G5101109 - Lingua Galega (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Dar a coñecer á alumna ou alumno a situación social da lingua galega presentando esta desde todas as perspectivas posibles: datos científicos, percepción social (evolución e consolidación), traballos internacionais, etc.
-Presentarlle á alumna ou alumno a diferenciación existente entre a vitalidade e a visibilidade da lingua, así como as relacións de interdependencia entre os dous conceptos.
-Presentarlle á alumna ou alumno o traballo que se leva feito nos últimos vinte anos para intervir sobre a situación social da lingua e os diferentes ámbitos en que este tivo lugar: mundo administrativo, ensino, medios de comunicación.
Contidos1. Aproximación á situación sociolingüística da Galicia actual (1970-2013). Linguas e sociedade galega.
1.1. Mortaldade lingüística, debilitamento social. Nacemento e desenvolvemento da inquedanza pola vitalidade do galego.
1.2. A perspectiva científica: mapas lingüísticos e outras ferramentas sociolóxicas para a análise e diagnose da situación (convivencia, conflito; retroceso, avance).
1.3. A presentación mediática e social da situación: prensa e audiovisual, outras ferramentas de visibilización (libros de texto).
2. A vitalidade da lingua galega. Transmisión interxeracional, retención e abandono da lingua. A presenza do galego nas listaxes internacionais de linguas en perigo de extinción. A relación entre lingua galega e identidade. Galego e portugués: debate social, debate lingüístico.
3. A visibilidade do galego. Principais ámbitos de visibilización social da lingua.
3.1. O galego no mundo administrativo: historia e circunstancias actuais. A diversidade dos ámbitos burocráticos na sociedade galega actual.
3.2. O galego no ensino: reivindicación histórica, estratexias de implantación e resultados.
3.3. O galego nos medios de comunicación: diversidade de medios, diversidade de situacións. Novos formatos e novos usos (electrónicos). A publicidade en lingua galega: historia recente e circunstancias políticas.
3.4. Outros usos formais da lingua: a sanidade, a política, o discurso público.
Bibliografía básica e complementariaGonzález González, M. (dir.), e M. Rodríguez Neira (coord.) (2003): O galego segundo a mocidade. A Coruña: Real Academia Galega.
González, M. (dir.) e M. Rodríguez Neira (coord.) (2007-2011): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. A Coruña: Real Academia Galega,
Fernández Rodríguez, M., e M. Rodríguez Neira (coords.) (1994): Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística.
Fernández Rodríguez, M. e M. Rodríguez Neira (coords.) (1995): Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística.
Fernández Rodríguez, M., e M. Rodríguez Neira (coords.) (1996): Actitudes lingüísticas en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística.
Formoso, V. (2013): Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico. Vigo: Xerais.
Iglesias, A. (2002): Falar galego: no veo por qué. Vigo: Xerais.
Lamuela, X., e H. Monteagudo (1996):”Planificación lingüística”, in M. Fernández Pérez (ed.), Avances en lingüística aplicada. Santiago: Universidade, 229-301.
Monteagudo, H., e X. Bouzada (coords.) (2002): O proceso de normalización do idioma galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua (tres volumes).
Monteagudo, H. e A. Lorenzo (dirs.) (2005): A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua.
Rei–Doval, G. (2007): A lingua galega na cidade do século XX. Unha aproximación sociolingüística. Vigo: Xerais.
Competencias-Coñecer de maneira suficiente os aspectos clave da normalización lingüística levada adiante en Galicia, tanto no que se refire aos seus obxectivos logrados como a aqueloutros que non se deron conseguido.
-Contextualizar cronoloxicamente materiais procedentes de distintos momentos no proceso de intervención lingüística das últimas décadas.
-Coñecer as ferramentas de control do proceso de normalización que se deseñaron a medida que este ía avanzando.
Metodoloxía da ensinanza As tarefas concretas programadas para esta materia detállanse na guía docente que se lle entregará ao alumno no comezo do curso. Haberá os seguintes tipos de actividades:
-Sesións expositivas, onde se explicarán os conceptos fundamentais da materia.
-Sesións interactivas, onde se proporán diversas actividades consistentes en xeral na realización de comentarios sobre materiais escritos, audiovisuais e electrónicos relacionados cos temas que se traten en cada momento. Cando así sexa establecido pola profesora, os alumnos faranlle entrega a esta dunha versión de cada un dos exercicios propostos, así como doutros que teñan relación co tema.
-Sesións interactivas na plataforma virtual, destinadas á produción de materiais lingüísticos como os que se detallan no punto anterior.
Dado que está prevista a implantación da titulación en modalidade semipresencial, tamén será posible superar a materia seguindo o curso a través da plataforma virtual.
Sistema de evaluaciónHaberá dous sistemas de avaliación:
1. Avaliación continua (para poder optar por este sistema o alumno non poderá ter máis do 20% de ausencias ás sesións presenciais). Neste sistema de avaliación cualificarase (sinálase en cada caso a porcentaxe prevista):
-Participación activa nas aulas (nótese o que se vén de afirmar sobre as ausencias): 20% da cualificación da materia.
-Realización de traballos de curso (en papel ou a través da plataforma virtual, e cando menos o 80% dos encomendados): 40% da cualificación da materia. Para conseguir esta porcentaxe da cualificación, o alumno deberá entregar cada un dos traballos no prazo previamente sinalado).
-Exame final: 40% da cualificación da materia.
2. Avaliación unicamente a través dun exame, na data sinalada a tal efecto polo Decanato da Facultade de Humanidades e dada a coñecer antes do comezo do curso académico. Esta opción non presencial poderá ser empregada nos seguintes supostos:
-Alumnos que sexan avaliados na convocatoria de xuño de 2013 mais que non cumpran os requisitos de asistencia regular fixados no apartado anterior. Estes alumnos terán que ter entregados antes da data oficial do exame o 80% dos traballos presenciais e/ou virtuais que se lles esixan aos seus compañeiros.
-Alumnos que sexan avaliados na convocatoria de xullo de 2013. Estes alumnos unicamente deberán realizar a proba escrita prevista para a superación da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudo
-Sesións expositivas, 28 horas.
-Estudo e preparación de actividades programadas na aula, 30 horas.
-Sesións interactivas, 28 horas.
-Traballos, 25 horas.
-Sesións de titoría, 1 hora.
-Lecturas, 25 horas.
-Sesión de avaliación, 3 horas.
-Preparación de exames, 10 horas.
Total, 60 horas de actividades presenciais e 90 de actividades non presenciais.