
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser
Rama de coñecemento: Ciencias (principal). Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Facultade de Física
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 13/2007 do 1 de febreiro (DOG 8/02/2007)
Data de publicación no BOE: 26/03/2012
Data da última acreditación: 15/04/2011
Responsable do título:
Coordinador do título: FLORES ARIAS, MARIA TERESA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Os obxectivos do presente máster son:
1. Proporcionar as ferramentas conceptuais necesarias para comprender as tecnoloxías relacionadas co láser, cun seguimento persoalizado dos alumnos e alumnas, que posibilite a uniformización de coñecementos dos estudantes provenientes de diferentes titulacións.
2. Dar unha panorámica o máis completa posible dos ámbitos de aplicación das tecnoloxías laser, facendo especial fincapé na análise crítica dos problemas técnicos existentes nos sectores industriais implicados.
3. Dar unha formación práctica no traballo con sistemas láser, coa posibilidade de realizar prácticas en empresas do sector así como en grandes instalacións de laboratorios públicos ou privados.
Para conquerir os devanditos obxectivos, os contidos fundamentais do máster englobanse en materias de dous tipos:
a) Materias xerais e de uniformización de coñecementos: Fundamentos físicos dos láseres, Optica cuántica, Optica coherente, Laboratorio de fundamentos físicos dos láseres.
b) Materias de especialización en diversos campos de aplicación: Aplicacións biomédicas dos láseres, Aplicacións industriais dos láseres, Aplicacións metrolóxicas dos láseres, Aplicacións industriais e medioambientais dos láseres, Sensores ópticos e aplicacións, Comunicacións ópticas, Laboratorio de fotónica, Laboratorio de láseres intensos.
COMPETENCIAS XERAIS:
1. En calquer campo que precise un coñecemento xeral dos láseres, os seus fundamentos e aplicacións. Por exemplo empresas do sector do automovil, procesado de materiais, nanotecnoloxías, telecomunicacións, enerxético, medioambiental ou sanitario.
2. Liderando equipos de I+D no sector das novas tecnoloxías.
3. En empresas de consultoría tecnolóxica.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1. No deseño e planificación de sistemas de corte e soldadura de precisión con láser no ambito das empresas de automoción.
2. Consulting para o emprego de tecnoloxías láser no ámbito sanitario.
3. Asesoramento en cuestións de seguridade no traballo con láseres.
4. Deseño e implementación de novos sistemas de telecomunicacions por fibra óptica.
5. Tarefas relacionadas coa metroloxía de precisión e a calibración de aparellos empregando láser.
En calquera campo que precise un coñecemento xeral dos láseres, os seus fundamentos e aplicacións. Por exemplo empresas do sector do automóbil, procesado de materiais, nanotecnoloxías, telecomunicacións, enerxético, medioambiental ou sanitario.
Liderando equipos de I + D no sector das novas tecnoloxías
En empresas de consultaría tecnolóxica no ámbito sanitario e da Seguridade no traballo con láseres.
- No deseño e planificación de sistemas de corte e soldadura de precisión de sistemas de corte e soldadura de precisión con láser no ámbito das empresas de automoción.
Deseño e implementación de novos sistemas de telecomunicacións por febra óptica.
Tarefas relacionadas coa metroloxía de precisión e a calibración de aparellos empregando láser.
O presente posgrao pretende responder a unha demanda do sistema de I+D+I tanto nacional como internacional, como é a de profesionais formados no eido das tecnoloxías do laser. A relevancia das súas aplicacións tanto na industria como en variadas partes do tecido empresarial é notable xa que os laseres utilizanse en sectores tan variados como as telecomunicacións, as aplicacións biomédicas ou mediambientais, nanotecnoloxía, novos sistemas de producción industrial... Todos eles centrados en torno as novas tecnoloxías e o I+D+I.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 30
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Modalidade: con límite de prazas e criterios xerais
Titulacións da área de de Ciencias Experimentais e da área de Ensinanzas Técnicas.
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O traballo Fin de Máster desenvolverase ao longo do segundo cuadrimestre, e a súa defensa ante un tribunal farase unha vez finalizada a docencia e o período de exames do segundo cuadrimestre.
- Os TFM deben ter un director/a que asistirá na dirección ao estudante. A comisión académica poderá nomear un codirector/a con funcións específicas.
- Para a defensa pública do TFM será requisito superar o resto de materias do máster.
- A Comisión Académica do máster determinará a composición dos tribunais, que deberán estar compostos por, polo menos, tres profesores que impartan docencia no máster, sen que poida formar parte o director/a de o traballo.
- Unha vez celebrada a última convocatoria para a presentación do TFM, e tendo en conta os traballos presentados, poderase outorgar matrícula de honra a aqueles traballos con cualificación superior a nove, sempre que o número de matrículas de honra non exceda o 5% do alumnado. Se o número de alumnos/as é inferior a 20, poderase outorgar unha única MH.
- Os alumnos/as terán unha única convocatoria por curso académico. A comisión establecerá as datas da presentación de traballos dentro do curso académico, ao final de cada período de docencia: febreiro, xullo e setembro.
- As actas deberán estar asinadas polo coordinador/a da universidade en que o alumno/a estea matriculado.
Plan de Acción Titorial: Para realizar as prácticas externas optativas, o alumno/a terá dous titores, un académico (do máster) e outro profesional (da entidade colaboradora). Ambos os dous titores supervisarán os alumnos/as durante as súas prácticas, asistiranos naquilo que necesiten e avaliarán o seu período de prácticas.
A Comisión Académica, nos casos en que existen estudantes acollidos a mobilidade baixo convenios externos ás universidades participantes, nomea a un titor/a de estudos que realizá o seguimento dos alumnos/as e o cumprimento das condicións das bolsas de mobilidade.
Prácticas en empresas: O plan de estudos contempla a posibilidade de realizar 12 créditos optativos de Prácticas en Empresa.
Consistirán na estancia nunha empresa ou institución realizando funcións propias de máster en fotónica e tecnoloxías do láser, que serán titorizadas por un profesor/a de a titulación e un titor/a da empresa.
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1041201 | Aplicacións Biomédicas dos Láseres: Fundamentos Físicos | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1041202 | Óptica Coherente | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1041203 | Física dos Láseres | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1041204 | Aplicacións Industriais dos Láseres | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1041205 | Sensores Láser:Fundamentos e Aplicacións | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1041206 | Óptica Cuántica | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1041207 | Métodos Computacionais | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1041208 | Aplicacións Metrolóxicas dos Láseres | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1041209 | Comunicacións Ópticas | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1041210 | Aplicacións Medioambientais dos Láseres | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1041211 | Laboratorio de Fotónica | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1041212 | Laboratorio de Fundamentos do Láser | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1041213 | Traballos Tutelados I | 6.00 | OP | 1 | XT/NM | P1041214 | Traballos Tutelados II | 6.00 | OP | 1 | XT/NM | P1041215 | Prácticas en Empresa | 12.00 | OP | PEGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1041101 | Traballo Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable