G5101107 - Historia Medieval (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Medieval e Moderna
- Áreas: Historia Medieval
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaProporcionarlle ao alumno/a un coñecemento global da época medieval, cunha especial incidencia na formación das tres áreas culturais do mundo mediterráneo, despois da crise da Romanidade, e nas orixes e evolución históricas da Europa da Idade Media, ofertándolle unha visión sintética, razonada e multicausal, que integre elementos políticos, económicos, sociais e culturais nun contexto de comprensión global dos procesos históricos pasados e presentes, e no marco da interdisciplinariedade propia do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
Contidos0.- Introducción á Idade Media: tempo, espazo e coñecemento.
I.- A crisise do Mundo Antigo e a parcelación da área mediterránea (séculos. III-X):
1.- Romanidade e Xermanidade nos ss. III-V.
2.- A formación das tres áreas de civilización mediterránea (ss.VI-VII): Europa xermánica, Bizancio e Islam.
3.- A evolución diverxente das tres áreas de civilización mediterránea (ss.VIII-X).
II.- A consolidación do Occidente medieval cristián (séculos XI-XIII):
4.- A ampliación do marco xeográfico europeo-occidental.
5.- A Cidade de Dios e a realidade temporal.
6.- O Imperio romano-xermánico e as monarquías feudais.
III.- Crise e transformación da Europa Occidental (séculos XIV-XV):
7.- Depresión e recuperación na sociedade europea baixomedieval.
8.- As novas bases de articulación da Europa cristiá occidental.
9.- O triunfo final da hexemonía monárquica nos estados medievais.
Bibliografía básica e complementariaManuais recomendables:
José Ángel GARCÍA DE CORTÁZAR e José Ángel SESMA, Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza Editorial, 2008.
Vicente ALVAREZ PALENZUELA e outros, Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2002.
Miguel Ángel LADERO QUESADA, Historia Universal. Edad Media, Barcelona, Vicens Vives, 1987.
Emilio MITRE, Historia de la Edad Media en Occidente, Madrid, Cátedra, 1995.
Salvador CLARAMUNT e outros, Historia de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 1992.
Robert FOSSIER, La Edad Media, Barcelona, Crítica, 1988, 3 vv.
Outras obras de consulta:
Angus MACKAY e David DITCHBURN, Atlas de Europa medieval, Madrid, Cátedra, 2011.
Herman KINDER e Werner HILGEMANN, Atlas histórico mundial (I), Madrid, Istmo, 1999.
Atlas "The Times" de Historia de la Humanidad, Barcelona, GSC, 1994.
CompetenciasTransversais:
- Comunicación oral e escrita na lingua nativa
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Traballo en equipo
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
- Compromiso ético
- Aprendizaxe autónoma
- Creatividade
- Adaptación a novas situacións
Específicas:
- Coñecemento dos contidos básicos a partir dos que se estrutura a evolución histórica da Europa medieval.
- Capacidade de análise crítica e construtiva de situacións actuais e pasadas
- Capacidade para ler e interpretar información en todo tipo de soportes
- Capacidade de lectura crítica e comprensiva
Metodoloxía da ensinanza A ensinanza da materia participa dun sistema mixto que orienta o proceso de aprendizaxe, de acordo coa súa propia división en créditos de carácter teórico e de carácter práctico. Deste xeito, unha parte dos contidos (os de carácter máis básico e xeral ou aqueles de carácter máis complexo), son impartidos polo docente recorrendo á fórmula da "clase maxistral", apoiada no emprego de medios audiovisuais e no manexo de mapas, gráficos e estatísticas, na lectura de textos axeitados ao tema tratado e na realización de comentarios na propia aula, a partir de materiais previamente entregados. Unha parte substancial da materia desenvólvese a partir do traballo dos alumnos/as realizado fóra do horario lectivo (actividade academicamente dirixida fóra da aula), consistente na realización (tanto individual como en grupo) de actividades diversas: lectura e recensión de libros, a visión de películas alusivas ao tema que se está a tratar, excursións formativas, asistencia a cursos e conferencias. Especificamente, para fomentar a personalización da súa formación intelectual e a xeración dun espírito crítico, o alumno/a ten que realizar, para a plena superación do proceso de aprendizaxe, unha recensión crítica dunha obra dentro da bibliografía e a temática suxeridas polo docente da materia. Así mesmo, como unha actividade máis dirixida á súa formación transversal, realizanse prácticas dirixidas de comentario de textos históricos na aula, incitando así aos alumnos/as a enfrontárense a un público pendente das súas explicacións, ao tempo que deste xeito se produce unha socialización de coñecementos da que participa todo o grupo de estudo.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia comprenderá:
a) Unha proba teórica, consistente no desenvolvemento dun tema extraído do programa da materia e a realización dun comentario de texto histórico axeitado aos seus contidos. A súa cualificación proporcionará o 75% da nota final.
b) Unha proba práctica, consistente na realización dun traballo bibliográfico sobre unha das obras suxeridas polo profesor ou propostas polo alumno/a e aceptadas por aquel. A súa cualificación equivalerá ao 12'5% da nota final.
c)Unha proba teórico-práctica, consistente na elaboración e exposición en grupo dun dos epígrafes do programa, correspondente ó bloque III do Programa. A súa cualificación equivalerá ó 12'5% da nota final.
A realización de ambas as dúas probas é indispensable para superar a materia. O prazo para a admisión dos traballos rematará o día do exame final e a súa ausencia comporta a cualificación de "Non Presentado". A asistencia á clase e a participación nas aulas prácticas e actividades extraaulares serán tidas en conta na avaliación final da aprendizaxe.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de actividade presencial: 60 horas
.- Sesións expositivas: 24 horas
.- Sesións de seminario: 24 horas
.- Tutorias, evaluación e outras(cineforum): 12 horas.
Horas de actividade non presencial: 90 horas.
.- Estudo e preparación de clases: 30 horas
.-Traballos de curso: 20 horas.
.-Lecturas de bibliografía e materiais: 20 horas
.- Preparación de exames e outros: 20 horas.
Total: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaTendo en conta a amplitude e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter de materia troncal, é altamente recomendable o dedicar un tempo diario á súa preparación, que debería facerse recorrendo á realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. De igual xeito, é case imprescindible o recurso á bibliografía de apoio xeral e a específica de cada tema para complementar e suplementar a docencia maxistral, así como as suxestións de lectura do profesor e o manexo de atlas, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou informatizadas, sen excluír a lectura, visión e análise dos medios de comunicación diaria, como un xeito de relacionar coñecementos e procesos históricos. Así mesmo, convén, na realización do traballo bibliográfico obrigatorio, coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, ao igual que a creatividade persoal e o rigor crítico no eido dos contidos.
Observacións1.-Docencia presencial: exposicións temáticas do docente, comentarios de textos históricos, exposicións en grupo de alumnos/as.
2.- Actividades académicamente dirixidas: lectura e recensión de libros, prácticas de iniciación básica á investigación, cine-forum.