P1053211 - Réxime xurídico das enerxías renovables (Consumo e Xestión Sustentable e Eficiente dos Recursos Enerxéticos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Público Especial, Departamento Externo
- Áreas: Dereito Administrativo, Dereito Financeiro e Tributario, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO estudio e coñecemento da materia “Réxime xurídico das enerxías renovables”, dada a amplitude da materia e a ausencia de coñecementos xurídicos dos estudiantes, pretende achegar un coñecemento do manexo da normativa existente e dos axentes xurídicos que facilite o futuro traballo profesional dos alumnos. Neste sentido, a materia quere que os estudantes comprendan a existencia dun ordenamento xurídico-ambiental complexo con diferentes fontes de producción normativa (internacional, comunitaria, estatal, autonómica e local) e a súa ordenación competencial ou xerárquica. Tamén a presenza dunha pluralidade de Administracións na protección ambiental. Os estudiantes deberán achegarse ao coñecemento das diversas técnicas de protección ambiental que usan os poderes públicos para protexer o ambiente na normativa sectorial (técnicas preventivas, instrumentos económicos, responsabilidade ambiental, instrumentos voluntarios) aplicadas ao sector das enerxías renovables. En especial trátase de acerca os estudantes o fenômeno da fiscalidade com fines ambientais.
ContidosOs contidos que se desenvolven no curso relacionados son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia no plano de estudios do Master.
O programa da materia está dividido en dous bloques básicos. Un primeiro bloque no que se estudia a parte xeral da materia (fontes normativas, suxeitos, técnicas de protección), e un segundo bloque no que se abordan os aspectos tributarios das enerxías renovables.
PARTE XERAL
Tema 1. A orixe e fontes do Dereito Ambiental. A) Concepto de ambiente e Dereito Ambiental. B) Nacemento do Dereito Ambiental: Causas e caracterización. Os principios do Dereito Ambiental C) Fontes do Dereito Ambiental: A protección internacional. O Dereito comunitario. A protección interna. D) A Constitución e o Estatuto de Autonomía. Distribución de competencias en materia ambiental: Estado, Comunidade Autónoma e Concellos. E) A normativa ambiental, clasificación e efectos: Regulamentos e Directivas comunitarias; Leis e Regulamentos estatais e autonómicos; Ordenanzas municipais. Normas de producto e de proceso. Normas de emisión e de inmisión. O papel da normalización técnica.
Tema 2.Os instrumentos de tutela ambiental.A) Instrumentos preventivos : A planificación ambiental.As autorizacións. A Avaliación de impacto ambiental e a avaliación estratéxica de planos e programas. B). Instrumentos económicos e voluntarios de tutela ambiental: Tributos, ecoauditorías e ecoetiquetas. Acordos voluntarios. C) Instrumentos complementarios: A participación cidadán. O acceso á información ambiental. A formación e educación ambiental. D) Os instrumentos represivos: A disciplina ambiental. A inspección ambiental. O Dereito sancionador. A protección penal do medio ambiente: os delitos ecolóxicos. A responsabilidade civil e administrativa por danos ao medio ambiente. A tutela xudicial do ambiente: lexitimación.
Tema 3. O Réxime de intervención administrativa nas enerxías renovables.
A) Un ordenamento en construcción. B) A distribución competencial C) O réxime especial da enerxía eléctrica: un paréntese nun sector liberalizado. Elementos definitorios. D) A regulación galega para a enerxía eólica E). As medidas de fomento das enerxías renovables. F) A vivenda como sector de implantación das enerxías renovables.
Tema 4. Instrumentos financierios de politicas ambientáis. Fiscalidade ambiental. Tributo ambientais. Impostos. Finalidade disuasoria e finalidade reparadora. Impuestos ambientales do Estado e das Comunidades Autônomas. Impostos ambientais da Comunidade Autônoma de Galícia. Especial referencia ao Canon eólico.
Bloque I. PARTE XERAL
O primeiro bloque de temas pretende dotar ao estudiante das ferramentas necesarias para analisar unha norma ambiental e identificar se desde o punto de vista competencial é aplicable e o tipo de esixencias que fixa para un determinado ámbito de actuación ambiental. Este primeiro bloque de temas ocupa unha parte sustancial das explicacións docentes xa que unha vez coñecidas as distintas fontes de producción normativa e as súas relacións (xerárquicas ou de distribución competencial) e as técnicas de protección ambiental pode procederse ao estudio de calquera ámbito sectorial, como as enerxías renovables.
Con este bloque de temas tamén se pretende que os estudiantes sexan conscientes da evolución que experimentaron as técnicas de proteccion ambiental e como, sen abandoar totalmente as técnicas clásicas de control (autorización-sanción), se van progresivamente consolidando novas técnicas económicas (impostos ambientais) ou voluntarias (EMAS, ecoetiqueta).
Tamén se fará un achegamento á incipiente regulación administrativa do sector das enerxías renovables mostrando que estamos ante un ordenamento aínda en construcción onde priman as medidas de fomento frente ás de control. Estudiarase a distribución competencial e o réxime especial da enerxía eléctrica ao que poden acollerse este tipo de enerxías.
Bibliografía básica e complementariaLozano Cutanda, B., Derecho Ambiental Administrativo, Dickinson,última ediciión.
Manuela Mora Ruíz, LOS CONDICIONANTES AMBIENTALES DE LAS ENERGÍAS RENOVABLES: EL EJEMPLO DE LA ENERGÍA EÓLICA Y SU REGULACIÓN EN EL DERECHO ESPAÑOL, Actualidad Jurídica Ambiental, 30 de septiembre de 2010
CompetenciasNesta materia o/a alumno/a adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias do Dereito, se ben adaptadas á formación técnico-científica dos estudiantes. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, se traballarán de xeito máis específico as seguintes:
Xerais
Utilizar Tecnoloxías da Información e Comunicacións na aprendizaxe
Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
Traballar de forma autónoma e con iniciativa
Comunicar efícazmente as súas ideas e defendelas
Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados
Específicas
Recoñecer as leis das diferentes esferas para atinxir a sostibilidade
Coñecer a lexislación ambiental a nivel local, rexional e global
Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais
Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible
Asumir con responsabilidade ética o seu papel de técnico nun contexto profesional
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais e estudo da aplicación práctica da materia. Uso da aula virtual
Sistema de evaluaciónA aviación farase mediante unha proba escrita que constará de dúas partes analizables separadamente (unha de D. Administrativo e outra de D. Financeiro) sobre os contidos do programa. Constará de preguntas tipo test e preguntas breves. Tamén poderá incluir un comentario de texto. Valorarase a asistencia e participación activa na clase e nos traballos que se podan solicitar ao longo do curso
Tempo de estudo e traballo persoalOs estudiantes deben estudar e completar os contidos adiando cando menos unha hora de estudo por cada hora de clase
Recomendacións para o estudo da materia- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.