G5101111 - Crítica Literaria (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1- Incentivar o hábito de lectura de obras literarias.
2- Facilitar modelos e estratexias de análise axeitadas.
3- Procurar os cauces necesarios para familiarizar ós alumnos coa actividade hermenéutica.
4- Introducir a práctica crítica –análise e interpretación – no marco da Literatura Comparada, apuntando vías de conexión con sistemas semióticos non literarios.
Contidos1. A narrativa. Xéneros narrativos. Praxe da análise: modelización, temporalización, espacialización e estudio dos personaxes.
2. O ensaio. Revisión histórica e cuestións xenolóxicas. Análise e interpretación de textos ilustrativos.
3. A poesía. Cuestións xenolóxicas e enunciación lírica. Análise fónico-métrica, sintáctica, semántica, e pragmática do poema.
4. O teatro. Texto e espectáculo. Caracteres específicos da comunicación teatral: multicodificación e peculiaridade do signo teatral. Estudio do tempo e do espazo. Personaxe e actor.
5. Análise e interpretación de textos non literarios. Sistemas artísticos vinculados coa literatura. Ámbito comparatístico: relacións co cine e coas artes plásticas e musicais.
Bibliografía básica e complementariaALONSO, D., Poesía española. Ensayo de métodos y límites estilísticos, Madrid, Gredos, 1950.
ARENAS CRUZ, Mª E., Hacia una teoría general del ensayo. Construcción del texto ensayístico, Cuenca, Universidad de Castilla-La Mancha, 1997.
BAL, M., Teoría de la narrativa. (Una introducción a la narratología), Madrid, Cátedra, 1987, 3ª ed.
BARTHES, R., La cámara lúcida, Barcelona, Paidós, 1999.
BOUSOÑO, C., Teoría de la expresión poética, Madrid, Gredos, 1970 (5ª ed. definitiva).
BAQUERO GOYANES, M., Estructuras de la novela actual, Barcelona, Castalia, 1989.
BOBES NAVES, Mª del C., Semiología de la obra dramática, Marid, Taurus, 1997, 2ª ed.
BOBES NAVES, Mª del C., La novela, Madrid, Síntesis, 1993.
BORDWELL, D., La narración en cine de ficción, Barcelona, Piados, 1996.
CABO ASEGUINOLAZA, F. (ed.), Teorías sobre la lírica, Madrid, Arco Libros, 1999.
CHATMAN, S., Historia y discurso, Madrid, Taurus, 1990.
DOMÍNGUEZ CAPARRÓS, J., Métrica española, Madrid, Síntesis, 1993.
FISCHER-LICHTER, E., Semiótica del teatro, Madrid, Arco Libros, 1999.
GARRIDO DOMÍNGUEZ, A., El texto narrativo, Madrid, Síntesis, 1996.
GAUDREAULT, A. e F. JOST, El relato cinematográfico, Barcelona, Paidós, 1995.
GENETTE, G., Figuras III, Barcelona, Lumen, 1989.
KOWZAN, T., El signo y el teatro, Madrid, Arco, 1997.
LUJÁN ATIENZA, A. L., Cómo se comenta un poema. Madrid: Síntesis, 2000.
PAVIS, P., Diccionario de teatro, Barcelona, Paidós, 1984.
POZUELO YVANCOS, J.Mª., Teoría del lenguaje literario, Madrid, Cátedra, 1988.
QUILIS, A., Métrica española, Barcelona, Ariel, 1984.
REIS, C., Comentario de textos. Fundamentos teóricos y análisis literario, Salamanca, Colegio de España, 1995.
REIS, C. e A.C.M. LOPES, Diccionario de narratología, Salamanca, Ediciones Colegio de España, 1995.
SPANG, K., Teoría del drama. Lectura y análisis de la obra teatral, Pamplona, EUNSA, 1991.
SPANG, K., Análisis métrico, Pamplona, EUNSA, 1993.
UBERSFELD, A., Leer el teatro. II, Madrid, ADE, 1998.
VILLANUEVA, D., El comentario del texto narrativo: cuento y novela, Madrid, Marenostrum, 2006.
VILLANUEVA, D. (coord.),Curso de Teoría de la literatura, Madrid, Taurus, 1994.
Competencias- Consolidar e apreciar o hábito da lectura como factor de autoformación persoal.
- Potenciar as dotes de observación e o espírito crítico.
- Asimilar o vocabulario básico e os métodos de análise na crítica dos diferentes xéneros.
- Vencer a resistencia do texto e familiarizarse coa actividade hermenéutica.
- Adquirir a conciencia de que tamén é necesario saber "ler" o discurso audiovisual e lograr unha mínima competencia para unha visión crítica dos novos medios.
- Coñecer os mecanismos de composición e escritura que faciliten a produción dos propios textos literarios.
Metodoloxía da ensinanza - Os créditos teóricos recollerán información sobre as distintas formas de análise textual vinculadas a escolas teóricas concretas e amosarán as súas diferentes posicións cara á análise e interpretación do texto literario.
- Facilitarase a adquisición por parte do alumno dunha terminoloxía básica e xeral que posibilite a comprensión e expresión da análise dos textos.
- Os créditos prácticos procurarán o hábito de achegamento crítico e analítico aos textos, que serán escollidos e ordenados pedagoxicamente en virtude do seu grao de docilidade ou resistencia á análise e á teorización. Reflectirán distintas direccións e posibilidades de análise e interpretación no tocante á súa adscrición aos xéneros literarios e á súa relación cunha determinada época histórica, movemento cultural, sistema literario, etc.
- Os créditos non presenciais esixen a lectura dos textos, o seguimento e control de aprendizaxe, a elaboración de traballos fóra da clase, o visionado de textos audiovisuais e a preparación do exame.
Sistema de evaluación- A nota final será a suma resultante da cualificación dos traballos, participación do alumno na clase (todo isto un 30%) e da nota obtida no exame (70%).
- Independentemente da valoración dos contidos e estratexias de análise e comentario aprendidas na clase, serán requisitos para aprobar a disciplina a corrección gramatical e ortográfica e a propiedade léxica da expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica dos discursos empregados.
Tempo de estudo e traballo persoalSesións expositivas 15 hs.
Estudio e preparación de actividades programadas na clase 15 hs.
Sesións de seminario /laboratorio de idiomas/ aula de informática 20 hs.
Realización de traballos de diverso tipo 50 hs.
Sesións de titoría programadas 4 hs.
Lecturas 15 hs.
Sesións de avaliación 3 hs.
Preparación de exames 14 hs.
Outras actividades (orientación para la realización de traballos) 6 hs.
Outras actividades 8 hs.
Total de horas de actividad presencial 48 hs.
Total de horas de actividad no presencial 102 hs.
Recomendacións para o estudo da materia ObservaciónsRecoméndase facer uso das horas de titoría para comentar calquera incidencia no desenvolvemento do traballo do alumno, para aclarar dúbidas e para ter un seguimento máis controlado da propia aprendizaxe.