
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula directa no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Física Nuclear e de Partículas e as súas Aplicacións Tecnolóxicas e Médicas
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Física
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación: 13/03/2010
Responsable do título:
Coordinador do título: MERINO GAYOSO, CARLOS MIGUEL
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Entre os obxectivos deste máster están: proporcionar unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, en Física Nuclear e de Partículas, orientada á especialización investigadora; dar acceso á etapa de investigación do programas de doutoramento en Física Nuclear e de Partículas, e facilitar a incorporación a postos de traballo altamente cualificados nos ámbitos académicos e externos, na administración ou en empresas das tecnoloxías da información e comunicación, das finanzas e da física médica.
Competencias xerais
a. Saber aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas novos en contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Física Nuclear e de Partículas e as súas aplicacións.
b. Ser capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
c. Saber comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) no campo da Física Nuclear e de Partículas e aplicacións a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
d. Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando no campo da Física Nuclear e de Partículas dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Específicas
a. Capacidade para o estudo e investigación en temas abertos na fronteira do coñecemento nos campos da Física Nuclear e de Partículas e Astropartículas, tanto teórica como experimental, e as súas aplicacións tecnolóxicas e médicas.
b. Posuír unha visión global do coñecemento actual dos procesos de xeración de materia e enerxía no Universo, da exploración do Universo usando partículas e radiación de alta enerxía, da descrición da estrutura dos hadróns e o confinamento dos quarks, das teorías modernas da unificación das interaccións fundamentais, da idea de supersimetría e as extensións do modelo estándar das partículas elementais, das teorías de campos integrables e solitóns.
c. Capacidade para o uso das principais ferramentas e métodos de computación e programación utilizadas na actualidade nos experimentos de Física Nuclear e de Partículas, e para o manexo das técnicas experimentais que son de uso xeneralizado tanto en física ambiental como en medicina, no ámbito diagnóstico e terapéutico das radiacións ionizantes.
d. Capacidade para desenvolver o traballo de investigación científica no marco ou formando parte de grandes colaboracións internacionais no que se combinan labores tanto teóricos como experimentais e tecnolóxicas.
O Máster proporciona ao estudante unha oportunidade única de entrar en contacto coas tarefas investigadoras que realizan os profesores do departamento de Física de Partículas o que lle vai a dar acceso a unha ampla oferta de campos de investigación.
O estudante poderá orientar a súa formación cara ás aplicacións tecnolóxicas máis importantes da Física Nuclear e de Partículas nos campos da radiomedicina e da industria en xeral.
O Máster proporciona fundamentos adecuados que facilitan o concurso a convocatorias oficiais de radiofísicos hospitalarios (RFIR), o acceso a programas de técnicos en grandes centros de investigación (CERN, GSI, FAIR, DESY...) , a supervisor de instalacións radioactivas, etc.
As competencias que se adquiren no Máster son moi amplas debido ao carácter versátil da formación que dá acceso á etapa de investigación do doutoramento en Física Nuclear e de Partículas do departamento, e ademais facilita a orientación cara a postos de traballo nos ámbitos académico e de empresa, preferentemente nos sectores da tecnoloxía da información e comunicación, da física médica e das finanzas.
Este Máster proporciona ao estudante unha oportunidade única de entrar en contacto coas tarefas investigadoras que realizan os profesores do departamento de Física de Partículas o que lle vai a dar acceso a unha ampla oferta de campos de investigación.
Ademais, o estudante poderá orientar a súa formación cara ás aplicacións tecnolóxicas máis importantes da Física Nuclear e de Partículas nos campos da radiomedicina e da industria en xeral.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 25
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
a. Titulacións da área de ciencias experimentais.
b. Titulacións da área de ciencias da saúde.
c. Titulacións da área de ensinanzas técnicas.
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O traballo fin de Máster e o profesor titor encargado de dirixilo será asignado a cada estudante durante o primeiro semestre do máster de entre a oferta definida para ese curso. O contido dos traballos enmarcaranse no campo da Física Nuclear e de Partículas tanto na súa vertente teórica como experimental e as súas aplicacións á tecnoloxía e á medicina, e fundamentalmente desenvolverán, na súa vertente máis investigadora, moitos dos contidos das materias do máster. Todos os traballos de fin de máster serán avaliados por unha comisión formada por 3 profesores ou profesoras con docencia no máster en base a unha memoria escrita, a súa defensa orale o informe do profesor titor.
Plan de Acción Titorial: Ao inicio do curso, A Comisión Académica asignaralle un titor a cada estudante admitido. Este será un profesor con docencia no Máster, que se encargará de orientar o estudante e supervisalo na súa progresión académica ao longo do máster e nos seus primeiros contactos coa investigación.
Como mínimo realizaranse co titor dúas reunións por semestre, preferentemente ao principio e final de cada semestre
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1101101 | Iniciación a Investigación | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1101102 | Temas Actuais en Física Nuclear e de Partículas | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1101201 | Aplicacións Médicas das Radiacións Ionizantes | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1101202 | Astrofísica Nuclear | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1101203 | Fenomenoloxía Hadrónica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1101204 | Física de Partículas Avanzada | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1101205 | Instrumentación Nuclear | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1101206 | Introdución a Física de Solitóns e As Súas Aplicacións | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1101207 | Radioactividade Ambiental | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1101208 | Supersimetría | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1101209 | Técnicas de Programación, Simulación e Análise de Datos | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1101210 | Aplicacións Científicas e Tecnoloxías das Radiacións Ionizantes | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1101211 | Física de Astropartículas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1101212 | Instrumentación Electrónica | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1101213 | Integrabilidade en Teoría de Campos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1101214 | Materia de Alta Densidade | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1101215 | Teoría de Cordas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1101103 | Traballo Fin de Máster | 24.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable