G5101227 - Historia Contemporánea (Formación Humanística) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Historia Contemporánea
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAnálise e comprensión dos conceptos básicos, contidos fundamentais -políticos, económicos, sociais e culturais- e liñas de evolución da historia universal dende a crise do Antigo Réxime ata a Segunda Guerra Mundial.
Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador.
Contidos. A crise do Antigo Réxime e a dobre revolución: a Revolución Indiustrial. a Revolución Francesa.
. Reacción e revolución, 1815-1848.
. A construcción nacional, 1848-1878.
. A sociedade de clase e o movimento obreiro.
. As transformacións técnicas, económicas e sociais, 1850-1914.
. A expansión europea e o imperialismo.
. As relacións internacionais, 1871-1914.
. A Gran Guerra (1914-1918) e a nova configuración mundial.
. A Revolución Rusa e o nacimento da URSS.
. O período de entreguerras: as consecuencias políticas, sociais e económicas da paz. A Gran Depresión e as salidas á crise.
. A crise das democracias parlamentarias e a irrupción dos Fascismos.
. O fracaso da seguridade colectiva e a Segunda Guerra Mundial.
Bibliografía básica e complementariaMANUAIS E BIBLIOGRAFIA BASICA
ALDCROFT,E D.H., Historia de la economía europea, 1880-1900, Barcelona, Crítica, 1997.
ARTOLA, M. y PEREZ LEDESMA, M., Contemporánea. La historia desde 1776, Madrid, Alianza, 1996
CARPENTIER,J. y LEBRUN, F. (dirs.): Breve historia de Europa, Madrid, Alianza, 1994.
DELFAUD, P. y GUILLAUME, L., Nueva historia económica de la Europa Moderna (siglos XIX-XX), Barcelona, Vicens Vives, 1980.
COK, C. y STEVENSON, J., Guia de historia contemporánea de Europa, Madrid, Alianza, 1994
DIEGO (DE), E. (coord.), Historia del mundo contempoáaneo, Madrid, Actas, 1994
FERNANDEZ, A., Historia Universal. Edad Contemporánea, Barcelona, Vicens Vives, 1990.
HEFFER, J. y SERMAN, W., De las revoluciones a los imperialismos, Madrid, Akal, 1989.
HOBSBAWM, E.J., La era de la revolucion,1789-1848, Barcelona, Critica, 1997.
HOBSBAWM, E.J., La era del capitalismo, 1848-1875, Barcelona, Crítica, 1997
HOBSBAWM, E.J., La era del Imperio, 1875-1914, Barcelona, Crítica, !997.
HOBSBAWN, E.J., Naciones y nacionalismo desde 1870, Barcelona, Crítica, 1991.
HOBSBAWN, E.J., El siglo XX, Barcelona, Cíitica, 1995.
LACOMBA, J.A., Historia Contemporánea, Barcelona, Alhambra, 1982.
LESOURD, J.A. y GERARD, C., Historia económica mundial (Moderna y contemporanea), Barcelona, Vicens Vives, 1983.
MARTINEZ CARRERAS, J.U., Introducción a la historia contemporánea, Madrid, Istmo, 1996.
MORALES LEZCANO, V. ( et al.), Historia Universal Contemporánea. Guía de estudio. Madrid, Centro de Estudio Ramon Areces, 1995.
NOUSCHI, M., Historia del sigloXX. Todos los mundos, el mundo, Madrid, Catedra, 1996
PALMER, R. y COLTON, J., Historia Contemporánea, Madrid, Akal, 1980.
PAREDES, J. Historia Universal Contempoáanea, Barcelona, Ariel, 2004Contemporanea, Madrid, Actas, 1990.
VILLANI, R., La edad contemporánea, 1800-1914, Barcelona, Ariel, 1996.
VILLARES, R., BAHAMONDE, A., El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid, Taurus, 2001.
CompetenciasCOMPETENCIAS ESPECIFICAS:
. Dominio e correcta comprensión dos conceptos e o vocabulario histórico.
. Capacidade de síntese e análise crítico.
. Capacidade de presentar de forma oral e escrita os temas e problemas obxecto de estudo.
. Dominio da bibliografía básica sobre a materia.
