
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Física
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Física
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: null
Data de publicación no BOE: Publicado no BOE de 5 de marzo de 2010. Modificación en BOE do 20/10/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: VARELA CABO, LUIS MIGUEL
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
Plan de estudos publicado en BOE
a) Formar graduados capaces de observar, catalogar e modelizar os fenómenos da natureza a través dos seus coñecementos sobre as distintas ramas da Física, posibilitando o seu acceso ao mercado laboral en postos de nivel de responsabilidade medio-alto ou ben continuar estudos, cun alto grao de autonomía, en disciplinas científicas ou tecnolóxicas.
b) Desenvolver nos estudantes unha clara percepción de situacións aparentemente diferentes pero que mostran evidentes analoxías físicas, o que permite a aplicación de solucións probadas a novos problemas.
c) Potenciar nos estudantes a capacidade de identificar os elementos esenciais dun proceso ou unha situación completa que lle permita construír un modelo simplificado que describa, coa aproximación necesaria, o obxecto de estudo e posibilite realizar predicións sobre a súa evolución futura. Así mesmo, debe ser capaz de comprobar a validez do modelo introducindo as modificacións necesarias cando se observen discrepancias entre as predicións e as observacións.
d) Familiarizar ao alumno co traballo no laboratorio, a instrumentación e os métodos experimentais máis usados.
e) Transmitir a relevancia da Física no panorama da Ciencia actual así como o importante papel que esta xoga no desenvolvemento tecnolóxico da nosa sociedade. Inculcar ao alumno unha visión da Física como parte integrante da Educación e a Cultura que lle permita recoñecer a súa presenza na Natureza a través da Ciencia, a Tecnoloxía e a Arte.
f) Transmitir aos estudantes o respecto polos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos así como os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
a) Que os graduados e graduadas posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Física, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
b) Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Física.
c) Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
d) Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Física tanto a un público especializado como non especializado.
e) Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
a) Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e de establecer un modelo de traballo, así como realizar as aproximacións requiridas co obxecto de reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrará posuír pensamento crítico para construír modelos físicos: Destrezas de modelado e de resolución de problemas.
b) Ser capaz de comparar novos datos experimentais con modelos dispoñibles para revisar a súa validez e suxerir cambios que melloren a concordancia dos modelos cos datos: Destrezas de modelado.
c) Ser capaz de interpretar cálculos de forma independente. Ademais, o graduado debería ser capaz de desenvolver programas de software: Destrezas de resolución de problemas e destrezas informáticas.
d) Ser capaz de manexar claramente as ordes de magnitude e realizar estimacións adecuadas co fin de desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que fisicamente diferentes, mostren algunha analoxía, permitindo o uso de solucións coñecidas a novos problemas: Destrezas para a resolución de problemas.
e) Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación e desenvolvemento técnico de proxectos: Procura de bibliografía e outras destrezas.
f) Ter unha boa comprensión das teorías físicas máis importantes, localizando na súa estrutura lóxica e matemática, o seu soporte experimental e o fenómeno físico que pode ser descrito a través deles: Comprensión teórica de fenómenos físicos.
g) Familiarizarse coas áreas máis importantes da Física, non só a través da súa significancia intrínseca senón tamén pola relevancia esperada no futuro para a física e as súas aplicacións: Coñecemento xeral en Física
h) Terse familiarizado cos modelos experimentais máis importantes, ademais ser capaces de realizar experimentos de forma independente, así como describir, analizar e avaliar críticamente os datos experimentais: Destrezas experimentais e de laboratorio.
i) Comprender e dominar o uso dos métodos matemáticos e numéricos máis comunmente utilizados: Destrezas en matemáticas e na resolución de problemas.
Os estudos de física ofrecen unhas expectativas laborais que van alén do ámbito da docencia e investigación. Así poderiamos destacar: Administración Pública, Calidade e Consultorías, Produción e I+D, Finanzas e Banca, Informática e Telecomunicacións, Enxeñaría e Comunicación, etc. De feito, nos últimos anos, en torno a un 58% dos licenciados das Facultades de Física traballa en sectores distintos á docencia (universitaria e non universitaria) e á investigación universitaria, que, por suposto, seguirá sendo un campo importante de emprego para os físicos no futuro.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Recoñecemento actividades transversais:
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Física (4/02/2011; refunde e revoga resolucións anteriores) [pdf - 1391 kb][Actualizado: 10/2/11]
Número de prazas de novo ingreso: 100
Demanda do ano anterior: 5.064 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, os alumnos poden ser admitidos na titulación de Grao de Física se reúnen os requisitos de acceso que estabelece a lei. Para o ingreso no Grao en Física recoméndase que a formación do alumno sexa de perfil científico-tecnolóxico. Dentro dese perfil, ademais de en física, resulta recomendábel ter formación en matemáticas e/ou bioloxía, química e debuxo técnico.
