
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética (3ªEd)
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Física
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 13/2007 do 1 de febreiro (DOG do 8/02/2007)
Data de publicación no BOE: -
Data da última acreditación: 15/04/2011
Responsable do título:
Coordinador do título: VARELA CABO, LUIS MIGUEL
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
O obxectivo formativo do Título é cubrir as necesidades de profesionais no sector das enerxías renovables, que a sociedade demanda tanto na súa faceta empresarial como na de I+D+i. Entre os obxectivos do máster están os seguintes.
1. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
2. Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
3. Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
4. Proporcionar coñecementos da realidade social, económica e ambiental na que se desenvolverán as políticas enerxéticas futuras da UE, e o marco lexislativo no que se van aplicar e xestionar as enerxías limpas no marco da sustentabilidade.
5. Preparar ao alumnado para entender, xestionar, deseñar e desenvolver unha investigación aplicada aos diferentes procesos de xeración de enerxías limpas.
6. Capacitar ao alumnado para deseñar instalacións de xeración de enerxías renovables sobre a base da sustentabilidade enerxética e o respecto ao medio.
7. Xerar as condicións máis idóneas para facilitar ao alumnado o acceso ao terceiro ciclo universitario ou a súa integración no mercado como un profesional altamente cualificado.
COMPETENCIAS XERAIS:
As competencias xerais deste máster están enfocadas principalmente á capacitación integral do alumnado dentro do campo das enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética . Para isto, o alumno a través das clases maxistrais, prácticas, seminarios e talleres estará capacitado para o exercicio dun labor crítico construtivo e autodidacta. Á súa vez esta formación asegúralle poder establecer e deseñar procesos de investigación que redunden tanto individual como colectivamente. Isto unido ao labor de traballo en grupo que desenvolverá ao longo dos seminarios, permitiralle unha capacidade emprendedora e unha alta iniciativa a todos os niveis: académico, profesional e investigador.
Así mesmo, a oferta docente do máster motiva ao alumno a desenvolver traballos coas premisas máis esixentes en calidade, asumindo como propio o rigor profesional, científico e as bases da sostibilidade a todos os niveis.
Como competencias xerais dos egresados podemos citar:
1. Dominio da metodoloxía de traballo necesaria para a dedicación profesional ao campo das enerxías renovables así como á I+D+i neste sector.
2. Competencia para incorporarse a un grupo de investigación ou a empresas que efectúen desenvolvementos nos ámbitos mencionados.
3. Competencias de xestión enerxética, consistentes en planificar, deseñar e proxectar solucións enerxéticas no campo das enerxías renovables, ben sexan modelos de xestión ou instalacións.
4. Executar instalacións planificadas con anterioridade.
5. Explotar, manter e xestionar obras e instalacións de tecnoloxías renovables.
6. Realizar estudos de sostibilidade enerxética.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Competencias cognitivas
1. Ter un coñecemento global das solucións enerxéticas renovables e dos conceptos de sostibilidade enerxética.
2. Coñecer as bases científicas aplicables no campo das enerxías renovables.
3. Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo das enerxías renovables.
4. Coñecer a lexislación ambiental a nivel local, rexional e global.
5. Coñecer e deseñar as operacións unitarias aplicables no campo da arquitectura ambiental e do urbanismo sostible.
6. Coñecer os procedementos de avaliación e dimensionado de sistemas enerxéticos así como os seus tempos de retorno.
7. Coñecer os factores sociais, xurídicos e económicos que interveñen na implantación das enerxías renovables.
Os alumnos egresados poderán realizar a súa actividade en:
1. Empresas de enxeñaría, empresas de construción e instalacións renovables
2. Organismos públicos con competencias en medio ambiente
3. Departamentos de prevención de riscos e medio ambiente
4. Centros de I+D+i na área de enerxías renovables, formación e docencia desempeñando postos de directivos e técnicos da industria, enxeñaría, administración e servizos, docentes universitarios, exercicio libre da profesión e investigador.
Este título pretende cubrir todo o ciclo de metabolización enerxética da sociedade humana, desde a súa produción até o consumo final na organización social, así como os aspectos científico-técnicos básicos para a comprensión destes procesos.
Merece mención especial o feito de que en todas as fases do desenvolvemento do plan de estudos están presentes empresas e outros axentes do seitor.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 17
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
con límite de prazas e criterios xerais
Titulados da área de CC. Experimentais: Bioloxía, Biotecnoloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Física, Xeoloxía, Matemáticas, Química e Bioquímica
Titulados da área de Ensinanzas Técnicas: Enxeñeiros e Arquitectos Técnicos e Superiores.
Titulados da área de Ciencias Xurídico-Sociais: Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Políticas e da Administración, Dereito e Economía.
Limítase a un máximo de 5 prazas dentro da oferta ordinaria os/as titulados/as de Enxeñarías Técnicas
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Traballo fin de máster consta de 30 ECTS e o alumno deberá realizalo de acordo coa orientación elixida, sempre no marco das enerxías renovábeis.
Plan de Acción Titorial: A Comisión Académica do máster asegurarase de que todos os estudantes teñan a posibilidade de recibiren titorización persoal e orientación sempre que o necesiten. A figura do titor/orientador será básica na axuda á elección do perfil de estudos e o seu seguimiento académico até a finalización do período formativo que deberá concluír coa defensa do Traballo de Fin de Máster.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1053101 | Fundamentos de enerxética | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1053102 | Fundamentos de instrumentación e electrotecnia | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1053103 | Técnicas de simulación numérica | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1053201 | Taller de simulación numérica | 4.50 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1053104 | Células solares | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1053105 | Radiación solar | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1053106 | Tecnoloxía solar fotovoltaica e térmica | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1053107 | Biocombustibles | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1053108 | Fundamentos de biomasa e agroenerxía | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1053109 | Aeroxeradores | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1053110 | Dinámica eólica e aerodinámica | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1053111 | Parques eólicos | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1053202 | Instalacións fotovoltaicas e térmicas | 4.50 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1053203 | Xestión enerxética sostible de sistemas agroforestais | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1053204 | Biotecnoloxía da biomasa | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1053205 | Enerxía eólica avanzada | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1053206 | Materiais para a enerxía | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1053207 | Tecnoloxías da produción | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1053208 | Enerxías mariñas, hidráulica, xeotérmica e tecnoloxías experimentais | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1053112 | Rede eléctrica | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1053209 | Acumulación de enerxía e pilas de combustible | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1053210 | Arquitectura bioclimática e urbanismo | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1053113 | Economía e enerxía: consumo, recursos dispoñibles, modelo económico e sustentabilidade | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1053114 | Xestión de proxectos de enerxías renovables e auditorías exerxéticas | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1053211 | Réxime xurídico das enerxías renovables | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1053115 | Traballo Fin de Máster | 30.00 | OB | TFGM | 2 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable