Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

P1053210 - Arquitectura bioclimática e urbanismo (Sistemas e Procesos de Acumulación e Transporte Enerxético) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Departamento Externo
  • Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao alumno os coñecementos necesarios para comprender o obxecto da arquitectura bioclimática, incluíndo o estudo da eficiencia enerxética na edificación, o que se consegue a través da integración e o aproveitamento dos recursos climáticos do ámbito. A entrada en vigor do novo Código Técnico da Edificación, e máis recentemente a directiva da Unión Europea 2010/31/UE, relativa á eficiencia enerxética dos edificios que obrigará, de aquí ao 2020 que todas as edificacións novas cumpran o requisito de ser de "consumo enerxético case nulo", abre un novo marco legal para a construción. O alumno aprenderá as solucións construtivas, materiais, sistemas de calefacción e refrixeración pasivos. Empezaremos pola arquitectura popular e veremos como o clima condicionou a arquitectura ao longo do tempo, para rematar con exemplos de arquitectura bioclimática actuais. Así mesmo, ensinarase o manexo básico de programas informáticos para a avaliación da eficiencia enerxética dos edificios, incluíndo LIDER e CALENER.
    Un segundo aspecto non menos importante é o chamado "urbanismo ecolóxico", que trata de minimizar o consumo enerxético a partir da disposición de barrios e cidades, atendendo a exemplos clásicos e actuais de actuacións urbanísticas neste sentido. Analízanse en particular os catro eixes do modelo sostible de cidade na era da información e do coñecemento: compactidade, complexidade, eficiencia e estabilidade social, que poñen o acento na produción de cidade e non na mera urbanización do territorio.
    Contidos
    Conceptos básicos. Confort térmico e diagramas bioclimáticos. Microclima, situación e solucións construtivas populares. Elementos de acondicionamento térmico e lumínico activos e pasivos, incluíndo: captación solar pasiva; illamento e masa térmica; ventilación; aproveitamento climático do chan; espazos tapón; protección contra a radiación; sistemas evaporativo de refrixeración.

    Manexo de programas informáticos axeitados.

    Código Técnico da Edificación e normativa europea, coas súas implicacións na construción.
    Urbanismo ecolóxico: principios. Compactidade, complexidade, eficiencia e estabilidade social.
    Práctica de campo: visita a unha vivenda bioclimática.
    Bibliografía básica e complementaria
    • R. Serra. “Clima, Lugar y Arquitectura. Manual de diseño bioclimático”. Ed. Ciemat. Ministerio de Industria y Energía. Madrid 1989.
    • M. Braungart y W. McDonough. “Cradle to Cradle. De la cuna a la cuna”. Ed. Mc. Graw-Hill. Madrid 2005.
    • de Herde y J.A. González. “Arquitectura Bioclimática”. Ed. Colegio de Arquitectos de Galicia. Vigo 1997.
    • G.E. Gonzalo. “Manual de Arquitectura Bioclimática”. Ed. Nobuko/O’Gorman. Buenos Aires 2003.
    • Richarz, C. Schulz y F. Zeitler. “Energy-Efficiency Upgrades. Principles, Details, Examples”. Ed. Institut für internationale Architektur-Dokumentation GmbH & Co. Munich 2006.
    • Varios autores. “Fundamentos Técnicos de la Calificación Energética de Viviendas”. Ed. IDEA y M. de Fomento. Madrid 1999.

    Competencias
    As competencias específicas que se pretenden desenvolver no alumno a partir desta materia son, sen buscar ser exhaustivas:
    - Coñecer a evolución histórica da construción dende un punto de vista bioclimático.
    - Coñecer os conceptos da construción bioclimática tendo en conta criterios de eficiencia enerxética.
    - Coñecer os aspectos fundamentais para o deseño de edificios ecoeficientes.
    - Coñecer casos existentes na actualidade de edificios bioclimáticos.
    - Coñecer solucións urbanísticas que minimicen o consumo enerxético dos seus cidadáns.
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia desenvolverase en 9 horas de clases maxistrais e outras 10 de seminarios de análise de caso, prácticas virtuais para fixar e contrastar a teoría e análise de casos por ordenador, visitas guiadas e titorías. Como contido da parte práctica realizarase unha visita á vivenda bioclimática inaugurada no ano 2011 no Parque Eólico de Sotavento (na fronteira entre os concellos galegos de Monfero e Xermade).
    O traballo persoal supoñerá unhas 50 horas, nas que van incluídas as horas de preparación dos seminarios e a realización dun traballo sobre os contidos da materia.
    Sistema de evaluación
    Os criterios básicos seguidos para avaliar o alumno son:
    - Asistencia obrigatoria ás clases maxistrais e ás visitas programadas (30% da nota).
    - Participación en clase con achegas en forma de debate en torno aos temas presentados polo profesor (20% da nota).
    - Calidade e orixinalidade do traballo individual por proposta do profesor (50% da nota). Poderíase realizar un exame tipo test en vez do devandito traballo dependendo do número de alumnos e a dispoñibilidade horaria.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 3 ECTS, polo que o total de horas de traballo do alumno, incluíndo actividades de avaliación é de 75 horas, estruturadas en:

    - 9 horas de lección maxistral.
    - 12 horas de seminarios e 3 de titorías.
    - 51 horas de traballo persoal do alumno
    Recomendacións para o estudo da materia
    1. O estudo constante, o seguimento e interiorización ao día dos coñecementos introducidos durante as clases teóricas e de seminario, permitiranlle ao alumno un bo rendemento na materia e a optimización do seu tempo, pois poderá sacar maior proveito das clases presenciais.

    2. Consultar a bibliografía recomendada.

    3. Utilizar as titorías individualizadas e os seminarios dos profesores da materia para a realización dos traballos propostos.
    Observacións
    O alumno terá á súa disposición medios abondo para desenvolver o seu traballo nos diferentes centros nos que se impartan unidades do máster.