Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101112 - Lingüística Xeral (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Lingüística Xeral
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ PEREIRA, MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    (1) Proporcionar coñecementos ao alumno que lle permitan comprender os distintos compoñentes que se dan na actividade lingüística, ao tempo que se achega aos principais métodos e recursos para o seu estudo científico.

    (2) Abordar as linguas como usuarios reflexivos e curiosos.
    Contidos
    SESIÓNS EXPOSITIVAS

    TEMA 1. A NATUREZA COMPLEXA DA LINGUAXE. Os fundamentos semióticos e representacionais da linguaxe. A dimensión social da linguaxe. As bases psico-biolóxicas da linguaxe.

    TEMA 2. LINGUAXE E COMUNICACIÓN. Bases semióticas e pragmáticas da comunicación humana. Natureza dos signos e tipos de códigos. Interacción comunicativa: intención, contexto e propósito. A codificación pragmática do uso comunicativo. Os actos de fala. A pragmática intercultural.

    TEMA 3. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E LINGUAS DO MUNDO. Unidade e variedade das linguas. Factores de variación lingüística. Variación no plano social das linguas. As linguas arredor do mundo e criterios para a súa clasificación.

    TEMA 4. LINGUAXE, MENTE E CEREBRO. A adquisición da linguaxe e a aprendizaxe de linguas. Fundamentos biolóxicos da linguaxe. As patoloxías lingüísticas.

    TEMA 5. AS APLICACIÓNS DA LINGÜÍSTICA. Tradución entre códigos e culturas. Política e planificación lingüística. Ensino e aprendizaxe de linguas. Lingüística clínica.

