G1031454 - Métodos Experimentais Avanzados (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Física Aplicada, Física Aplicada, Física Aplicada
- Áreas: Física Aplicada, Óptica, Electromagnetismo
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaFamiliarizar ó estudante coa análise dos fenómenos físicos e da súa medida mediante a utilización de técnicas experimentais actuais.
Tratarase de fomentar a capacidade dos estudantes de observar, catalogar e modelizar os fenómenos da natureza a partir dos seus coñecementos de física.
Contidos1 Microscopía avanzada
2 Interferometría e aplicacións
3 Sensores de fronte de onda
4 Espectrometría
5 Cámara anecoica apantallada
6 Cámaras de ensaios electromagnéticos
7 Deseño de agrupacións de antenas
8 Bioelectromagnetismo
9 Caracterización de fluídos e fluídos complexos
10 Caracterización de superficies
11 Análise térmica
12 Caracterización de partículas e nanopartículas
Bibliografía básica e complementaria- Geary, J.M.: Introduction to wavefront sensors. Tutorial Text Vol. TT18 SPIE, 1995.
- J. M. Hollas: Modern spectroscopy 4th Ed. John Wiley & Sons, 2004.
- D. Malacara & B.J. Thompson: Handbook of Optical Engineering . Edt. Marcel Dekker, 2001
- M. Pluta: Advanced Light Microscopy. Vol 2. PWN, Elsevier, 1989
- A. Requena Rodríguez, J. Zúñiga Román: Espectroscopía. Pearson Educación S.A., 2004
- A. Cardama, Ll. Jofre, J. M. Rius, J. Romeu, S. Blanch, M. Ferrando, Antenas, Edicions UPC, 1998.
- C. A. Balanis, Antenna Theory: Analysis and Design, Second Edition, John Wiley & Sons, 1997
- W. L. Stutzman, G. A. Thiele, Antenna Theory and Design, Second Edition, John Wiley & Sons, 1998
- J. D. Kraus, R. Marhefka, Antennas for All Applications, Third Edition, McGraw-Hill, 2002
- Tropea, Cameron; Yarin, Alexander L.; Foss, John F. (Eds.) Springer Handbook of Experimental Fluid Mechanincs, Springer, 2007.
- A. W. Adamson, A. P. Gast, Physical Chemistry od Surfaces, Sixth Ed., Wiley Interscience, 1997.
Competencias- Capacidade de avaliación dos parámetros e condicións fundamentais do tipo de medición requirida e da determinación das técnicas máis axeitadas.
- Aplicacións de diversas técnicas ópticas de análise non destructiva.
- Caracterización electromagnética de sistemas radiantes e sistemas biolóxicos.
- Caracterización de fluídos e fluídos complexos.
- Caracterización de superficies.
- Caracterización de partículas e nanopartículas.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases expositivas presentaranse os fundamentos das técnicas a estudiar, os protocolos de calibración e posta a punto dos dispositivos, e os procedementos de obtención da información desexada.
Nas sesión de laboratorio particularizaranse os ítems anteriores para traballar cos dispositivos ou montaxes dispoñibles.
Sistema de evaluaciónO alumno poderá aproba-la materia mediante evaluación continua que consistirá en algunha/s das seguintes actividades:
i) Resolución de pequenos exámenes o longo do curso
ii) Entrega de exercicios e traballos
iii) Asistencia ás clases e participación
iv) Realización de prácticas
Ou mediante a realización dun examen final escrito no caso de que o alumno, ou ben non supere a evaluación continua, ou ben aspire a subir nota.
Nestes casos a calificación será do 50% da nota da evaluación continua e un 50% da nota do exame. Se esta nota ponderada fose inferior á nota do exame final, aplicarase ésta última.
Aqueles alumnos que non realicen as prácticas esixidas non terán dereito a presentarse ó exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalAsistencia a clases teóricas 12 h
Realización de prácticas no laboratorio 24 h
Asistencia a titorías 3 h
Outras sesions co profesor 6 h
Traballo persoal con recursos bibliográficos e informáticos 38 h
Escritura de memorias e outros traballos 20 h
Prparación de presentacións 9.5 h
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendase ter aprobado unha porcentaxe ampla de materias de primeiro e segundo.
Recoméndase un coñecemento básico de inglés para poder consultar parte da bibliografía.