Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101229 - Historia da Arte I (Formación Humanística) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte
  • Áreas: Historia da Arte
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Goy Diz, Ana.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Introducir ao alumno no estudo das principais manifestacións artísticas que se produciron ao longo da Antigüedade e da Edade Media como unha linguaxe expresiva das búsquedas e inquedanzas da sociedade.
    Facer co alumno descubra os distintos enfoques e as diferentes metodoloxías que permiten a comprensión da obra de arte.
    Introducir ao alumno na análise e interpretación das fontes documentais e literarias propias da Historia da Arte para comprender globalmente a obra.
    Comprender conceptos básicos da historia da arte

    Contidos
    24 Sesiones expositivas:
    Ses. 1.- Historia do arte. Concepto, fontes e método
    Ses. 2.- A arte mesopotámica
    Ses. 3.- A arte exipcia
    Ses. 4.- As culturas prehelénicas
    Ses. 5-6.- A arte grega
    Ses. 7-8.- A arte romana
    Ses. 9.- A arte paleocristiá
    Ses. 10.- A arte das invasións
    Ses 11.- A arte bizantina
    Ses 12.- A arte visigoda
    Ses. 13.- A arte musulmana na península Ibérica
    Ses. 14.- A arte da repoblación en España
    Ses. 15-16.- Fundamentos da arquitectura e das artes plásticas no románico.
    Ses. 17.- A arte de Cluny e a súa influencia na peregrinación
    Ses. 18.- Escolas do románico europeo
    Ses. 19.- As artes plásticas do románico
    Ses. 20-21.- Fundamentos da arquitectura e das artes plásticas no gótico.
    Ses. 22.- O arte do 1200. Gótico clásico e o Gótico Radiante.
    Ses. 23.- As órdenes mendicantes
    Ses. 24.- As artes plásticas do gótico.

    24 Sesiones interactivas:
    - Clasificación, análise e comentario das obras máis representativas dos distintos estilos artísticos
    - Estudo de textos seleccionados de literatura artística (fontes, crítica de arte, ensaios, etc.)
    - Análise e comentario de vídeos e doutros materias audiovisuais

    Bibliografía básica e complementaria
    - Manual de apoio:
    -RAMÍREZ, J.A., Historia del Arte, Madrid, Alianza, 1997.
    - Bibliografía básica:
    - BANGO TORVISO, I., y ABAD, C., Arte Medieval I, Madrid, 1996.
    - BANGO TORVISO, I., y BORRÁS, G., Arte bizantino y arte del Islam. Madrid, 1996
    - BENDALA GALÁN, M. y LÓPEZ GRANDE, M.J., El arte egipcio y del Próximo Oriente. Madrid, 1996
    - BLANCO FREIJEIRO, A. (coord.), Historia del Arte, Madrid, Historia 16, 1989.
    - BORRÁS, G., Teoría del Arte I, Madrid, 1996
    - DUBY, G., La época de las catedrales. Arte y sociedad, 980-1420. Madrid, Cátedra, 1995.
    - ELVIRA BARBA, M., Arte Clásico, Madrid, 1996
    - FRANKFORT, H., Arte y arquitectura del Oriente Antiguo. Madrid, Cátedra, 1996.
    - FRANKL, P., Arquitectura gótica. Madrid, Cátedra, 2002.
    - GRABAR, O., Arte y arquitectura del Islam, 650-1250. Madrid, Cátedra, 2000.
    - GRABAR, O., La formación del arte islámico. Madrid, Cátedra, 1988.
    - KOEPT, H., La arquitectura en sus planos. Madrid, 2001.
    - KRAUTHEIMER, H., La arquitectura paleocristiana y bizantina. Madrid, Cátedra, 2005.
    - LASKO,P.A., Arte Sacro, 800-1200. Madrid, Cátedra, 1999.
    - PORRAS GIL, C. Arte islámico, Madrid, Madrid : Creaciones Vincent Gabrielle, 2010
    - REVILLA, F., Diccionario de iconografía y simbología. Madrid, Cátedra, 2007.
    - ROBERTSON, D. S., Arquitectura griega y romana. Madrid, Cátedra, 1985.
    - SMITH, W.S., Arte y arquitectura en el Antiguo Egipto. Madrid, Cátedra, 2000.
    - WILLIAMSON, P., Escultura gótica, 1140-1300. Madrid, Cátedra, 1997.
    - YARZA, J. y MELERO, M., Arte Medieval II, Madrid, 1996.
    - YARZA, J., Fuentes de la Historia del Arte I, Madrid, 1997.

    Competencias
    1. Dominio das liñas xerais da evolución histórica da Arte.
    2. Comprensión dos elementos fundamentais que interveñen no feito artístico
    3. Capacidade para ler, analizar e interpretar unha obra de arte.
    4. Recoñecemento tipolóxico dunha obra de arte.
    5. Aplicación das tipoloxías e da linguaxe artística.

    Metodoloxía da ensinanza
    Esta desenvolverase en 24 sesiones expositivas e 24 sesiones interactivas nos horarios establecidos polo centro, onde se explicarán os temas do programa co apoio continuo de imaxes e textos que ilustren o discurso. As clases expositivas complementaranse con clases interactivas nas que se propondrán exercicios de análise de obras claves representativas da Historia da arte, o que lle permitirá ao alumno adquirir experiencia na avaliación e correspondencia entre o pensamento teórico e a expresión formal da arte.
    As actividades das sesiones interactivas que se poderán realizar son as seguintes:
    1.- Nas clases interactivas o alumno participará no comentario de obras de arte que deberán preparar de antemano coa axuda do material proporcionado polo profesor.
    2.- Presentación e a discusión dun traballo realizado en grupo, que se entreagara por escrito o día do examen.
    3.- Realización de seminarios nos que o alumnado deberá participar na discusión sobre o contidos das lecturas recomendadas pola profesora
    4.- Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, da elaboración do traballo.
    5.- Realización de prácticas de campo, para visitar un monumumento o analizar manuscritos custodiados en arquivos ou bibliotecas

    Sistema de evaluación
    Como a aprendizaxe dunha materia é un proceso que se inicia ao comezo do curso e non conclúe ata o seu remate, proponse un sistema de avaliación continua no que se valorarán as aptitudes e actitudes desenvolvidas polo alumno durante o período lectivo, o que lle permitirá ao profesor contar con máis elementos de referencia para avaliar a cada un dos seus alumnos. O sistema de avaliación baséase en cuestións obxectivas que o alumnado coñecerá de antemán:
    a) asistencia e participación nas clases teóricas, seminarios e outras actividades complementarias
    b) realización de prácticas e traballos
    c) presentación de traballos relacionados co contido da materia
    d) probas periódicas parciais (con indicación das datas) e/ou finais
    e) outras actividades específicas que tamén garanten a avaliación obxectiva do rendemento do estudante

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e de traballo personal que debe dedicar o alumnado para superar a materia podese divir deste xeito:
    Para o estudio autónomo individual ou en grupo 60 horas
    Para lecturas recomendadas, actividades de biblioteca e similar 25 horas
    Para a preparación de seminarios orales, debates e similares 8 horas
    Para outras tarefas propostas polo profesor 7 horas
    Total de horas de traballo persoal 100 horas
    Total de horas de traballo presencian na aula do alumno/a 50 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    1. Preparación complementaria da materia impartida na aula a través da bibliografía.
    2 Lectura detida dos textos recomendados.
    3. Coñecemento doutras linguas
    4. Utilización das horas de titorías.