    SESIÓNS INTERACTIVAS

    Nas sesións interactivas realizaremos actividades de traballo individual ou en grupo que propicien o desenvolvemento das competencias polas que os alumnos van ser avaliados. O obxectivo destas sesións de seminario debe ser o de afianzar a comprensión dos contidos, resolvendo dúbidas, aplicando o aprendido á lectura e comentario de textos, realizando
    exercicios ou ben facendo a presentación ante os compañeiros do resultado dos traballos elaborados. Algunhas destas actividades serán propostas e realizadas a través da plataforma do campus virtual da USC.
    TEMA 1. A NATUREZA COMPLEXA DA LINGUAXE
    Ademais de clarexar todas as cuestións relacionadas coa planificación da materia e sobre os traballos que o alumno debe realizar e a súa avaliación, faremos a lectura conxunta dalgúns fragmentos das lecturas obrigatorias, fixaremos orientacións básicas para a realización de
    comentarios de texto e propoñeremos un primeiro texto para o seu comentario.
    TEMA 2. LINGUAXE E COMUNICACIÓN
    Faremos algúns exercicios e actividades sobre tipos de signos e tipos de códigos, e sobre tipos de actos de fala e significado intencional, ademais de propoñer un texto para o seu comentario.
    TEMA 3. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E LINGUAS DO MUNDO
    Organizaremos a realización e exposición de traballos en grupo sobre linguas ou conxuntos de linguas. Organizaremos e realizaremos un debate sobre a variación social nas linguas.
    TEMA 4. LINGUAXE, MENTE E CEREBRO
    Traballaremos con textos nos que se asuman distintas perspectivas teóricas sobre o proceso de adquisición da linguaxe e a súa relación co desenvolvemento cognitivo, que nos servirán para a realización dun debate e a proposta dun comentario de texto. Veremos en clases mostras reais de linguaxe infantil.
    TEMA 5. AS APLICACIÓNS DA LINGÜÍSTICA
    Propoñeremos e realizaremos na aula un pequeno traballo en grupo de reflexión sobre algúns ámbitos da nosa vida nos que pode ser útil e procedente un enfoque aplicado dos coñecementos adquiridos sobre a linguaxe.
    Bibliografía básica e complementaria
    Introducións á Lingüística
    AA.VV. (1987): New Horizons in Linguistics, vol. 2. London: Penguin.
    BERNÁRDEZ, Enrique (1999): Qué son las lenguas. Madrid: Alianza.
    COSERIU, Eugenio (1986): Introducción a la lingüística. Madrid: Gredos.
    ESCANDELL, M. Victoria et al. (2009): El lenguaje humano. Madrid: Ramón Areces.
    FERNÁNDEZ PÉREZ, Milagros (1999): Introducción a la lingüística. Dimensiones del lenguaje y vías de estudio. Barcelona: Ariel.
    LÓPEZ, Ángel et al.(1990): Lingüística general y aplicada. València: Universitat de València.
    LÓPEZ, Ángel & Beatriz Gallardo (2005): Conocimiento y lenguaje. València: Universitat de València.
    LÓPEZ MORALES, Humberto (coord.) (1983): Introducción a la lingüística actual. Madrid: Playor.
    LYONS, John (1984): Introducción al lenguaje y a la lingüística. Barcelona: Teide.
    MARTÍN VIDE, Carlos (ed.) (1996): Elementos de lingüística. Barcelona: Octaedro.
    PORTAL DE LAS HUMANIDADES-LICEUS (http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/index.asp), en Lingüística general (http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/ling_geral/index.asp): capítulos introdutorios a diferentes campos lingüísticos.
    RAMALLO, Fernando et al. (eds.) (2000): Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais.
    SIMONE, Raffaele (1993): Fundamentos de lingüística. Barcelona: Ariel.
    TUSÓN, Jesús (2003): Introducción al lenguaje. Barcelona: UOC.
    YULE, George (1998): El lenguaje. Madrid: Cambridge University Press. Publicouse no 2007 unha 3.ª ed. (corr. e aum.). Madrid: Akal.
    Enciclopedias e panorámicas da Lingüística
    ARONOFF, Mark & Janie REES-MILLER (eds.) (2002): The Handbook of Linguistics. Oxford: Blackwell.
    ASHER, Robert E. (ed.) (1994): The Encyclopedia of Language and Linguistics. Oxford: Pergamon Press, 10 vols.
    BRIGHT, William (ed.) (1992): International Encyclopedia of Linguistics. Oxford: Oxford University Press, 4 vols.
    BROWN, Keith (ed.) (2006): Encyclopedia of Language and Linguistics. Boston: Elsevier, 14 vols, 2ª ed.
    COLLINGE, Neville E. (ed.) (1990): An Encyclopedia of Language. London: Routledge.
    CRYSTAL, David (1987): Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid; Taurus, 1994. Existe unha segunda edición inglesa de 1997.
    FRAWLEY, William J., International Encyclopedia of Linguistics. Oxford: Oxford University Press, 4 vols.
    HELLINGER, Marlis & Anne PAUWELS (ed.) (2007): Handbook of Language and Communication: Diversity and Change. Berlin: Mouton de Gruyter.
    MALMKJAER, Kirsten (1991): The Linguistics Encyclopedia. London: Routledge.
    NEWMEYER, Frederick (coord.) (1993): Panorama de la lingüística moderna de la Universidad de Cambridge. Madrid: Visor, 4 vols.
    Dicionarios terminolóxicos
    ABRAHAM, Werner (1981): Diccionario de terminología lingüística actual. Madrid: Gredos.
    ALCARAZ VARÓ, Enrique & M. Antonia MARTÍNEZ LINARES (2004): Diccionario de lingüística moderna. Barcelona: Ariel, 2ª ed.
    BUSSMANN, Hadumod (1996): Routledge Dictionary of Language and Linguistics. London: Routledge.
    CARDONA, Giorgio R. (1991): Diccionario de Lingüística. Barcelona: Ariel.
    CRYSTAL, David (2000): Diccionario de lingüística y fonética. Barcelona: Octaedro. Existe unha 5ª ed. inglesa de 2003.
    DUBOIS, Jean et al. (1979): Diccionario de Lingüística. Madrid: Alianza.
    DUCROT, Oswald & Jean-Marie SCHAEFFER (1998): Nuevo diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje. Madrid: Arrecife.
    FINCH, Geoffrey (2000): Linguistic terms and concepts. Houndmills: Macmillan Press.
    GREGORY, Richard L. (dir.) (2005): Diccionario Oxford de la mente. Madrid: Alianza.
    LÁZARO CARRETER, Fernando (1987): Diccionario de términos filológicos. Madrid: Gredos, 3ª ed. corr.
    LEWANDOWSKI, Theodor (1982): Diccionario de Lingüística. Madrid: Cátedra.
    RICHARDS, Jack, et al. (1997): Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas. Barcelona: Ariel.
    WELTE, Werner (1985): Lingüística moderna: terminología y bibliografía. Madrid: Gredos.

    Competencias
    (1) Dominar conceptos, terminoloxía básica e métodos que desenvolvan nos alumnos estratexias de observación dos feitos comunicativos e que lles permitan a reflexión e o estudo lingüísticos [1G, 3G, E1]
    (2) Emprego de recursos e fontes de información que permitan aos estudantes adquirir coñecementos sobre os feitos lingüísticos autonomamente. [3G, 5G, T3]
    (3) Comprender e explicar textos básicos relacionados coa materia. [3G, 4G, T2, E1]
    (4) Expoñer oralmente as reflexións propias relacionadas cos contidos da materia. [3G, 4G]
    (5) Desenvolver a motivación, a atención e o esforzo para a aprendizaxe, así como actitudes de apertura, participación e responsabilidade perante o traballo académico. [5G, E2]
    (6) Propiciar a comprensión do carácter plurilingüe e multicultural das nosas sociedades e promover o respeto pola diversidade lingüística e cultural [3G, E3]
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia distribúese en tres horas presenciais á semana. A métade deste tempo de presencia na aula adicarase a sesións expositivas, nas que o profesor presentará os contidos básicos da materia, e a outra métade a sesións interactivas, nas que se farán e corrixirán as actividades planificadas de traballo autónomo do alumno. Algunha destas actividades de traballo autónomo realizaranse a través da plataforma da USC virtual. Periodicamente irán fixándose as datas para a realización das tres horas de titorías programadas, nas que se resolverán problemas e dúbidas e se fortalecerá o dominio de ferramentas de aprendizaxe.
    Sistema de evaluación
    PRIMEIRA OPORTUNIDADE (maio-xuño): Mediante avaliación continua. Nesta primeira oportunidade (maio-xuño) o 50% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados e realizados nas sesións interactivas. No último día con sesión presencial o profesor indicará a cada un dos alumnos os puntos obtidos neste proceso de avalliación continua, no que serán obxecto principal de avaliación o interese e motivación na participación activa nas clases, a corrección formal e a consistencia argumental nos traballos escritos e nas exposicións orais presentadas e a actitude positiva e o esforzo por mellorar e aprender. O outro 50% corresponderá á nota do exame de toda a materia, que versará sobre os contidos das sesións expositivas e as lecturas obrigatorias e realizarase na data fixada pola Secretaría do Centro. Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continua poderán avaliarse de toda a materia mediante un exame na segunda oportunidade (mes de xullo).


    SEGUNDA OPORTUNIDADE (xullo): Na oportunidade de xullo o alumno pode estar en dúas situacións.
    1) Se o alumno asistiu regularmente ás clases expositivas e participou activamente nas sesións interactivas, manteráselle cando menos a puntuación obtida da avaliación continua do seu traballo, tendo a oportunidade de volver facer e entregar algún traballo que xa fixese durante o curso para mellorar a súa puntuación dentro do 50% correspondente a avaliación continua do realizado no semestre. O outro 50% corresponderá á nota obtida no exame final que se realizará na data fixada pola secretaría do centro e incluirá cuestións teóricas e prácticas (procedentes das sesións expositivas e sesións interactivas).
    2) Se o alumno non asistiu regularmente a clases nin participou activamente nas sesións interactivas, a súa cualificación virá dada exclusivamente pola avaliación do exame final que se realizará na data fixada pola secretaría do centro e incluirá cuestións teóricas e prácticas (procedentes das sesións expositivas e sesións interactivas), debendo ter en conta que para aprobar a materia haberá de amosar nese exame unha aprendizaxe sólida dos contidos básicos da materia e que non poderá obter unha cualificación superior a notable (7).

    CONVOCATORIAS POSTERIORES. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na segunda oportunidade de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos rexirá o sistema de avaliación que vén de ser fixado para a segunda oportunidade (xullo), coas dúas posibles situacións. No caso de alumnos que decidan repetir a materia asistindo novamente a clase e implicándose en todas as actividades que se realicen no período ordinario, a súa avaliación se realizará seguindo os criterios de avaliación ordinaria para alumnos de primeira matrícula.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    SESIÓNS EXPOSITIVAS 24 (horas presenciais) 50 (horas non presenciais) Total 74
    SESIÓNS SEMINARIO 24 (horas presenciais) 30 (horas non presenciais) Total 54
    SESIÓNS TITORÍA GRUPO 3 (horas presenciais) 3 (horas non presenciais) Total 6
    SESIÓNS AVALIACIÓN 4 (horas presenciais) 10 (horas non presenciais) Total 14
    TOTAL 55 (horas presenciais) 93 (horas non presenciais) Total 148



    Recomendacións para o estudo da materia
    Os ritmos de aprendizaxe non son os mesmos en todo o alumnado, e tampouco será idéntico o esforzo que esixan as actividades de traballo autónomo programadas nos distintos temas, pero vai requerirse do estudante o seu compromiso para a asistencia proveitosa ás clases e o traballo constante e continuado.
    Observacións
    Os textos do programa aos que o profesor outorga validez son os das versións elaboradas por el mesmo (i.e., a versión galega e a castelán).