. Capacidade de búsqueda, valoración e critica de fontes bibliográficas, documentais, audiovisuais, etc. de cara á realización de traballos históricos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
. Localizar e seleccionar de forma crítica a información que se precise a nivel de bibliografía e material de apoio.
. Elaborar con rigor un traballo de síntese bibliografica ou recensión histórica.
. Acadar una correcta, lóxica e ordenada exposición oral e escrita.
. Organizarse e traballar en grupo.
Metodoloxía da ensinanza CLASES TEORICAS :
1. Explicación pola profesora dos contidos básicos e introducción aos temas propostos no programa da asignatura. Actividade presencial na aula.
2. Presentación do material de apoio e bibliografía específica que sirva para complementar a exposición teórica.
CLASES PRACTICAS PRESENCIAIS:
1. Exposición oral por parte do alumnado dos traballos referidos a calquera dos apartados do tema obxecto de estudo.
2. Debate crítico e razoado sobre as conclusións obtidas.
3. Tanto as exposicións orais como o debate razoado servirán para valorar o nivel de lectura, análise, comprensión e exposición acadado polo alumno.
4. A elaboración por escrito destas exposicións orais será condición indispensable, valorándose a craridade nos conceptos, o dominio do vocabulario, a capacidade de síntese, o uso corecto das citas e bibliografía, etc.
TUTORIZACION PERSONALIZADA:
Adicada a orientar ao alumnado de cara á elaboración dos traballos realizados.
Sistema de evaluación1.- A ASISTENCIA ás aulas é OBRIGATORIA. Trátase dun sistema de AVALIACION CONTINUA. Polo tanto, una ausencia superior ó 20% imposibilitará a avaliación do alumno. As ausencias deberán xustificarse.
Ao marxe da elaboración de traballo/exame final, avaliaráse o TRABALLLO DIARIO que o alumno faga en relación co desenvolvemento das sesións teóricas e prácticas: lectura crítica da bibliografía básica e específica, presentación oral e por escrito dos traballos correspondentes e as intervencións razoadas nos debates de aula.
2.- En base a este criterios a CUALIFICACION FINAL obtense de:
A.- (40% da nota)
. Asistencia e participación activa nas sesións presenciais teóricas e prácticas.
. Exposición oral dos traballos correspondentes, nos que avaliarase tanto o nivel de contidos acadados como os recursos didácticos empregados.
. A exposición na data acordada será un requisito indispensable.
B.- (30% da nota)
. Elaboración por escrito destas exposicións.
. A entrega puntual dos traballos será un requisito indispensable.
C.- (30% da nota)
Segundo a evolución do curso - nivel de contidos acadado, nivel das exposicións orais e traballos escritos, uso de material didáctico e de apoio, bibliografía empregada, tec.- optaráse por:
- Exame final dos temas traballados na aula.
- Un traballo final de sintese histórica , individual ou en grupo en base a bibliografía específica ou unha recensión /traballo escrito sobre unha mono.grafía que se considere de interese para a comprensión global da materia
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES PRESENCIAIS:
Sesións expositivas: 24 h.
Sesións interactivas: 24 h.
Sesións tutoria programadas: 6 h.
Sesións de avaliación: 4.h.
Outras actividades: 2h.
Total horas actividad presencial: 60
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS:
Estudio e preparacion de actividades programadas en clase: 30 h.
Realizacion de traballos de diverso tipo: 20h.
Lecturas: 20 h.
Preparacion de traballos finais/ examen final: 20 h.
Total horas de actividade non presencial: 90
Recomendacións para o estudo da materia. Asistencia ás sesións presenciais.
. Participacion activa en ditas sesións como método de adquisicón de contidos, resolucion de dubidas ou conflictos no apreendizaxe da materia.
. Lectura previa ás sesións expositivas de manuais ou bibliografia básica.
. Utilización de bibliografia xeral e especifica para a realizacóon de traballos.
. Consulta de atlas históricos e diccionarios de térmos históricos.
. Especial atención e cuidado á exposición oral -obxectivos básicos,contidos craros e recursos didácticos- e escrita - redaccion, citas, bibliografia utilizada, etc.-.