Ademais, sería desexábel que o futuro estudante do Grao de Física posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Razoamento abstracto
- Gusto pola observación e modelización da natureza
- Capacidade de síntese
- Interese pola resolución de problemas
- Curiosidade científica
- Constancia e responsabilidade no traballo
- Competencia en expresión oral e escrita
- Competencia lingüística en inglés, ademais de en galego e en castelán.
- Capacidade de traballo en equipo
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao. Recoméndase que a formación do alumnado sexa de perfil científico-tecnolóxico.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Os alumnos poderán inscribirse para a realización do Traballo de Fin de Grao unha vez superados o 75% dos créditos obrigatorios. No momento da presentación do traballo o alumno deberá superar todos os demais créditos necesarios para o título de grao, isto é, polo menos 234 ECTS. Para non atrasar a gradación dos estudantes que reúnan os requisitos, a Facultade ofertará traballos de Fin de Grao para a súa realización en ambos os cuadrimestres.
Prácticas en empresas: Segundo o Art. 12.6 do R.D. 1393/2007, os estudantes poderán obter recoñecemento académico dun máximo de 6 créditos optativos por realización de prácticas externas relacionadas co título.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1031101 | Física Xeral I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G1031106 | Física Xeral II | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G1031221 | Electromagnetismo I | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G1031222 | Mecánica Clásica I | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G1031223 | Fundamentos de Termodinámica | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G1031226 | Electromagnetismo II | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G1031227 | Mecánica Clásica II | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G1031228 | Termodinámica e Teoría Cinética | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G1031321 | Óptica I | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G1031322 | Física Cuántica I | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G1031327 | Óptica II | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G1031328 | Física Cuántica II | 6.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1031422 | Física Nuclear e de Partículas | 6.00 | OB | 1SG | 4º | G1031423 | Física do Estado Sólido | 6.00 | OB | 1SG | 4º | G1031424 | Electrónica Física | 4.50 | OB | 2SG | 4º | G1031426 | Astrofísica e Cosmoloxía | 4.50 | OB | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1031323 | Electrodinámica | 4.50 | OB | 1SG | 3º | G1031324 | Mecánica Clásica III | 4.50 | OB | 1SG | 3º | G1031330 | Mecánica Estatística | 4.50 | OB | 2SG | 3º | G1031421 | Física Cuántica III | 4.50 | OB | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1031102 | Métodos Matemáticos I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G1031103 | Métodos Matemáticos II | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G1031108 | Métodos Matemáticos III | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G1031109 | Métodos Matemáticos IV | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G1031224 | Métodos Matemáticos V | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G1031229 | Métodos Matemáticos VI | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G1031329 | Física Computacional | 4.50 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1031110 | Técnicas Experimentais I | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G1031225 | Técnicas Experimentais II | 12.00 | OB | ANG | 2º | G1031325 | Fundamentos de Instrumentación Electrónica | 4.50 | OB | 1SG | 3º | G1031326 | Técnicas Experimentais III | 9.00 | OB | ANG | 3º | G1031425 | Técnicas Experimentais IV | 6.00 | OB | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1031104 | Bioloxía | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G1031105 | Informática para científicos | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G1031107 | Química | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1031341 | Nanomagnetismo e nanotecnoloxía | 4.50 | OP | 2SG | 3º | G1031342 | Física da Enerxía | 4.50 | OP | 2SG | 3º | G1031343 | Sensores | 4.50 | OP | 2SG | 3º | OF/MR | G1031344 | Gravitación | 4.50 | OP | 2SG | 3º | G1031441 | Tecnoloxía do láser | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G1031442 | Teoría Cuántica de Campos | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G1031443 | Simulación en Física de Materiais | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G1031444 | Física da Materia Branda | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G1031445 | Computación de altas prestacións para simulación | 4.50 | OP | 4º | NI/NM | G1031446 | Biofísica | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G1031447 | Dispositivos nanoeléctronicos | 4.50 | OP | 2SG | 4º | OF/MR | G1031448 | Física Nuclear | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G1031449 | Física de Partículas Elementais | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G1031450 | Supercondutores e Superfluídos | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G1031451 | Física Médica | 4.50 | OP | 2SG | 4º | G1031452 | Física dos Sistemas Complexos | 4.50 | OP | 1SG | 4º | G1031454 | Métodos Experimentais Avanzados | 4.50 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G1031427 | Traballo fin de grao | 6.00 | OB | TFGM | 4º |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable