
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Física
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 18/03/2013
Data da última acreditación: 09/11/2012
Responsable do título:
Coordinador do título: RUSO VEIRAS, JUAN MANUEL
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
1.- Proporcionar unha base sólida e equilibrada de coñecementos que non se adquiriron nos Graos en Ciencias Básicas e algunhas Enxeñarías. Se os estudantes proceden doutros estudos de grao a formación de acceso ao máster permitiralles desenvolver as destrezas e habilidades necesarias para proseguiren a súa formación científica e investigadora.
2.- Desenvolver capacidades para aplicar os coñecementos, tanto teóricos como prácticos, á resolución de problemas en contornas novas ou dentro de contextos pouco coñecidos tanto básicos como multidisciplinares.
3.- Xerar no estudante, mediante a educación en ciencia e tecnoloxía de coloides e interfases, a sensibilidade necesaria para formular xuízos, a partir dunha información incompleta ou limitada, que inclúan reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos.
4.- Desenvolver capacidades que lle permitan comunicar as súas conclusións, coñecementos e razoamentos tanto a audiencias especializadas como non especializadas dunha forma clara e sen ambigüidades.
5.- Desenvolver ferramentas de aprendizaxe, mediante a educación en ciencia e tecnoloxía de coloides e interfases, que permitan aos estudantes continuaren a súa formación dun modo autodirixido ou autónomo.
6.- Xerar no estudante o gusto pola investigación científica.
COMPETENCIAS XERAIS:
Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de problemas coloidais e interfaciales.
Desenvolver habilidades teórico-prácticas para resolver problemas de interese científico e social no contexto da Ciencia de coloides e interfases.
Interpretar e analizar datos complexos na contorna da Ciencia e Tecnoloxía de coloides e interfases
Recoñecer e avaliar a calidade dos resultados teóricos e prácticos utilizando as ferramentas adecuadas.
Utilizar e recoñecer a tecnoloxía dos materiais para poder resolver problemas na contorna dos mesmos.
Coñecer e comprender os fundamentos científicos do mundo dos materiais e as súas interrelacións entre a estrutura, propiedades, procesado e aplicacións.
Correlacionar a composición coa estrutura e propiedades das sustancias.
Aplicar as técnicas de caracterización adecuadas ao sistema obxecto de estudo.
Recoñecer a importancia e utilidade dos compostos químicos na Ciencia e Tecnoloxía de coloides e interfases.
Describir os procesos nos que se basean os diversos usos dos compostos químicos na a Ciencia e Tecnoloxía de coloides e interfases.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Desenvolver habilidades teórico-prácticas en técnicas instrumentais.
Planificar a experimentación de acordo con modelos teóricos ou experimentais establecidos.
Utilizar programas informáticos que permitan expor e resolver problemas onde interveñen sistemas coloidais e/ou interfaciales.
Desenvolver habilidades teórico-prácticas para a caracterización estrutural de sustancias de diferente complexidade.
Desenvolver habilidades teórico-prácticas para relacionar a estrutura coas propiedades de sustancias de diferente complexidade.
Aplicar coñecementos tanto teóricos como prácticos á resolución de problemas coloidais e/ou interfaciales en contornas pouco coñecidas.
Formular xuízos a partir de información en Ciencia de coloides e interfases en desenvolvemento, que inclúa reflexión sobre responsabilidades sociais.
Identificar os distintos procedementos de obtención dos sistemas coloidais establecendo as diferenzas e similitudes entre eles.
Propor os métodos máis adecuados para reciclar e reutilizar os materiais.
Avaliar as propiedades mecánicas (reolóxicas) dos materiais coloidais.
Identificar as diferentes tecnoloxías de procesado con coloides e interfases e discernir a máis adecuada en cada caso
Ser capaces de sintetizar, caracterizar e aplicar sistemas coloidais no ámbito dos sistemas dispersos mesoscópicos
Recoñecer e aplicar as leis físicas e os procesos químicos naqueles aspectos de especial relevancia cando o sistema presenta dimensións mesoscópicas.
Correlacionar a modificación de propiedades macroscópicas co tamaño de partícula.
Aplicar as diferentes técnicas de deseño e autoorganización de partículas de tamaño coloidal.
Aplicar as técnicas de caracterización adecuadas en sistemas mesoscópicos.
Utilizar materiais nanoestructurados no desenvolvemento de propiedades de interese tecnolóxico.
Identificar as funcionalidades dos diferentes materiais coloidais, así como o seu desenvolvemento orientado cara a potenciais aplicacións
Deseñar estruturas de coloides e interfases adecuadas para a súa utilización nun ámbito determinado e coñecer as estratexias para a súa síntese.
Coñecer técnicas avanzadas, tanto experimentais como de análises de resultados, para o emprego de láseres e o seu uso en distintos tipos de espectroscopías.
Coñecer os fundamentos físicos das técnicas espectroscópicas que utilizan láseres e a súa aplicación á análise de coloides e interfases e ao estudo de reaccións con coloides e interfases.
Recoñecer e aplicar os principios en que se basean os dispositivos de medida de tamaño de partícula e coeficientes de difusión máis relevantes.
Desenvolver métodos de análises da tensión superficial de interese en mostras biolóxicas.
Explicar, seleccionar e aplicar as técnicas e métodos de análises máis adecuadas para a caracterización de biocoloides.
Coñecer os principios nos que se basean os sensores/biosensores de natureza coloidal.
Deseñar e aplicar (bio)sensores ou sistemas miniaturizados ámbitos como o clínico, ambiental, alimentario e industrial.
Dispor do conxunto de destrezas teórico-experimentais para analizar as novas posibilidades dos materiais nanoestructurados en relación coas diversas interfases destes sistemas.
Deseñar dispositivos analíticos baseados na utilización de nanopartículas e películas nanoestructuradas.
Ser capaces de analizar e resolver os principais problemas de estabilidade dos sistemas coloidais nas súas diversas variantes. .Ser competente na análise e valoración das diversas interfases nos sistemas dispersos. Ser operativos na análise do papel xogado polas interfases nos sistemas coloidais. Dispor do conxunto de destrezas teórico-experimentais para analizar as novas posibilidades dos materiais nanoestructurados en relación coas diversas interfases destes sistemas.
Coñecer as bases da Mecánica Estatística Clásica aplicada a sistemas coloidais e as principais técnicas de Simulación Molecular de utilidade no estudo destes sistemas
Hoxe en día, a área de Coloides e Interfaces desempeña un papel clave en sectores tan variados como a alimentación, farmacia, cosmética, pinturas, petróleo, novos materiais, nanotecnoloxía, etc. Todos estes sectores atópanse entre os máis activos en canto a desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica, e polo tanto, entre os que presentan unha maior capacidade de absorción de licenciados e doutores cara ao futuro próximo.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 5
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións das áreas seguintes:
1.- CC. Experimentais
2.- CC da Saúde.
3.- Ensinanzas Técnicas.
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Realízase en cada Universidade baixo a dirección dun titor. O traballo realizaríase no segundo semestre e defenderase no mes setembro. A docencia non presencial realizarase mediante unha plataforma educativa que non requirirá unha aprendizaxe presencial pero onde cada estudante terá un profesor titor que guiará o seu traballo. A parte presencial do módulo fundamental terá lugar na Universidade coordinadora, é dicir, a Universidade de Granada, onde docentes e discentes realizarán un período intensivo de aprendizaxe teórica-experimental. Tanto uns como outros se desprazarán á Universidade coordinadora durante un total de sete semanas dividido en dous períodos de 3 e 4 semanas (febreiro e xuño) de forma que entre ambos períodos os estudantes teñan oportunidade e tempo de maduraren os conceptos e realizar a súa propia aprendizaxe.
Este proceso finalizará coa defensa do traballo fin de máster que cada estudante desenvolverá na súa Universidade de orixe.
Plan de Acción Titorial: As Universidades implicadas dispoñen dun sistema de "Asesoría Académica" para os alumnos de cada unha das titulacións que se imparten nela e ademais desenvolveu nos distintos programas de doutoramento un sistema de titorías de forma que cada estudante dispoña dun titor.
O Asesor Académico é un profesor que orienta o alumno para que aproveite do mellor modo posíbel todos os recursos que o Centro lle oferece, e para que desenvolva todas as súas potencialidades en grao máximo. Para lograr estes obxectivos, o asesor/titor pode manter contacto cos alumnos por medio do Campus Virtual ou mediante entrevistas persoais. Cando un alumno se matricula por primeira vez nun máster asígnaselle un profesor da titulación que será o seu asesor ao longo do seu curso. Unha vez que o alumno estea dado de alta no Campus Virtual, poderá poñerse en contacto co seu asesor a través del.
Prácticas en empresas: As prácticas externas terán lugar nalgún centro de I+D+I cos que se estableceron previamente convenios de colaboración.
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1161101 | Bases Matemáticas, Físicas, Químicas e Bioquímicas da Ciencia | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1161102 | Termodinámica de Sistemas Coloidais | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1161103 | Forzas coloidais e Mecánica Estatística de Sistemas Coloidais | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1161104 | Fenomenoloxía óptica, Eléctrica e Reolóxica | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1161105 | Sistemas supramoleculares | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1161106 | Sistemas Coloidais | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1161107 | Nanopartículas | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1161201 | Estrutura, Dinámica e Funcionalidade de Coloides e Interfases | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1161202 | Problemas de Escalado entre o Laboratorio e a Fabricación Industrial de Coloides e Interfases | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1161108 | Prácticum | 6.00 | OB | PEGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1161109 | Traballo Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable