P1053114 - Xestión de proxectos de enerxías renovables e auditorías exerxéticas (Consumo e Xestión Sustentable e Eficiente dos Recursos Enerxéticos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Departamento Externo
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo principal da materia é familiarizar ao alumno con algúns conceptos fundamentais relacionados coa avaliación técnica, comercial e, sobre todo, económico-financeira dos proxectos de inversión en enerxías limpas. En particular, preténdese que o alumno sexa capaz ao finalizar a materia de levar a cabo o análise e a valoración de calquera proxecto de inversión medioambiental, con un especial fincapé na determinación da rendibilidade do proxecto e o análise do risco financeiro que conleva. Á revisión dos métodos tradicionais de análise selección de proxectos de inversión sumarase o estudio da valoración financeira de opcións reais, xa que os métodos clásicos de valoración de proxectos, que son idóneos cando se trata de avaliar decisións de inversión que non admiten demora (agora ou nunca), infravaloran o proxecto se este posúe unha flexibilidade operativa (pódese facer agora, o máis adiante, ou non facerse) ou oportunidades de crecemento continxentes.
Ademais, introducirase ao alumnado na praxis da estrutura enerxética dunha instalación á hora de deseñar, xestionar e formalizar unha auditoría enerxética viable. Esta viabilidade, desde a aparición do concepto de sostibilidade, non só se basea en criterios económicos, senón sociais e ambientais ao mesmo tempo.
ContidosPARTE I: CONCEPTOS XERAIS SOBRE PROXECTOS DE INVESTIMENTO E O SEU ANÁLISE DE VIABILIDADE
TEMA 1. ESTRUCTURA E DESEÑO DUN PROXECTO
1. ¿Qué é un proxecto? Fases e ciclo de vida do proxecto.
2. Desenvolvemento e execución do Plan do proxecto.
3. Xestión do alcance do proxecto.
4. Xestión de tempos do proxecto.
5. Xestión da calidade, os recursos humáns e as comunicacións.
6. Xestión financeira e do risco.
7. Xestión de proxectos de enerxías limpas.
8. Financiamento de proxectos de enerxías limpas.
TEMA 2. ANÁLISE DE VIABILIDADE DUN PROXECTO DE INVESTIMENTO
1. Viabilidade legal. Viabilidade medioambiental.
2. Viabilidade comercial.
3. Viabilidade técnica.
4. Viabilidade organizativa.
5. Viabilidade económico-financeira.
PARTE II: CONCEPTOS FINANCEIROS BÁSICOS
TEMA 3. O VALOR DO DIÑEIRO NO TEMPO
1. Actualización e desconto.
2. Leis financeiras.
3. Valoración de rentas financeiras.
TEMA 4. ESTRUCTURA ECONÓMICO-FINANCEIRA E BENEFICIO EMPRESARIAL.
1. Estructura económica e estructura financeira. O fondo de maniobra.
2. Ingresos e gastos. A amortización.
3. Balance e conta de resultados.
PARTE III: ANALISE DA VIABILIDADE ECONÓMICA E FINANCEIRA
TEMA 5. MÉTODOS CLÁSICOS DE SELECCIÓN DE INVESTIMENTOS
1. Variables que interveñen na valoración.
2. Fluxos netos de caixa.
3. Criterios de selección de investimentos.
4. Análise do risco.
TEMA 6. VALORACIÓN A TRAVÉS DE OPCIÓNS REAIS.
1. Opcións financeiras e opcións reais.
2. Tipos de opcións financeiras.
3. Tipos de opcións reais.
4. Modelos metodoloxías para a valoración de opcións reais.
5. Aplicacións informáticas.
PARTE IV: ANALISE DE CASOS PRÁCTICOS
PARTE V: AUDITORÍAS ENERXÉTICAS
- Desde o consumo á produción
- Análise de consumos e diagnose de puntos críticos
- Medios materiais para as auditorías enerxéticas
- Cálculos económicos
- Solucións especiais
- Cumplimentación de formularios
Bibliografía básica e complementaria- Gestión de proyectos:
Abadie, L.M.; Chamorro, J.M.(2005): Valuation of Energy Investments as Real Options: The case of an Integrated Gasification Combined Cycle Power Plant, Working Paper, Universidad del País Vasco.
Amram, M.; Kulatilaka, N. (2000): Strategy and Shareholder Value Creation: The Real Options
Amram, M.; Kulatilaka, N. (1999): Real Options: Managing Strategic Investment in an Uncertain World, Harvard Business School Press, Boston, MA.
Benninga, S. (1999): Financial Modeling, The MIT Press, Cambridge,.
Brealey, R.; Myers, S. (2000): “Principles of Corporate Finance”, 6th Edition, Irwin McGraw-Hill, Boston.
Copeland-Antikarov (2001): Real Options: A Practitioner’s Guide, TEXERE, New York, NY, 2001.
Damodaran, A. (2001): Corporate Finance. Theory and Practice, 2ª ed., John Wiley & Sons, Nueva York.
Fleten, S.E.;Näsäkkälä, E. (2004): Gas Fired Power Plants: Investment Timing, Operating Flexibility and Abandonment, Working Paper 04-03 Department of Industrial Economics and Technology Management Norwegian University of Science and Technology.
Frontier, Journal of Applied Corporate Finance, Summer 2000, Volume 15, Number 2, pp. 15-28.
Hernández Hernández, A.; Hernández Villalobos, A. (2001): Formulación y Evaluación de Proyectos de Inversión, Thomson Learning, 2001.
Hunter, G.W.; Mitchell, G.T. (1999): Options for Polluting Firms: Bankable Permits or Abatement, Working Paper, University of California.
Hunter, G.W.; Mitchell, G.T. (1999): OPTIONS FOR POLLUTING FIRMS: BANKABLE PERMITS OR ABATEMENT, Working Paper, September, Department of Economics, University of California, Santa Barbara.
Insley, M.C. (2002): On the option to invest in pollution control under a regime of tradable emissions allowances Working Paper, March, Department of Economics, University of Waterloo, Waterloo.
Insley, M.C. (2002): On the option to invest in pollution control under a regime of tradable emissions allowances, Working Paper, University of Waterloo.
Kumbaroglu, G.; Madlener, R.; Demirel, M. (2004): A Real Options Evaluation Model for the Diffusion Prospects of New Renewable Power Generation Technologies, Working Paper, Centre for Energy Policy and Economics (CEPE), Switzerland.
Laughton, D.G.; Sagi, J.S.; Samis, M.R. (2000): “Modern Asset Pricing and Project Evaluation In the Energy Industry”, Western Centre for Economic Research, Bulletin 56, September.
Mun, Johnathan (2002): “Real Options, Tools and Techniques”, Wiley, New jersey.
Sapag Chain, N. (1993): Criterios de Evaluación de Proyectos, McGraw-Hill.
Sapag Chain, N.; Sapag Chain, R. (1995): Preparación y Evaluación de Proyectos, McGraw-Hill.
Trigeorgis, L. (1998): Real Options: Managerial Flexibility and Strategy in Resource Allocation, The MIT Press, Cambridge, MA.
- Auditorías energéticas:
ASCER y PWC (2003): Valoración de efectos de la aplicación de la Directiva de Comercio de Derechos de Emisión, Industria azulejera y cambio climático, PWC, Diciembre.
Bartolomeo, M. (1995): Environmental Performance Indicators in Industry, Fondazione Eni Enrico Mattei, Milano.
Bartolomeo, M.; Bennett, M.; Bouma, J.J.; Heydkamp, P.; James, P.; Wolters, T. (2000): “Environmental Management in Europe: Current Practice and Further Potential”, The European Accounting Review, Vol. 9, No.1, pp.31-52.
ICF Consulting (2003): "Emission Assets: Changing the Competitive Landscape of the European Power Market", Perspectives, Summer 2003.
ISVA (2002): Energy Efficiency & Investors Returns: The Retail Food Sector, Innovest Strategic Value Advisors, Canada.
ISVA (2002): Energy Management & Investors Returns: The Real State Sector, Innovest Strategic Value Advisors, Canada.
ISVA (2003): Energy Management & Investor Returns: The Retail Merchandising Sector, Innovest Strategic Value Advisors, Canada.
Jeucken, M. (2001): “The financial sector and the Kyoto Protocol”, in Jeucken, M. (Ed.), Sustainable Finance and Banking, 2001.
McKague, K.; Danja van der Veldt; Wheeler, D. (director) (2001): "Growing a Sustainable Energy Companie. Suncor's Venture into Alternative and Renewable Energy", The 4th Annual Schulich School of Business MBA Case Competition in Business and Sustainability, February 16-17,York University, Toronto.
Montero, J.P. (2002): “Permits, Standards, and Technology Innovation”, Journal of Environmental Economics and Management 44, pp. 23-44.
UNEPFI (2002): Financing Sustainable Energy, A listing of lenders and investors, United Nations Environment Programme, Division of Technology, Industry and Economics, Finance Initiatives Unit, Energy Unit and BASE (Basel Agency for Sustainable Energy), Washington, DC.
CompetenciasNa parte de xestión de proxectos:
- Asimilar conceptos e procedementos propios da xestión, análise e valoración de proxectos de inversión en enerxías renovables.
- Coñecer e comprender as fases do desenvolvemento e execución dun proxecto de inversión en enerxías renovables.
- Aplicar os coñecementos financeiros adquiridos ao análise de proxectos de inversión en enerxías limpas.
- Utilizar os coñecementos adquiridos para manter unha actitude crítica e activa na xestión de proxectos de inversión en enerxías limpas.
Na parte de Auditorías Enerxéticas:
- Coñecer o impacto das enerxías renovables sobre a actividade empresarial e sobre a súa situación económico-financeira nunha instalación “real”.
- Asimilar conceptos e procedimentos propios dun xestor enerxético.
- Coñecer e comprender as implicacións financeiras de diversas estratexias de xestión ambiental que impliquen a utilización de enerxías renovables.
- Coñecer as principais características do entorno empresarial.
- Utilizar os coñecementos adquiridos para manter unha actitude crítica e activa na xestión de proxectos de enerxías renovables.
