Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101101 - Historia Antiga (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia I
  • Áreas: Historia Antiga
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DOPICO CAINZOS, MARIA DOLORES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo da Historia Antiga é conseguir que o alumno adquira uns coñecementos básicos sobre as sociedades grega e romana como fenómeno histórico e complexo ao longo da época antiga. Supón isto un dominio dos feitos principais da súa evolución, a súa situación temporal e espacial, as diferenzas entre cada unha das civilizacións, así como os aspectos estruturais fundamentais (políticos e institucionais, sociais, económicos, ideolóxicos). Igualmente é imprescindible a adquisición do vocabulario e conceptos básicos, non só de termos históricos xenéricos, senón tamén daqueles específicos desta materia cuxo manexo é indispensable.
    Para todo iso é imprescindible un axeitado coñecemento e manexo das fontes principais, que nos proporcionan a base dos nosos coñecementos, especialmente as epigráficas e literarias, sen esquecer as arqueolóxicas, numismáticas e papirológicas, así como os problemas que presentan. Isto supoñerá que o alumno debe dominar os métodos e técnicas de análise dos testemuños históricos do mundo antigo, sobre os que estarán baseados gran parte das clases teóricas, e por suposto todas as prácticas, incluídos os traballos que deberán realizar.
    Por último, deberá ser capaz de completar esas informacións coa investigación actual, de modo que poida analizar, sintetizar, e criticar os datos obtidos e contrastalos cos estudos actuais para obter as axeitadas conclusións.

    Contidos
    I. GRECIA

    A polis grega

    II. ROMA ANTIGA.

    TEMA 1. O sistema político romano.

    TEMA 2. Sociedade e economía.

    TEMA 3. O Imperio Romano.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica y complementaria
    BIBLIOGRAFÍA OBLIGATORIA:

    Historia de Grecia:
    AMOURETTI, M.C., RUZÉ, F., El Mundo griego antiguo: de los palacios cretenses a la conquista romana. Madrid, Akal 2000.

    Historia de Roma:
    ROLDÁN HERVÁS, J.M., Historia de Roma. Historia Salamanca de la Antigüedad. Ed. Universidad de Salamanca, 2005.

    HISTORIA DE ORIENTE.

    GRIMAL, N., Historia del Antiguo Egipto, Madrid 2004.
    KEMP, B.J., El antiguo Egipto. Anatomía de una civilización, Barcelona 2004.
    LIVERANI, M., El Antiguo Oriente. Historia, sociedad, economía, Barcelona 2001.
    MARGUERON, J.C., Los Mesopotámicos, Madrid 1996
    ROUX, G., Mesopotamia. Historia política, económica y cultural, Madrid 1990.



    ORÍGENES DE GRECIA. LA PRIMERA CIVILIZACIÓN GRIEGA. LOS SIGLOS OSCUROS.

    CHADWICK, J., El mundo micénico, Madrid 1998.
    FINLEY, M.I., El mundo de Odiseo. México 1978.
    GARCIA IGLESIAS, L.: Los orígenes del pueblo griego, Madrid, 1997.
    LEVEQUE, P., La naissance de la Grèce: des rois aux cités, París 1990.
    MARAZZI, M., La sociedad micénica, Madrid 1982.
    POURSAT, J.CL., La Grèce preclassique: des origines a la fin du Vie siècle, París 1995.
    SNODGRASS, A.M., Archaic Greece. The Age of Experiment. Cambridge 1981.

    LA ROMA ARCAICA. LA FORMACIÓN DE LA REPÚBLICA ROMANA.

    CORNELL, T. J., Los orígenes de Roma, 1000-264 a.C., Barcelona 1999.
    HEURGON, J., Roma y el Mediterráneo occidental hasta las guerras púnicas, Barcelona 1982.
    TORELLI, M., Historia de los etruscos., Barcelona 1996.

    LA REPÚBLICA ROMANA.

    ALFOLDY, G., Historia social de Roma, Madrid 1996
    BEARD, M., CRAWFORD, M., Rome in the late Republic: problems and interpretations, Londres 2005.
    BRADLEY, . R., Slavery and Rebellion in the Roman World, Londres 1989.
    DAVID, J. M., The Roman conquest of Italy, Oxford 1997.
    GRIFFIN, M. A companion to Julius Caesar, Chichester 2009.
    HARRIS, W. V., Guerra e imperialismo en la Roma republicana 327-70 B.C., Madrid 1989.
    KEAVENEY, A., Sulla: The last Republican, Londres 1982.
    - Rome and the Unification of Italy, Londres 1987.
    LINTOTT, A. The Constitution of the Roman Republic, Oxford 1999.
    NICOLET, C., La métier de citoyen dans la Rome républicaine, París 1976.
    -Les Gracques, París 1967.
    - Roma y la conquista del mundo mediterráneo (2 vol.) Barcelona, 1984
    ROLDAN HERVAS, J.M., La República Romana, Madrid 1985.
    ROSENSTEIAN, N., MORSTEIN-MARX, R., A companion to the Roman Republic, Oxford 2006.
    SCHEID, J., La religión en Roma, Madrid 1991.
    STOCKTON, D., The Gracchi, Oxford 1979.


