética turbulenta, número de Richardson, fluxos turbulentos
1.3.2 Capa límite ben mesturada, coeficiente de arrastre
1.3.3. Lonxitude de mestura, teoría K, perfil logarítmico do vento na capa superficial.
1.3.4. Modificación do fluxo polas montañas. Número de Froude.
1.4. Circulación xeral da atmosfera
2. Rede de observación meteorolóxica.
2.1. Compoñentes dunha estación
2.2. Instalación, mantemento, transmisión da información
2.3. Medida e tratamento dos datos de vento
2.4. Calibración de sensores meteorolóxicos
2.4.1. A necesidade de calibrar. Nocións xerais: Patróns, trazabilidade, corrección, incerteza.
2.4.2. Calibración de sensores (temperatura, humidade relativa, presión absoluta, vento e pluviómetro). Equipos, procedementos.
3. Recurso eólico
3.1. Lei de distribución de Weibull
3.2. Variación do vento coa altura
3.3. Valores extremos do vento. Lei de Gumbel ou Fisher-Tippett
3.4. Estimación do recurso eólico
3.5. Estelas de aeroxeradores
4. Potencial eólico
4.1. Potencia eólica dispoñible
Bibliografía básica e complementariaJ. M. Wallace and P. V. Hobbs, Atmospheric Science: an introductory survey - 2nd edition, Elsevier (2006)
• R. B. Stull, An introduction to Boundary Layer Meteorology, Kluwer Academic Publishers (1988)
• I. Sendiña Nadal y V. Pérez Muñuzuri, Fundamentos de Meteorología, USC Publicacións (2006)
• J. R. Holton, An introduction to Dynamic Meteorology, Elsevier (2004)
• M. Villarrubia, Energía eólica. (CEAC, 2004).
• J.L. Rodríguez Amenedo, J.C. Burgos Díaz y S. Arnalte Gómez, Sistemas eólicos de producción de energía eléctrica. (Editorial Rueda S.L., 2003).
• T. Burton, D. Sharpe y N. Jenkins, Wind energy handbook. (John Wiley and Sons, 2001).
• International Electrotechnical Commission IEC, IEC 61400-1 Wind turbine generator systems - Part I Safety requirements.
CompetenciasElaboración de proxectos eólicos: análise do potencial eólico
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais, resolución de boletíns de problemas en clase, traballos e prácticas de laboratorio sobre calibración de meteoroloxía (USC)
Visitas organizadas
• Laboratorio de calibración de meteoroloxía (USC)
• Estación meteorolóxica do Campus de Santiago (MeteoGalicia)
Sistema de evaluaciónO alumno realizará problemas relacionados cos temas expostos máis enriba e despois haberá un exame baseado en ditos problemas que corresponderá ao 50% da nota. O outro 50% da nota estará baseado nun traballo práctico.
Tempo de estudo e traballo persoalUnha hora de estudo persoal por cada hora de clase lectiva