Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

P1053113 - Economía e enerxía: consumo, recursos dispoñibles, modelo económico e sustentabilidade (Consumo e Xestión Sustentable e Eficiente dos Recursos Enerxéticos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada, Física da Materia Condensada, Departamento Externo
  • Áreas: Economía Aplicada, Física da Materia Condensada, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON.SI
VARELA CABO, LUIS MIGUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Superar a análise da enerxía dende unha perspectiva exclusivamente sectorial que a equipara a unha actividade máis do sector industrial, para observala dende outra que a entende como parte fundamental do funcionamento dunha sociedade. O modo no que as persoas se apropian da enerxía para realizar traballos cos que obter aquilo que se considera necesario ou útil en cada etapa histórica, ilustra e fai máis comprensible o modo de organizarse as sociedades humanas. Dende esta perspectiva, a enerxía é un elemento sen o que resultaría incomprensible a sociedade actual, tanto no modo en que organiza a súa economía, no seu metabolismo socioeconómico, como se distribúe espacialmente e o impacto que xeneral a nivel ambiental, en particular no cambio climático global.
    - Comprensión das grandes modificacións na circulación de fluxos de enerxía nas sociedades humanas ao longo da historia e como e por que estas teñen maior envergadura nos dous últimos séculos, ligado ao desenvolvemento e predominio do modo de produción capitalista, dando lugar ao actual modelo enerxético.
    - Coñecer o papel dos grandes grupos empresariais na configuración do modelo enerxético e a súa influencia nos mercados.
    - Achegamento ao problema do transporte de persoas e mercadorías como eixe organizativo da planificación territorial e produtiva e a súa incidencia na configuración de demanda enerxética e no cambio climático.
    - Comprensión das limitacións do modelo enerxético actual e as potencialidades e limitacións que poden mostrar as enerxías renovables para a súa superación.
    - Coñecemento dos diferentes contextos enerxéticos: mundial, europeo, español e galego e aproximación ás as chaves da política enerxética desenvolvida.

    Contidos
    1. Enerxía e termodinámica
    2. Sistemas e modelos enerxéticos
    3. Estrutura da demanda enerxética mundial
    4. A sustentabilidade do modelo enerxético actual.
    5. Metabolismo económico, complexidade e límites do modelo enerxético actual
    6. Problemas ambientais derivados da obtención e uso de enerxía dispoñible
    7. O papel dos grandes conglomerados empresariais da enerxía
    8. Transporte, planificación territorial e urbanística e modo de produción
    9. Alternativas enerxéticas: Cambios na obtención de enerxía primaria ou cambios na organización da economía?
    10. A enerxía na Unión Europea
    11. A enerxía en España
    12. Balance enerxético e políticas enerxéticas en Galicia.
    13. Enerxía e conflitos sociais

    Bibliografía básica e complementaria
    Aguilera Klink, Federico e Alcántara, Vicent (comp.) (1994): De la economía ambiental a la economía ecológica, Icaria-Fuhem, Barcelona-Madrid.

    http://www.fuhem.es/media/ecosocial/File/Actualidad/2011/LibroEA_EE.pdf

    Bárcena, Iñaki; Lago, Rosa e Villalba, Unai (eds) (2009): Energía y deuda ecológica. Transnacionales, cambio climático y alternativas, Icaria Editorial, Barcelona

    Bermejo, Roberto (2011): Manual para una economía sostenible. Los libros de la Catarata, Madrid.

    Carpintero Redondo, Óscar (2005): El metabolismo de la economía española. Recursos naturales y huella ecológica (1955-2000). Fundación César Manrique. Teguise (Lanzarote).

    http://www.fcmanrique.org/recursos/publicacion/elmetabolismo.pdf

    Georgescu-Roegen, Nicholas (1971): La Ley de la Entropía y el proceso económico, Fundación Argentaria-Visor, Madrid, 1996.

