G5101222 - Técnicas de Tratamento da Documentación (Formación Humanística) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia I
- Áreas: Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Aproximación ao coñecemento e organización dos arquivos.
- Aprendizaxe das técnicas de análise dos documentos de
arquivo e do uso dos instrumentos de descripción arquivística.
- Dotar ao alumno das habilidades e competencias necesarias na búsqueda e selección dos documentos de arquivo.
ContidosBloque I: A Arquivística e os arquivos.
1. Definición de arquivo e Arquivística. Ciencias auxiliares da
Arquivística.
2. As funcións dos arquivos. Tipos de arquivos.
Bloque II: Os documentos de arquivo: a súa clasificación, organización e descripción.
3. O documento: concepto, acepcións, clasificación e xénese.
4. O documento de arquivo: definición, características e valores.
5. As unidades documentais: os documentos simples e os documentos compostos.
6. A clasificación, organización e descripción dos documentos de arquivo.
7. A instalación e conservación dos arquivos e os seus fondos.
7. O fluxo documental: do arquivo de oficiña ao arquivo histórico.
Bloque III: O acceso á documentación.
8. O acceso á documentación: consulta, búsqueda e
difusión.
Bloque V: O persoal de arquivos
9. O perfil profesional do arquiveiro: coñecementos e perspectivas laborais.
Bloque VI: Arquivos españois.
10. O sistema arquivístico español.
Bibliografía básica e complementaria- AUXILIAR de archivos y bibliotecas: temario general. María Eugenia Díaz Pérez … [et alii]. Sevilla, 1994
- Barbadillo Alonso, Javier: Las normas de descripción archivística: qué son y cómo se aplican. Gijón, 2011
- Conde Villaverde, María Luisa: Manual de tratamiento de archivos administrativos. Madrid, 1992
- Cordón Arroyo, Ana María: Empresas documentales de gestión de archivos: estudio, análisis y descripción de servicios. Gijón, 2004
- Cruz Mundet, José Ramón: Manual de Archivística. Madrid, 1994
- Idem: Qué es un archivero. Gijón, 2009
- DICCIONARIO de terminología archivística. Madrid, 1995
- Gallego Domínguez, Olga: Manual de archivos familiares. Madrid, 1993
- Gallego Domínguez, Olga y López Gómez, Pedro: Introducción na Arquivística. A Coruña, 1985
- Heredia Herrera, Antonia: Archivística general. Teoría y práctica. Sevilla, 1991
- Idem: ¿Qué es un archivo?. Gijón, 2007
- Ibáñez Montoya, Joaquín: Los archivos: cómo construirlos. Gijón, 2008
- La terminología de la archivística. Joaquín García Palacios (coord.). Gijón, 2010
- Lodolini, Elio: Archivística: principios y problemas. Madrid, 1993
- López Gómez, Pedro: Organización de los fondos de los archivos históricos provinciales. Madrid, 1994
- López Gómez, Pedro; Gallego Domínguez, Olga: El documento de archivo: un estudio. A Coruña, 2007
- López Gómez, Pedro: La formación de los archiveros españoles en el siglo XX: una mirada retrospectiva. Ourense, 2008
- López Yepes, José; Osuna Alarcón, María Rosario (coord.): Manual de Ciencias de la Información y Documentación. Madrid, 2011
- Marín Martínez, Tomás y otros: Paleografía y Diplomática. Madrid, 2002
- Mauri Martí, Alfred; Perpinyà Morera, Remei: Estudiar archivística: dónde y por qué. Gijón, 2008
- Mesa de Trabajo Sobre Organización de Archivos Municipales: Arquivos municipais, proposta de cadro de clasificación de fondos. Santiago de Compostela, 1998
- Núñez Fernández, Eduardo: Organización y gestión de archivos. Gijón, 1999
- Pinto Molina, Manuel: El resumen documental: principios y métodos. Madrid, 1992
- Riesco Terrero, Ángel y otros: Introducción a la Paleografía y Diplomática general. Madrid, 1999
- Romero Tallafigo, Manuel: Archivística y archivos: soportes, edificio y organización. Carmona, 1997
- Ruiz Rodríguez, Antonio Ángel: Manual de Archivística. Madrid, 1995
- Sierra Valentí, Eduardo: "El expediente administrativo. Esbozo de tipología documental." En: Boletín de la Anabad, XXIX, 2, 1979, pp. 61-74
- Tamayo, Alberto: Archivística, diplomática y sigilografía. Madrid, 1996
- Tarrés Rosell, Antoni: Márquetin y archivos. Gijón, 2006
- Vázquez Murillo, Manuel: Manual de selección documental. Carmona, 1995
CompetenciasDentro das competencias que se desenrolan nesta materia, cómpre sinalar as seguintes:
a) Dentro das competencias xerais, os/as alumnos/-as que cursan esta esta materia deberían posuir coñecementos nas áreas de Humanidades e da Cultura como resultado da súa formación secundaria, ter a capacidade de asumir e interpretar os principios desta materia a fin de resolver as actividades que se lles plantexen e ter desenrolado unhas habilidades que lles permitan afrontar esta materia cun alto grado de autonomía.
b) Dentro das competencias transversais, esta materia ensinará aos/ás alumnos/-as a maneira de usar correctamente a terminoloxía técnica e específica desta materia e, en consecuencia, unha redacción correcta dos exercicios plantexados. E de paso tamén amosará ao/á alumno/-a a importancia das novas tecnoloxías para esta materia.
Metodoloxía da ensinanza As indicacións metodolóxicas que a continuación se citan, gardan unha estreita relación cos contidos que se desenrolarán ao longo do curso. De modo máis preciso, son as seguintes:
a) As clases maxistrais.
O cometido das clases maxistrais é o de proporcionar os coñecementos teóricos necesarios de cara a afrontar as sesións prácticas. Polo tanto as explicacións enfocaranse de cara a proporcionar aos alumnos unhas ferramentas indispensables para o posterior desenrolo das actividades prácticas que se lle plantexen. Basicamente, no caso que nos ocupa centraranse en explicar os tipos de documentos, con especial insistencia no referente ao documento de arquivo, e os sistemas de clasificación, organización e descripción dos documentos de arquivo.
b) As clases prácticas.
As actividades prácticas que se desenrolarán na clase xirarán básicamente entorno a tres aspectos:
- identificación de diversos tipos de documentos de arquivos que se presentarán ao alumno, sinalando se son simples, compostos etc.
- a clasificación, organización e descripción dun suposto fondo arquivístico, comezando pola elaboración dun cadro de clasificación para progresivamente ir descendendo a un maior nivel de particularización mediante a confección de inventarios e catálogos.
- tendo en conta os principios que rixen a clasificación dun arquivo, realización de comentarios sobre cadros de clasificación plantexados ao alumno quen deberá identificar as distintas agrupacións, diferenciando, de ser o caso, as naturais das artificiais, xustificando se son funcionais ou orgánicas, as posibles causas disto e tratando de explicar as razóns desta división.
- búsquedas documentais: ao alumno proporcionaríaselle os datos para a localización dun determinado documento (tipoloxía documental basicamente) e el mesmo tería que localizalo, indicando unha vez feito en que arquivo, fondo, sección e serie se conserva, presentando como xustificante para iso a signatura arquivística correspondente. Este tipo de actividades desenrolaranse preferentemente nun arquivo a fin de traballar con casos reais e facilitar a aprendizaxe por parte do alumno do manexo de diversos instrumentos de descripción.
Sistema de evaluaciónTanto a asistencia como o traballo persoal do alumno resultan claves para a superación desta materia. Polo que respecta a avaliación, os criterios que se terán en conta en todas as convocatorias, agás no caso que se reseñará ao final, son os seguintes:
- A asistencia a clase e participación voluntaria e activa na resolución dos exercicios plantexados na clase e no arquivo contabilizá ata un máximo 4 puntos (40% do total da nota global), tendo o alumno que obter unha puntuación mínima de 2 puntos para darse como superada.
- Polo que respecta ó exame, constará de duas partes: unha parte práctica na que se plantexará algún exercicio parecido aos vistos na clase e que será valorada cun máximo de 4 puntos e unha teórica valorada con 2 puntos e que consistirá en preguntas de resposta curta entorno á teoría vista na materia. Tales preguntas consistirán en cuestións que ao alumno lle fagan razonar para responder e amosar así se entendeu a teoría. O exame contabilizará 6 puntos (60% do total da nota global), pero será necesario que o alumno para poder contabilizar o resto de méritos (asistencia á clase e participación na resolución dos exercicios plantexados) supere o 40% do exame, é dicir, que acade unha puntuación mínima dun 4.
Para aqueles alumnos que non asistiran á clase de forma regular e non participaran na resolución dos exercicios, o único criterio de avaliación será o exame que suporá para eles o 100% da nota.
Aqueles outros alumnos repetidores desta materia ao ano seguinte de tela cursado, se teñen superada algunha parte dela no curso anterior, sexa a resolución dos exercicios ou do exame, soamente terán que examinarse da parte que non teñan superado.
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES PRESENCIAIS (os números indican o número de horas)
- Sesións expositivas: 18
- Sesións interactivas / de seminario / aula de informática: 30
- Sesións de tutoría programadas: 6
- Sesións de avaliación: 4
- Outras actividades: 2
- Total de actividade presencial: 60
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS (os números indican o número de horas)
- Estudo da materia: 40
- Preparación de actividades programadas na clase: 30
- Preparación de exames: 20
- Total de horas de actividade non presencial: 90
Recomendacións para o estudo da materiaAs recomendacións para a superación da materia baséanse na propia experiencia persoal do docente e resúmense no seguinte:
- asistencia continua ás clases para familiarizarse tanto coa terminoloxía como coa práctica na resolución das probas.
- repaso diario dos conceptos teóricos que se vaian explicando durante as sesións expositivas.
- confección dun caderno que se recolla a definición de determinados conceptos (serie, sección etc.).
- participación activa e voluntaria nas prácticas.
- acudir a tutorías sempre que haia dúbidas a fin de resolvelas.
Observacións1.1 Descripción da materia.
A asignatura á que se refire o presente programa, denominada “Técnicas de Tratamento da Documentación”, é unha materia obligatoria de duración catrimestral que se cursa no primeiro ciclo (2º curso) no primero cuatrimestre no Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural impartido na Facultade de Humanidades da USC sita no campus de Lugo. O número de créditos dos que consta é de 6 ECTS
1.2 Prerrequisitos
Dado que esta materia impártese no 2º curso do citado grao, soe ser tamén a primeira vez que os alumnos entran en contacto coa Arquivística. Como prerrequisito básico e esencial, establécese o saber leer e escribir pois calquera persoa pode chegar a entender os principios básicos desta disciplina. Polo que se refire ós prerrequisitos aconsellables, a súa aplicación na nosa materia queda moi minimizada, limitándose unicamente á denominación de certos elementos dentro da ciencia arquivística. Pese a isto insistiremos nestes termos para que o alumno os coñeza, empregue e saiba a que nos estamos referindo.
1.3 Profesor que imparte a materia e lingua na que vai ser impartida.
A docencia desta materia será impartida polo Profesor Dr. Gonzalo Francisco Fernández Suárez, na actualidade Profesor Contratado Doutor LOU do Departamento de Historia I, Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas intervencións na clase será o galego.
1.4 Horario e lugar das titorías.
As titorías desenvolveranse no seu despacho da Facultade de Humanidades, sito no primeiro andar do edificio, co número 129, os luns, mércores e xoves de 9:00h. a 11:00h. A elección destas horas ven propiciado polo feito de facelo coincidir cos días de clase e, deste xeito, evitar que os alumnos que residen fóra da cidade se teñan que desplazar a propósito por consultas titoriais outros días nos que non existe docencia na materia. Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo permitan. Neste caso será recomendable que o alumno se poña en contacto mediante teléfono, e-mail ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha cita.