Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101346 - Lingua Española no ámbito socio-institucional (Formación Humanística) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lingua Española
  • Áreas: Lingua Española
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CAMPOS SOUTO, MARIA DO MAR.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1) Estimular o debate e as capacidades intelectivas mediante aa resolución de casos.
    2) Adquirir as destrezas precisas para a expresión correcta en español no ámbito socio-institucional.
    3) Recoñecer e caracterizar a unidade texto e os principais tipos de textos do ámbito socio-institucional.

    Contidos
    Tema 1: Español correcto e gramática normativa: Recursos.
    Tema 2: O texto.
    2.1. A unidade texto.
    2.2. A organización da información no texto.
    Tema 3: Os textos do ámbito político.
    Tema 4: Os textos xornalísticos.
    Tema 5: Os textos publicitarios.
    Tema 6: Os textos xurídicos e administrativos.
    Tema 7: Os textos do mundo da economía e os negocios.

    Bibliografía básica e complementaria
    ÁLVAREZ, M. (1995). Tipos de escrito, III: Epistolar, administrativo y jurídico, Madrid, Arco/Libros.
    ÁLVAREZ, M. (1997). Tipos de escrito, IV: Escritos comerciales, Madrid, Arco/Libros.
    CASTELLÓN ALCALÁ, H. (2000): Los textos administrativos, Madrid, Arco/Libros.
    FERNÁNDEZ LAGUNILLA, Marina (1999): La lengua en la comunicación política, I y II, Madrid, Arco/libros.
    FERRAZ MARTÍNEZ, Antonio (1993): El lenguaje de la publicidad, Madrid, Arco/Libros.
    ROMERO GUALDA, M. Victoria (1993): El español en los medios de comunicación, Madrid, Arco/Libros.

    Competencias
    Ao cursar esta materia, os estudantes poderán adquirir os coñecementos esenciais para afianzar o uso correcto do español no ámbito socio-institucional. Con ese fin, desenvolverá a capacidade de manexar diversos recursos bibliográficos (manuais de estilo, dicionarios de dúbidas, etc.), así como outras ferramentas accesibles na rede. Asemade, o estudante poderá recoñecer as características esenciais da unidade “texto” e as propriedades que diferencian os tipos de texto máis habituais neste eido. A análise dos textos permitirá, por outra banda, que o alumnado desenvolva un sentido crítico para aproximarse a este tipo de produtos lingüistico-culturais.
    Metodoloxía da ensinanza
    O curso ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica. Dedicarase unha hora e media de clase semanal a explicacións da profesora (sesións expositivas) e media hora semanal á resolución e comentario de exercicios ou casos (sesións interactivas).
    Sistema de evaluación
    1. Procedemento seguido na oportunidade ‘ordinaria’
    Poderán seguir este procedemento os estudantes que acrediten, como mínimo, unha porcentaxe do 80% de asistencia ás aulas. A avaliación será continuada e terá en conta a resolución dunha serie de exercicios e a dun exame final. Os exercicios consistirán nunha serie de probas de tipo práctico (cuxo fin será o seguimento continuado e progresivo do traballo do alumno ao longo do curso), que suporá un 40% da cualificación da material. Ao exame final corresponderalle un 60%.
    2. Procedemento seguido na oportunidade ‘extraordinaria de recuperación’
    Haberá un exame referido á totalidade dos contidos do programa.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    As actividades non presenciais ocuparán ao alumno 80,5 horas de traballo, o que sumado ás 32 horas de traballo na aula supón 112,5 horas, equivalentes a 4,5 créditos ECTS.
    Observacións
    Requisito previo para cursar esta materia:
    Dominio instrumental avanzado da lingua española (en alumnos non nativos esixirase nivel de español B2).