Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101223 - Literatura Galega (Formación Humanística) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da historia da literatura galega centrado nas súas principais figuras, obras e movementos.

    Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega nos distintos períodos da súa historia e as diferenzas a respecto das literaturas do seu contorno.

    Proporcionar información complementaria sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega.

    Profundar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais da literatura galega.

    Entender a literatura como unha produción viva e dinámica, e comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.

    Contidos
    1. A literatura medieval

    - Contexto e cronoloxía
    - A cantiga de amigo
    - A cantiga de amor
    - A cantiga de escarnio e maldicer
    - As Cantigas de Santa María
    - A prosa

    2. Os Séculos Escuros e o Rexurdimento

    - Contexto e periodización
    - Principais manifestacións literarias dos Séculos Escuros
    - O Rexurdimento
    - A poesía: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal
    - A prosa: Antonio López Ferreiro, Marcial Valladares e Valentín Lamas Carvajal
    - O teatro

    3. O século XX: A literatura anterior á Guerra Civil

    - Os inicios do século
    - A Época Nós
    - A narrativa da Época Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao e Rafael Dieste
    - A Vangarda. Manuel Antonio e outras voces rupturistas
    - Ramón Cabanillas
    - O teatro

    4. A literatura da posguerra

    - Contexto: a fenda da Guerra Civil
    - A restauración do tecido cultural
    - A prosa: Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor, Xosé Neira Vilas
    - A poesía: principais correntes e figuras
    - O teatro

    5. A literatura posterior a 1975

    - O novo contexto político e cultural
    - A narrativa posterior a 1975
    - A poesía posterior a 1975
    - O teatro posterior a 1975
    - A literatura na actualidade

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA


    AA. VV., Historia da Literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996.

    Carballo Calero, R., Historia da literatura galega contemporánea, 1808-1936, Vigo: Galaxia, 1963 (3ª ed. 1981).

    Tarrío Varela, A., Literatura Galega (aportacións a unha historia critica), Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994.

    Vilavedra, D., Historia da literatura galega, Vigo: Galaxia, 1999.

    Villanueva Prieto, D. (coord.), Galicia. Literatura, 6 volumes, A Coruña: Hércules de Ediciones, 2000-2002.


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA*

    *Obras de consulta. A bibliografía específica de cada tema será indicada na Guía Docente.


    Brea, M. e P. Lorenzo Gradín, A cantiga de amigo. Vigo: Xerais, 1998.

    González-Millán, X., A narrativa galega actual (1975-84), Vigo, Xerais, 1996.

    Lanciani, G. e G. Tavani (coords.), Dicionário da literatura medieval galego-portuguesa. Lisboa: Caminho, 1993.

    Mariño, R. (ed.). Papés d’emprenta condenada: a escrita galega entre 1797 e 1846. Santiago: Consello da Cultura Galega, 2008. Tamén dispoñíbel en http://consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=69

    Méndez Ferrín, X. L., De Pondal a Novoneyra. Vigo, Xerais, 1984 (2ª ed. 1990)

    Mato Fondo, M. A. (1991): A mazá e a cinza (a poesía galega após 1976), Pontevedra: Ediciós do Cumio.

    Oliveira, A. Resende de, Trobadores e xograres. Contexto histórico. Vigo: Xerais, 1995.

    Raña, R., A noite nas palabras. Unha aproximación á poesía galega de posguerra. Santiago, Sotelo Blanco, 1996.

    Tavani, G., A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo: Galaxia, 1986.
    Vieites, Manuel (coord.), Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-95). Vigo, Xerais, 1998.

    Vieties, M. (coord.), Cento vinte e cinco anos de teatro en Galicia. Vigo, Galaxia, 2007.

    Vilavedra, D. (coord.), Diccionario de literatura galega, 3 volumes: I. Autores; II. Pubicacións periódicas; e III. Obras, Vigo: Galaxia, 1995-2000.

    Vilavedra, D., A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica desde 2010. Vigo: Galaxia, 2011.

    Villares, R., Historia de Galicia. Vigo: Galaxia, 2004.

    Recursos na rede:

    Base de datos da lírica profana galego-portuguesa (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), www.cirp.es

    Biblioteca Virtural Galega, www.bvg.udc.es

    Dicionario de termos literarios. Equipo Glifo. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, www.cirp.es

    Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP / Consello da Cultura Galega, www. poesiagalega.org



    Competencias
    Coñecemento da evolución da literatura galega.

    Comprensión das particularidades que caracterizan o discurso literario galego.

    Coñecemento dos textos máis representativos da literatura galega.

    Lectura e análise de textos.

    Coñecemento das principais claves da literatura galega actual

    Habilidade no uso das novas tecnoloxías

    Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación


    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas estarán dedicadas á explicación de contidos fundamentais da materia. Apoiaranse en lecturas de textos e presentacións en powerpoint.

    As sesións de seminario dedicaranse á discusión e análise de textos de diverso tipo (creación, paratextos, estudos críticos, recensións...) e a pequenas exposicións levadas a cabo polo alumnado.

    As titorías programadas teñen carácter obrigatorio e dedicaránse a facer un seguimento do alumnado con especial atención ás actividades que están a realizar.

    As actividades consistirán na elaboración de temas, comentarios de texto e pequenas investigacións sempre dirixidas. Distribuiranse a través da aula virtual (plataforma Moodle) e entregaranse por correo electrónico nun calendario que se dará a coñecer no seu momento. Cada estudante deberá enviar, unha vez rematadas as clases e como moi tarde o día do exame, un único documento electrónico coa versión definitiva das actividades realizadas logo de incorporar as correccións feitas pola profesora.

    As lecturas obrigatorias detallaranse na guía docente que se entregará ao alumnado ao comezo do curso e distribuiránse a través da plataforma Moodle.

    Ao inicio de cada tema entregarase un guión de traballo no que figuren os contidos que se van desenvolver, así como unha bibliografía específica. Esta información, xunto con materiais de traballo (escolmas de textos e lecturas complementarias) serán incorporaras á plataforma Moodle, que se utilizará como repostorio na materia.

    Sistema de evaluación
    Avaliación levarase a cabo de maneira continua conforme o sistema que se explica a continuación:

    A avaliación levarase a cabo conforme os seguintes parámetros:
    1. Asistencia e participación do alumnado nas sesións de clase. Suporá un 20% da cualificación final.
    2. Realización en prazo das actividades propostas a través da aula virtual (plataforma Moodle). Suporá un 30% da nota final.
    3. Realización dunha proba escrita. Suporá un 50% da nota final.

    Na convocatoria de xullo, o alumnado que asistise con regularidade á clase e realizase os traballos propostos no punto 2, poderá solicitar que lle sexan tidos en conta na porcentaxe sinalada máis arriba. Esta posibilidade non será válida para convocatorias sucesivas.

    O alumnado que non poida ser avaliado conforme os puntos 1 e 2 deberá realizar unha proba escrita cuxo valor suporá o 100% da cualificación final.

    As faltas de asistencia ocasionais poderán ser compensadas con actividades complementarias acordadas coa profesora.

    As probas escritas deberán ser realizadas nas datas oficiais sinaladas no calendario de exames e consistirán na elaboración dun ou varios temas a partir dun material de apoio proporcionado pola profesora.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Sesións expositivas: 24

    - Sesións interactivas ou de seminario: 25

    - Sesións de titoría programada: 3

    - Sesións da avaliación: 3

    - Horas de traballo dirixido: 21

    - Horas de traballo autónomo: 75