    Klare, Michael T. (2003): Guerras por los recursos. El futuro escenario del conflicto global. Urano Tendencias, Barcelona

    Naredo, José Manuel (2006): Raíces económicas del deterioro ecológico y social. Siglo XXI, Madrid

    Nieto, Joaquín e Riechmann, Jorge (Coords) (2003): Sustentabilidad y Globalización. Flujos monetarios, de energía y de materiales, Editorial Germania, Alzira (Valencia)

    Palazuelos, Enrique (dir) (2008): El petróleo y el gas en la geoestrategia mundial, Ediciones Akal, Madrid

    Roberts, Paul (2004): El fin del petróleo, Ediciones BSA, Barcelona

    Seifert, Thomas e Werner, Klaus (2008): El libro negro del petróleo, Capital Intectual, Buenos Aires

    Competencias
    Nesta materia o/a alumno/a adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias do Dereito, se ben adaptadas á formación técnico-científica dos estudantes. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse de xeito máis específico as seguintes:
    Xenerais
    Utilizar tecnoloxías da información e comunicacións na aprendizaxe.
    Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
    Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
    Comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
    Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
    Específicas
    Recoñecer as leis das diferentes esferas para atingir a sostibilidade.
    Coñecer a lexislación que afecta ás enerxías renovables a nivel local, rexional e global.
    Coñecer os factores sociais que interveñen na implantación de enerxías renovables.
    Compromiso coa protección do medio e o desenvolvemento sostible.
    Asumir con responsabilidade ética o seu papel nun contexto profesional.

    Metodoloxía da ensinanza
    Dada a amplitude de temas a tratar, 9 horas de clase dedicaranse á exposición dos aspectos máis relevantes e ao desenvolvemento teórico relacionado, con apoio gráfico que facilite a comprensión da materia e a faga máis amena, e 12 horas ao traballo interactivo en seminarios co alumnado, de modo que, con apoio de material gráfico e audiovisual e a análise de estatísticas se consiga un maior coñecemento práctico da situación enerxética actual, as súas limitacións, perspectivas de futuro e retos a superar.
    O alumnado dispoñerá no campus virtual do material utilizado nas clases e doutro material de apoio (noticias, normativa, estatísticas, textos...), así como aquel destinado á realización de actividades específicas que deberán realizar e para o seu traballo persoal.
    As tres horas de titorías servirán para o apoio personalizado.
    Sistema de evaluación
    Os criterios básicos polos que se rexerá a avaliación do alumnado son, sobre un total de 100 puntos:
    a) 10 puntos da cualificación final en función do cumprimento con asistencia obrigatoria ás clases.
    b) 10 puntos en relación á participación nas clases e nos debates que se formulen polo profesor sobre diferentes temas.
    c) 30 puntos en relación aos traballos persoais realizados encomendados polo profesor.
    d) 10 puntos en relación á exposición oral e defensa dos devanditos traballos.
    e) 40 puntos en relación ao resultado da proba final escrita onde se avaliará o coñecemento adquirido ao longo dás clases.
    Para superar a materia deberá obterse un mínimo de 50 puntos, e un mínimo do 50% nos apartados c) e e).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 3 ECTS, polo que o total de horas de traballo do estudante, incluíndo actividades de avaliación é de 75 horas, estruturadas en:

    - 9 horas de clase maxistral.
    - 12 horas de seminarios e 3 de titorías.
    - 51 horas de traballo persoal do estudante
    Recomendacións para o estudo da materia
    1. O estudo constante, o seguimento e interiorización ó día dos coñecementos introducidos durante as clases teóricas e de seminario, permitiranlle ó estudante un bo rendemento na materia e a optimización do seu tempo, pois poderá sacar maior proveito das clases presenciais.

    2. Consultar a bibliografía recomendada.

    3. Utilizar as titorías individualizadas e os seminarios dos profesores da materia para a realización dos traballos propuestos.