    EL ALTO IMPERIO.

    GARNSEY, P., ET SALLER, P., El Imperio romano. Economía, sociedad, cultura, Barcelona, 1990.
    JACQUES, F., Les Structures de l'Empire romain Paris 1990.
    LINTOTT, A. W., Imperium Romanum. Politics and administration, Londres 1993.
    POTTER, D.S.., A companion to the Roman Empire, Massachusetts 2006.
    YAVETZ, Z., Plebs and Princeps, Oxford 1969.
    LE GLAY, M., Grandeza y caída del imperio romano Madrid 2002


    LA ANTIGÜEDAD TARDÍA.

    BROWN, P., El mundo de la Antigüedad Tardía. De Marco Aurelio a Mahoma, Londres 1978.
    - Genès - Genèse de l’Antiquité Tardive, Cambridge Londres 1978.
    CAMERON, Av., El Bajo Imperio Romano (284-430 dC), Madrid 2001.
    - El mundo Mediterráneo en la Antigüedad Tardía, Barcelona 1998.
    CHASTAGNOL, A., La fin du monde antique. De Stilicon à Justinien (Ve siècle et debut VIe), París 1975.
    - L’Évolution politique, sociale et économique du monde romain (284-363), París 1994.
    - Aspects de l'antiquité tardive, Roma 1994
    FERNÁNDEZ UBIÑA, J., La crisis del siglo III y el fin del mundo antiguo, Madrid 1982.
    - El Imperio Romano bajo la anarquía militar, Madrid 1990.
    REMONDON, R., La crisis del Imperio Romano, de Marco Aurelio a Anastasio, Barcelona 1984.
    ROUSSEAU, Ph., A companion to late Antiquit, Chichester 2009

    HISTORIAS DE LA LITERATURA. FUENTES.
    ALBERTE, A., CODOÑER, C., Historia de la literatura latina, Madrid 2007.
    ANDRÉ, J.M., HUS, A., La Historia em Roma, Madrid 2005.
    BICKEL, E., Historia de la literatura romana, Madrid 2009.
    BOWRA, C.M., Introducción a la literatura griega, Madrid 2008.
    CRAWFORD, M.H., Fuentes para el estudio de la Historia Antigua, Madrid 1986.
    LESKY, A., Historia de la literatura griega, Madrid 2009.
    LÓPEZ FÉREZ, J. A. (ED.), Historia de la literatura griega, Madrid 2008.
    VON ALBRECHT, M., Historia de la literatura romana, Barcelona 1999.

    Competencias
    O obxectivo da Historia Antiga é conseguir que o alumno adquira uns coñecementos básicos sobre as sociedades grega e romana como fenómeno histórico e complexo ao longo da época antiga. Supón isto un dominio dos feitos principais da súa evolución, a súa situación temporal e espacial, as diferenzas entre cada unha das civilizacións, así como os aspectos estruturais fundamentais (políticos e institucionais, sociais, económicos, ideolóxicos). Igualmente é imprescindible a adquisición do vocabulario e conceptos básicos, non só de termos históricos xenéricos, senón tamén daqueles específicos desta materia cuxo manexo é indispensable.
    Para todo iso é imprescindible un axeitado coñecemento e manexo das fontes principais, que nos proporcionan a base dos nosos coñecementos, especialmente as epigráficas e literarias, sen esquecer as arqueolóxicas, numismáticas e papirológicas, así como os problemas que presentan. Isto supoñerá que o alumno debe dominar os métodos e técnicas de análise dos testemuños históricos do mundo antigo, sobre os que estarán baseados gran parte das clases teóricas, e por suposto todas as prácticas, incluídos os traballos que deberán realizar.
    Por último, deberá ser capaz de completar esas informacións coa investigación actual, de modo que poida analizar, sintetizar, e criticar os datos obtidos e contrastalos cos estudos actuais para obter as axeitadas conclusións.

