P1053208 - Enerxías mariñas, hidráulica, xeotérmica e tecnoloxías experimentais (Tecnoloxías da Produción) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Física de Partículas, Enxeñaría Agroforestal, Departamento Externo
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Física Atómica, Molecular e Nuclear, Enxeñaría Hidráulica, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaNesta materia abórdanse os conceptos básicos relacionados con tecnoloxías de produción enerxética renovable que, aínda non alcanzando na actualidade a importancia relativa da enerxía de orixe eólica, fototérmico ou fotovoltaico, si presentan contribucións significativas ao mix enerxético (caso da enerxía hidroeléctrica) ou prometedoras perspectivas de desenvolvemento. Así, trataranse a produción xeotérmica de enerxías, a enerxía hidroeléctrica, undimotriz, mareomotriz, maremotérmica, mecanismos de produción directa de enerxía eléctrica mediante ósmosis, etc., deixando espazo para o tratamento doutras técnicas experimentais que en cada momento sexan relevantes. O obxectivo é coñecer as potencialidades destes recursos enerxéticos, os aproveitamentos actuais e futuros e os impactos ambientais asociados. Todas elas son fontes enerxéticas potenciais moi a ter en conta nun futuro próximo en Galicia e que na actualidade están tremendamente escasas de persoal capacitado para I+D+i.
ContidosEnerxías Mariñas (I): enerxía da ondada. Caracterización do recurso: rexistros de boias, modelos de xeración, modelos de propagación. Tipoloxía de Wave Energy Converters (WECs). Aspectos ambientais.
Enerxías Mariñas (II): enerxía maremotriz. Tipos: corrente de marea (tidal stream) e presa de marea (tidal barrage). Caracterización do recurso: rexistros instrumentais, modelos de hidrodinámica. Tipoloxía de Tidal Energy Converters (TECs). Aspectos ambientais.
Enerxía hidráulica e medioambiente. Beneficios enerxéticos e perspectivas de desenvolvemento en Galicia. Centrais minihidraúlicas.
Enerxía geotérmica: Orixe. Tipos de enerxía geotérmica. Distribución de grandes recursos geotérmicos. Aproveitamentos eléctricos e aspectos ambientais asociados. Aproveitamentos en climatización dos pequenos recursos xeotérmicos. Aspectos ambientais asociados.
Produción de enerxía eléctrica mediante ósmosis. Outras tecnoloxías experimentais.
Bibliografía básica e complementariaDomingo Gómez Orea (1999) Evaluación del impacto ambiental. Mundi Prensa (Madrid).
Human and Ecological Risk Assessment. An International Journal. Taylor & Francis Group.
Craig, J. R.; D. J.Vaughan, B. J. Skinner. 2007. Recursos de la Tierra: Origen, uso e impacto ambiental. Pearson. Prentice Hall.
Mei, C.C., 1993. The Applied Dynamics of Ocean Surface Waves. World Scientific.
Kowalik, Z., Murty, R.S., 1997. Numerical Modeling of Ocean Dynamics. World Scientific.
Dingemans, M.W., 1998. Water Waves Propagation over Uneven Bottoms. World Scientific.
Dean, R.G., Dalrymple, R.A., 2007. Water Wave Mechanics for Engineers and Scientists. World Scientific.
Kinsman, B., 1984. Wind Waves. Dover Phoenix Editions.
Kantha, L.H., Clayson, C.A., 2000. Numerical Models of Oceans and Oceanic Processes. Academic Press.
Svendsen, I.A., 2006. Introduction to Nearshore Hydrodynamics. World Scientific.
Chakrabarti, S.K., 1994. Offshore Structure Modeling. World Scientific.
McCormick, M.E., 2007. Ocean Wave Energy Conversion. Dover.
Charlier, R.H., Finkl, C.W., 2009. Ocean Energy. Tide and Tidal Power. Springer.
Cruz, J. (Ed.), 2008. Ocean Wave Energy. Springer.
CompetenciasO alumno comprenderá o alcance e potencialidade das tecnoloxías de produción que, aínda que minoritarias ata a actualidade, son moi prometedoras, así como de posibles novas tecnoloxías de vangarda que vaian xurdindo no futuro. En particular, os alumnos adquirirán competencias específicas no ámbito de:
- Os recursos xeotérmicos e nas posibilidades do seu aproveitamento actual (en produción de enerxía eléctrica e climatización) e futura, así como as implicacións ambientais que supoñen.
- No campo da enerxía de orixe mariña
- Outras tecnoloxías de produción enerxética.
Será de tratamento específico as condicións actuais da súa explotación viable, así como as súas expectativas de desenvolvemento futuro.
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas, seminarios interactivos, ademais de titorías individuais e en grupos reducidos.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. Os alumnos deberán adicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudo posterior.
En canto ós seminarios interactivos, estos concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento os alumnos resolverán exercicios e problemas, fundamentalmente en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. Do mesmo xeito, tamén se formularán cuestións de difícil comprensión que deberán ser resoltas polo alumnado.
Sistema de evaluaciónRecurrirase a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, a nota final da materia, ademáis do exame final, terá en conta os siguientes aspectos:
- Asistencia e aproveitamento das clases expositivas (probas escritas de control á finalización das diferentes unidades). (Ata un 20% sobre a nota final).
- Asistencia e aproveitamento dos seminarios interactivos. (Ata un 10% sobre a nota final).
- Traballos / exercicios entregados e/ou presentados. (Ata un 10% sobre a nota final).
As porcentaxes anteriores poderán axustarse lixeiramente en función da evolución do curso. Os alumnos serán informados desta posible modificación coa debida antelación.
Os criterios a seguir na oportunidade extraordinaria de recuperación e para alumnos repetidores serán análogos ós expresados anteriormente.
Tempo de estudo e traballo persoal1.5 horas por cada hora de clase presencial
2 horas por cada hora de seminarios interactivos