Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101102 - Pensamento Filosófico e Científico (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Filosofía
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Desenvolvemento da capacidade para identificar os problemas fundamentais abordados tradicionalmente pola FILOSOFIA e pola CIENCIA.
    - Familiarización cos CONCEPTOS fundamentais nos que se artellaron ditos problemas a partir dos TEXTOS FONTES e dos contextos nos que os sitúa cada AUTOR.
    - Desenvolvemento da capacidade para a DIFERENCIACIÓN EPOCAL (mundo antigo, moderno, contemporáneo) conforme á modalidade de pensamento filosófico predominante e á súa conexión co desenvolvemento da ciencia.
    - Desenvolvemento dun PUNTO DE VISTA REFLEXIVO E CRÍTICO en relación coa influencia da ciencia no mundo actual.

    Contidos
    TEMA 1: A orixe do pensamento filosófico e científico: o paso do 'mito' ao 'logos'.

    TEMA 2: Ciencia e filosofía no mundo antiguo: a orientación ontoteolóxica do problema da Physis dende os presocráticos ate Aristóteles.

    TEMA 3: Revolucions culturais do Renacemento e a xénese dunha nova cosmovisión.

    TEMA 4: Ciencia e filosofía no mundo moderno: a nova ciencia ligada á metafísica da subxectividade.



    Bibliografía básica e complementaria
    A bibliografía presentada aquí ten un carácter xeral e meramente orientativo. Non hai ningún libro que poda ser considerado 'de texto'. Deberase prestar atención primordialmente ós fragmentos escollidos para as prácticas de comentario de texto ao longo do curso. Recoméndase asemade a utilización de alomenos un manual de historia da filosofía entre os que se indican a continuación. Seguindo o fío de cada un dos temas a profesora fará ulteriores indicacions bibliográficas específicas.
    ABBAGNANO, N.: Historia de la filosofía, 3 vols., Barcelona, Montaner y Simón, 1964 (especialmente recomendado).
    COPLESTON, F.: Historia de la filosofía, 8 vols., Barcelona, Ariel, 1969.
    CORTES MORATO, J/MARTINEZ RIN, A.: Diccionario de filosofía en cd-rom, ed. Herder, Barcelona, 2000 (especialmente recomendado).
    CHATELET, F.: (ed.): Historia de la filosofía, 4 vols., Madrid, Espasa Calpe, 1976.
    FERRATER MORA, J.: Diccionario de filosofía, 4 vols., Madrid, Alianza, 1979.
    GEYMONAT, L.: Historia del pensamiento filosófico y científico, 3 vols., Barcelona, Crítica, 1983.
    JASPERS, K.: Los grandes filósofos, 3 vols., Madrid, Tecnos, 1993-1998. (especialmente recomendado).
    MARTINEZ MARZOA, F.: Historia de la filosofía, 2. Vols., Madrid, Istmo, 1973. (especialmente recomendado).
    REALE, G.: Historia del pensamiento filosófico y científico, Barcelona, Herder, 1988. (especialmente recomendado).
    RIOJA, A.: Teorías del Universo, Vol. 1.: De los pitagóricos a Galileo, y Vol 2: De Galileo a Newton, ed. Síntesis, Madrid: 1999.

    Competencias
    COMPETENCIAS INSTRUMENTAIS:
    1. Familiarización con dúas modalidades diferentes de pensamento racional (filosofía e ciencia).
    2. Praxe do pensamento abstracto e crítico.
    3. Praxe da comunicación verbal e escrita.

    COMPETENCIAS SISTÉMICAS:
    1. Estimulación intelectual mediante a familiarización coa linguaxe da filosofía e da ciencia e cun legado textual que se caracteriza pola súa particular dificultade de comprensión e interpretación.

    COMPETENCIAS INSTRUMENTAIS:
    1. Desenvolvemento do espíritu antidogmático mediante a confrontación con sistemas de pensamento diferentes entre sí, que son, ao mesmo tempo, igualmente rigorosos e lexítimos.
    2. Fomento da tolerancia.
    3. Traballo en equipo mediante a lectura e discusión de textos.

    COMPETENCIAS ESPECIFICAS DA TITULACION:
    En relación coas competencias propias da titulación, nesta asignatura adicarase especial atención a: 1G, 2G, 3G, 4G, 5G, T2, E2, E3, E5, E6 (cf. http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G5101_CC
    _Cultura_2010_11_def.pdf)

    Metodoloxía da ensinanza
    Mais aló da mera actividade de reproducción memorística e pasiva de coñecementos o estudio universitario debe estar ao servizo da adquisición e/ou fortalecemento dos hábitos intelectuais da lectura, o estudio e a organización da información. As horas de clase teñen unha finalidade primordialmente didáctica. A actitude activa e participativa por parte do alumnado en forma de preguntas, comentarios etc., será sempre benvida e repercutirá positivamente sobre a cualificación final. Un recurso didáctico fundamental da asignatura é o COMENTARIO DE TEXTO. As horas interactivas adicaranse fundamentalmente a esta actividade. O alumnado recibirá periódicamente indicacions acerca de aqueles fragmentos de textos fontes cos que se vai traballar na clase. Haberá unha sesión de titoría programada para cada tema en grupos de non mais de dez alumnos/as. A súa finalidade é guiar o traballo autónomo do alumno/a e averiguar onde se atopan as principais dificultades para o seguimento da asignatura e a consecución dos seus obxectivos. En xeral, tratándose dunha asignatura de 'pensamento' tenderá a valorarse especialmente a capacidade para desenvolver argumentos con rigor, precisión e claridade conceptual.
    Sistema de evaluación
    CONVOCATORIA DE XUÑO

    Na convocatoria de xuño a avaliación realizarase atendendo a tres aspectos:

    ASISTENCIA
    PARTICIPACION
    EXAME ESCRITO

    Con respecto á ASISTENCIA (VALOR: 10 % DA NOTA), realizarase en cada sesión control da mesma mediante folla de sinaturas.

    Con respecto á PARTICIPACION (VALOR: 30 % DA NOTA) realizarase avaliación continua mediante observacións e notas da profesora. Parte importante da cualificación por participación corresponde aos traballos de comentario de texto que se deben entregar en datas das que se informará aos alumnos/as no seu momento. Deberanse entregar un total de 4 comentarios de texto (un por cada tema).

    Con respecto ao EXAME ESCRITO (VALOR: 60 % DA NOTA) éste constará de dúas preguntas teóricas e unha parte práctica consistente nun comentario de texto (sobre algúns dos textos traballados previamente na aula). O tempo dispoñible para a realización deste exame é de tres horas. O exame realizarase ao remate do cuatrimestre na data fixada pola Secretaría do Centro.


    CONVOCATORIA DE XULLO

    A avaliación de xullo realizarase exclusivamente mediante un exame teórico-práctico similar ao da convocatoria anterior, consistente por tanto nuhna parte teórica (duas preguntas) e unha parte práctica (comentario de texto). O exame realizarase no mes de xullo na data fixada previamente pola Secretaría do Centro.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, fichas, etc.