G5101228 - Filosofía e Crítica da Cultura (Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1) Proporcionar os recursos conceptuais básicos para unha aproximación xeral á noción de CULTURA a través da reflexión de grandes pensadores e autores literarios (Platón, Pico Della Mirandola, Lessing, Kant, Hegel, Marx, Freud, Horkheimer-Adorno, Marcuse, Fromm, etc.).
2) Achegarse á orixe e ao desenvolvemento histórico da FILOSOFIA DA CULTURA no contexto do debate entre ciencias humanas e ciencias naturais que se produceu no s. XIX, prestando unha atención especial á obra de Ernst Cassirer.
3) Dotar aos alumnos da capacidade de REFLEXION CRITICA sobre a cultura nas condicións actuais (sociedade industrial, capitalismo avanzado, globalización).
4) Reavivar o interés pola tradición do HUMANISMO e do COSMOPOLITISMO.
5) Dotar aos alumnos para a reflexión sobre a INTERCULTURALIDADE
Contidos1) Da reflexión filosófica encol da cultura ao xurdimento dunha 'filosofía da cultura'..
1.1. O debate physis-nomos na Grecia antiga.
1.2. A 'filosofía da cultura' como 'filosofía primeira',
1.3. Distintas acepcións do termo 'cultura'.
2) A condición humana e o binomio natureza-cultura.
2.1. A naturaza e o horizonte da polis: análise do mito de Prometeo e Epimeteo (Platón: O sofista).
2.2. O problema da liberdade: Pico Della Mirandola, Kant.
2.3. Perspectivas contemporáneas. insuficiencia biolóxica e 'mundo' (Scheler, Gehlen).
3) Necesidade e continxencia: cultura e culturas..
3.1. Elementos universais da cultura e diversidade cultural.
3.2. Etnocentrismo, relativismo cultural e pluralismo.
3.3. Cosmopolitisomo no horizonte da globalización.
4) Crítica da cultura e cambio cultural.
4.1. Platón: educación e xustiza política.
4.2. Kant: estado de dereito e humanización.
4.3. Escola de Frankfurt: crítica e utopía negativa.
Na asignatura reflexionaremos sobre estes temas tomando como referencia inicial os seguintes textos:
Platón: O sofista.
Pico: O discurso sobre a dignidade humana.
Lessing: Nathan o sabio.
Kant: Ideas para unha historia universal en clave cosmopolita. A paz perpétua.
Fromm: Manifesto humanista.
Bibliografía básica e complementariaA bibliografía presentada aquí ten un carácter meramente orientativo. Non hai ningún libro que poda ser considerado 'de texto'. Deberase prestar atención primordialmente ós fragmentos escollidos para as exposicións na aula ao longo do curso. Seguindo o fío de cada un dos temas a profesora fará ulteriores indicacions bibliográficas específicas.
Para unha primeira aproximación a este temario considéranse pasaxes das seguintes obras:
Bouche Peris, H. et. al.: Antropología de la educación, ed. Síntesis, Madrid: 2008.
Cassirer: Antropología Filosófica. Introducción a una filosofía de la cultura ed. F.C.E., México: 1945; Las ciencias de la cultura, F.C.E., México: 1975.
Calvo Martínez, T.: De los sofistas a Platón: política y pensamiento, Cincel, Madrid: 1986.
Fromm: Un nuevo humanismo como condición para el mundo uno. Manifesto humanista, en El humanismo como utopía real. LA fe en el hombre, ed. Paidós, Barcelona: 1992, pp. 69-89 y 109-113.
Kant: Ideas para una historia universal en clave cosmopolita, en Ideas para una historia universal en clave cosmopolita y otros escritos sobre Filosofía de la Historia, Tecnos, Madrid: 1987, pp: 17-31.
Lessing: Nathan el sabio, ed. Anthropos, Barcelona: 2008.
Llinares-Sánchez Durá (eds.), Ensayos de filosofía de la cultura. Madrid, Editorial Biblioteca Nueva, 2002.
Pico: De la dignidad del hombre, Editora Nacional, Madrid: 1984.
Platón: El sofista, en Obras completas, ed. Aguilar, Madrid: 1969.
Competencias- Desenvolvemento da capacidade para identificar os PROBLEMAS fundamentais abordados tradicionalmente pola filosofía da cultura e pola tradición da filosofía humanística, do cosmopolitismo e da filosofía crítica.
- Familiarización cos CONCEPTOS fundamentais nos que se artellaron ditos problemas a partir dos TEXTOS FONTES e dos contextos nos que os sitúa cada AUTOR.
- Desenvolvemento dun PUNTO DE VISTA REFLEXIVO E CRÍTICO en relación coa situación do ser humán no momento actual e no contexto da denominada GLOBALIZACIÓN.
En relación coas competencias propias da titulación, nesta asignatura adicarase especial atención a: 1G, 2G, 3G, 4G, 5G, T2, E2, E3, E5, E6 (cf. http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G5101_CC
_Cultura_2010_11_def.pdf)
Metodoloxía da ensinanza Mais aló da mera actividade de reproducción memorística e pasiva de coñecementos o estudio universitario debe estar oa servicio da adquisición e/ou fortalecemento dos hábitos intelectuais da lectura, o estudio e a organización da información. As horas de clase teñen unha finalidade primordialmente didáctica. A actitude activa e participativa por parte do alumnado en forma de preguntas, comentarios etc., será sempre benvida e repercutirá positivamente sobre a cualificación final. Un recurso didáctico fundamental da asignatura é o COMENTARIO E/OU A EXPOSICION DE TEXTOS. As horas interactivas adicaranse fundamentalmente a esta actividade. O alumnado recibirá periódicamente indicacions acerca de aqueles fragmentos de textos fontes cos que se vai traballar na clase. Periódicamente introduciranse tutorías programadas en grupos. Haberá unha sesión de titoría programada para cada tema en grupos de non mais de dez alumnos/as. A súa finalidade é guiar o traballo autónomo do alumno/ae averiguar onde se atopan as principias dificultades para o seguimento da asignatura e consecución dos seus obxectivos. En xeral, tratándose dunha asignatura de 'filosofía' tenderá a valorarse especialmente a capacidade para desenvolver argumentos con rigor, precisión e claridade conceptual.
Sistema de evaluaciónNa convocatoria de xuño a avaliación realizarase atendendo aos tres aspectos seguintes:
ASISTENCIA (VALOR: 10 % DA NOTA), realizarase en cada sesión control da mesma mediante folla de sinaturas.
PARTICIPACION (VALOR: 30 % DA NOTA) realizarase avaliación continua mediante observacións e notas da profesora. Parte importante da cualificación por participación corresponde aos traballos de comentario de texto que se deben entregar en datas das que se informará aos alumnos/as no seu momento. Deberanse entregar un total de 4 comentarios de texto (correspondentes a autores tratados nos temas).
EXAME ESCRITO (VALOR: 60 % DA NOTA) éste constará de dúas preguntas teóricas e unha parte práctica consistente nun comentario de texto (sobre algúns dos textos traballados previamente na aula). O tempo dispoñible para a realización deste exame é de tres horas. O exame realizarase ao remate do cuatrimestre na data fixada pola Secretaría do Centro.
A avaliación de xullo realizarase exclusivamente mediante un exame teórico-práctico similar ao da convocatoria anterior, consistente por tanto nuhna parte teórica (duas preguntas) e unha parte práctica (comentario de texto). O exame realizarase na data fixada previamente pola Secretaría do Centro no mes de xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalDependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, fichas, etc.