    Metodoloxía da ensinanza
    Parte do temario será exposto nas clases teóricas. Tendo en conta que unha fonte esencial é a arqueolóxica, a explicación requirirá presentacións de Power Point que tamén permiten manexar mapas físicos e políticos, planos de asentamentos, rutas comerciais, gráficos diversos, etc. Nas clases teóricas tamén se utilizarán os dossiers documentais que entregados previamente aos alumnos lles permitirán seguir mellor a explicación baseada nas fontes literarias, epigráficas ou arqueolóxicas.
    Igualmente importantes serán as clases interactivas no que os alumnos deberán analizar documentación proporcionada coa debida antelación, ou ben se realizarán debates sobre un tema determinado. É evidente que o protagonismo corresponde aquí o alumno, que é quen debe achegar unha solución ás distintas cuestións, pero tamén é indispensable a discusión entre eles, cando así o permita o tema. Trátase de propiciar o debate e a comunicación interpersoal cando ofrecen respostas diferentes ante un mesmo problema, que cheguen a corrixirse entre eles, ou a matizar as respostas en función dos textos ou da súa propia reflexión crítica. Nestas clases o profesor reconducirá a discusión cando se deslice cara a aspectos triviais, e achegará aqueles datos que non se encontran na documentación presentada, os matizará ou completará. É obvio que moitos dos textos non son máis que parte dos que dispoñemos sobre un aspecto histórico, así que é preciso recordar outros que poden ser complementarios ou contraditorios. Estas clases tamén poden incluír
    visitas extra-aularias, especialmente a exposicións de contido histórico, Museos ou depósitos arqueolóxicos.

    Por último, nas titorías o alumno recibirá unha atención personalizada, non só de dúbidas de certos aspectos, senón de complemento da información que recibiu. Nas titorías guiaráselle á hora de realizar os seus traballos, indicaráselle como acceder á bibliografía e cal é a aconsellable, así como os problemas que xurdirán a medida que progrese nestes.


    Sistema de evaluación
    O elemento esencial da avaliación será o exame (70%) no que se miden os coñecementos dos conceptos básicos da materia que o alumno adquiriu ao longo do cuadrimestre. Serán materia obrigatoria de exame tanto as explicacións dadas en clase pola Profesora coma os dous manuais sinalados na bibliografía obrigatoria.
    O resto da cualificación obterase, en primeiro lugar, da participación nas clases prácticas (10%). O alumno dispoñerá dos textos coa debida antelación, así como do seu cuestionario correspondente, e valorarase tanto a información que obtivese sobre estes, como a súa capacidade de analizalos, relacionalos con outros aspectos vistos en clase, así como a súa capacidade crítica. Completará a cualificación o traballo individual (20%) que se entregará ao final do cuadrimestre, cunha data límite que previamente se fixará en clase. Será un traballo monográfico, individual, co que os alumnos prepararán algunha parte do programa que non fose tratada nas clases teóricas, ou ben afondará nalgún aspecto visto nelas. Versará sobre un tema escollido polo alumno entre aqueles ofrecidos pola profesora ao inicio do curso. Aínda que nestes niveis é imposible pedir un verdadeiro traballo de investigación, avaliarase o traballo persoal e a elaboración orixinal do alumno e non serán valorados aqueles traballos que sexan un simple plaxio doutros libros ou de información obtida en Internet. Será fundamental demostrar a capacidade de analizar fontes antigas e bibliografía actual, sintetizalas pero tamén as criticar e valoralas. Tamén será valorada a estrutura do traballo, a adecuación do contido ao tema, o uso correcto de citas e notas, a bibliografía, a súa presentación coidada, a corrección na expresión escrita e a ortografía. Para a realización deste ao longo do cuadrimestre, o alumno sempre poderá acudir á profesora nas correspondentes horas de titoría, de modo que poida resolver os seus problemas sobre a súa elaboración e as dúbidas sobre aspectos concretos

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 25
    Realización de traballos: 20
    Lecturas: 10
    Preparación de exames: 30
    Outras actividades: 5
    Total de horas de actividade non presencial:90

    Recomendacións para o estudo da materia
    A extensión da materia aconsella un estudo día a día. Ademais o alumno deberá ler previamente a parte do manual que será explicada nas clases teóricas. Tendo en conta que o exame constará dunha análise dun ou varios textos, é conveniente que o alumno domine o comentario. É frecuente que caia sen máis na paráfrase, ou ben que se lle esquezan por completo os textos e redacte o tema que é un calco dos apuntamentos recibidos. Debe aprender a organizar os datos que se lle ofrecen, estruturalos e explicalos debidamente.