- Aprender a utilizar formularios.
Metodoloxía da ensinanza O programa ten sido deseñado cubrindo un amplio abanico de temas que se consideran fundamentais no ámbito da materia. Nas horas presenciais de docencia tratarase de profundizar nos aspectos máis relevantes e novedosos para o alumno, e farase unha revisión máis superficial de aqueles xa tratados noutras materias pero considerados importantes para comprender o Análise e a Valoración de Proxectos de Inversión en enerxías renovables. No transcurso do curso farase referencia á bibliografía específica a utilizar para ampliar os coñecementos adquiridos en cada tema.
Nas horas de docencia semanal intentaranse seguir as directrices metodolóxicas mencionadas a continuación:
- Compatibilizar o rigor lóxico da Teoría Financeira coa necesaria claridade expositiva que permita unha mellor comprensión dos conceptos tratados, mediante a utilización de exemplos que precisen os conceptos introducidos e os resultados obtidos.
- As demostracións teóricas e a formación matemática dos modelos analizados serán obxecto de atención en numerosas ocasións co fin de introducir aos estudiantes no uso dos mesmos antes de utilizar as ferramentas informáticas.
- Contarase co apoio das ferramentas informáticas oportunas en cada momento.
- Resolver exercicios que permitan ao alumno practicar e comprobar a asimilación dos contidos expostos, xa sea no aula xa no aula de informática.
- Fomentar o traballo en equipo tanto dentro do centro docente como fora de él.
- Fomentar o diálogo no aula e a participación activa en clase.
- Compatibilizar o rigor lóxico da Auditoría enerxética coa necesaria claridade expositiva que permita unha mellor comprensión dos conceptos tratados, mediante a utilización de exemplos que precisen os conceptos introducidos e os resultados obtidos.
- Resolver exercizos prácticos propios dun auditor para familiarizarse co tema.
Sistema de evaluaciónOs criterios seguidos para a avaliación dos estudiantes consisten básicamente nos seguintes:
Na parte de Xestión de Proxectos:
- Observación directa e sistemática do traballo desenvolvido no aula polo alumno.
- Valoración da asistencia a clase.
- Valoración da capacidade de participación en clase do alumno tanto á hora de formular ou responder preguntas como á de plantexar e desenvolver algún tipo de debate relacionado coa materia.
- Realización dunha proba escrita, a realizar nas datas fixadas no calendario oficial do centro, constando esta dunha parte tipo test de arredor de 20-25 preguntas con resposta única.
- Por outra parte, ao final de cada tema serán plantexados unha serie de exercicios e casos prácticos, coa finalidade de fomentar a participación dos alumnos en clase e de acercar os coñecementos adquiridos á realidade, os cales serán considerados na calificación final do alumno con unha participación máxima do 30% na mesma.
- Desenvolvemento do análise e a valoración dun proxecto de inversión en enerxías renovables, nun grupo dun máximo de 4 persoas.
Os alumnos terán dereito a unha revisión da súa calificación nos termos previstos na normativa.
Na parte de Auditorías Enerxéticas:
30 % da cualificación: asistencia e participación en clase.
30 % por traballos acordados cos docentes.
40 % pola presentación e defensa dunha auditoría enerxética.
Poderase esixir unha cualificación mínima en cada parte.
Cualificación final:
Para superar a materia, deberase superar tanto a parte de Xestión de Proxectos como a de Auditorías Enerxéticas. Ponderarase a cualificación de modo que a parte de Xestión de Proxectos supoña 2/3 da cualificación final e a de Auditorías Enerxéticas 1/3.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
Docencia en grupo grande: 9
Docencia en grupo reducido: 15
Titoría en grupo: 4
Outras sesións con profesor (avaliación): 2
Total horas traballo presencial no aula: 30
Horas non presenciais:
Estudio autónomo individual ou en grupo: 20
Redacción de exercicios, conclusións ou outros traballos: 25
Total horas traballo persoal do alumno: 45
Total horas traballo alumno: 75
Recomendacións para o estudo da materiaConsidérase fundamental a asistencia a clase como forma de comprender e asimilar o contido da materia. Con respecto ás horas de adicación non presencial, estímase que o alumno que asistiu a clase deberá invertir ao menos tres horas semanais (unha hora para o repaso do visto en clase e dúas para ampliar e afianzar os coñecementos profundizando na materia mediante a resolución de problemas e a revisión bibliográfica). Con un traballo constante ao longo do curso a preparación do exame final non debería implicar un número excesivo de horas de estudio.
Ademáis, recoméndase aos alumnos que fagan uso das horas de titorías para a resolución de dudas ou aclaración de conceptos. Por outro lado, tendo en conta o papel fundamental que o traballo sobre a folla de cálculo xoga nesta materia, aconséllase que o alumno que non se move con soltura neste terreo procure mellorar o seu manexo tanto co seu esforzo persoal como facendo uso das horas de titorías. Recoméndase que o alumno consulte a amplia bibliografía ofrecida para consolidar e ampliar os coñecementos adquiridos, especialmente naqueles puntos do temario nos que, por razóns de temporalización, non é posible entrar en profundidad no desenvolvemento das clases presenciais.