Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101347 - Lingua Galega no ámbito socio-institucional (Formación Humanística) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Coñecer as variedades sociais do galego, estudar as súas características e reflexionar sobre a súa adecuación.
    -Recoñecer, a partir de textos diversos, as características que distinguen os dous planos da variación diamésica (oral e escrita) e analizar os seus trazos desde o punto de vista fonético, morfosintáctico e léxico.
    -Analizar os usos e os modelos orais no galego actual, con especial atención ó discurso público.
    -Consolidar o coñecemento do estándar escrito e analizar os usos errados máis relevantes que persisten nos textos escritos dos distintos ámbitos sociais.
    - Coñecer ferramentas e recursos ós que poder acudir para a resolución de dúbidas, para a ampliación de coñecementos ou para a obtención de datos de cara á reflexión lingüística.
    - Conseguir unha expresión oral e escrita espontánea, fluída e correcta.
    -Fomentar unha actitude crítica fronte ás cuestións socilongüísticas.

    Contidos
    1. A lingua galega na sociedade. Diversidade lingüística vs. homoxeneidade. A variación social no galego actual. A lingua estándar como referente na esfera pública.

    2. A lingua estándar. Formación do estándar lingüístico galego. Estándar escrito e estándar oral.

    3. A comunicación oral: características. Características específicas da lingua oral: aspectos fonéticos, gramaticais e textuais. A lingua falada nos espazos públicos de uso.

    4. A comunicación escrita: características. Características específicas da lingua escrita: aspectos ortográficos, gramaticais, léxicos e textuais. Principais erros de ortografía, morfoloxía, sintaxe e léxico detectados no uso da lingua galega nos diversos ámbitos: político, xurídico-administrativo, publicitario, peridístico, etc.

    Bibliografía básica e complementaria
    ÁLVAREZ, R. e XOVE, X. (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    CASTELLÀ LIDON, Josep M. (2004): Oralitat i escriptura: dues cares de la complexitat del llenguatge. Barcelona: Publicacións de l’Abadia de Montserrat.
    DUBERT GARCÍA, F. (2002): "Os sociolectos galegos", en Cadernos da lingua, nº 24. Pp.5-27. A Coruña: Real Academia Galega.
    FERNÁNDEZ REI, F. (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.
    FERNÁNDEZ REI, F. e HERMIDA GULÍAS, C. (ed.) (2003): A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. [Inclúe 3 CD-Rom. A 1ª edición (1996) inclúe 3 casetes].
    FERNÁNDEZ REI, F. (coord.) (2012): Arquivo do Galego Oral (AGO), en http://ilg.usc.es/ago.
    GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. e SANTAMARINA FERNÁNDEZ, A. (coords.) Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega, 2004.
    GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. (2008): “O novo galego urbano”, en BREA, M. /FERNÁNDEZ REI, F /REGUEIRA, X.L: (editores): Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Pp. 363-374.Santiago de Compostela: USC.
    HERMIDA GULÍAS, C. (2004): Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
    INSTITUTO DA LINGUA GALEGA / REAL ACADEMIA GALEGA: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. ILG-RAG [18ª edición].
    http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf
    http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/docs/normativa.pdf
    http://www.realacademiagalega.org/recursos
    REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
    REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (2005) “Estándar oral”, en R. Álvarez / H. Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, pp. 69-96. Dispoñible en http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/norma_lingua.pdf
    REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L (1999) “Estándar oral e variación social”, en ÁLVAREZ, R. e VILAVEDRA, D (editores): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. T. I. Pp. 855-875. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
    REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (2012): Oralidade: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega.



    Dicionarios:
    CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. 2 Volumes. Vigo: Xerais.
    CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (20118): Dicionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.
    FERNÁNDEZ SALGADO, B, (dir) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    RAG (1997); Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña.
    RAG, Dicionario da lingua galega, en http://www.realacademiagalega.org/dicionario
    REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (coord.) (2012): Dicionario de pronuncia da lingua galega, Instituto da Lingua Galega–Real Academia Galega en http://ilg.usc.es/pronuncia.
    http://www.realacademiagalega.org/recursos.


    Competencias
    -Identificar as características que distinguen a lingua oral fronte á escrita e os distintos rexistros lingüísticos.

    -Distinguir os textos galegos polas súas características específicas.

    -Ser capaz de elaborar un discurso coherente e cohesionado que responda ás características do código normativo galego e ós seus trazos fónicos e prosódicos.

    -Demostrar capacidade para buscar e atopar solucións a distintas cuestións lingüísticas a través de diferentes recursos (dicionarios, gramáticas, informacion na rede...)

    - Demostrar a súa creatividade e os seus estándares de calidade na realización dos seus traballos individuais e na súa exposición pública.

    - Ter consciencia da realidade sociolingüística de Galicia.

    - Demostrar que coñece a bibliografía básica da materia, e que manexou as fontes fundamentais da lingua oral e as obras lexicográficas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Os tipos de actividades que se realizarán son os seguintes:

    -Sesións expositivas. Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos que fundamentan os contidos da materia, con especial atención a aqueles que supoñan unha maior dificultade de comprensión. A explicación da profesora apoiarase con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos.

    -Sesións de seminario. Traballaranse de forma aplicada algúns dos contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo. Todas estas tarefas estarán guiadas e supervisadas pola profesora. As lecturas e traballos que se encarguen son de realización obrigatoria.

    -Titorías personalizadas. Como o resto das actividades serán de asistencia obrigatoria, dentro das posibilidades docentes. O horario será fixado por acordo entre a profesora e o alumnado. Dedicaranse a facer un seguimento do traballo do alumno e moi especialmente dos traballos de curso que estea a realizar.

    -Actividades do curso. Trátase de exercicios, traballos, exposicións, comentarios... etc. de carácter obrigatorio que serán recollidos pola profesora. Algúns deles terán carácter non presencial e deberán ser entregados nas datas que no seu momento se indiquen.

    - Lecturas. Ó longo do curso a profesora encargará unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non presenciais. É un elemento fundamental e sobre elas traballarase posteriormente nas sesións presenciais.

    O alumnado gardará nunha carpeta ou cartafol todos os exercicios e actividades realizadas ó longo do cuadrimestre, organizado de maneira ordenada. Non se incluirá o material teórico, apuntamentos, lecturas propostas e todo aquilo que non consista en traballo persoal. Esta carpeta do alumno será entregada ó final do cuadrimestre, en data que indicará a profesora, e será tida en conta na avaliación final.

    Combinaranse clases teóricas e clases prácticas, desenvolveranse seminarios, haberá titorías personalizadas e fomentarase o estudo autónomo do alumnado coas lecturas da bibliografía recomendada en cada caso, os traballos prácticos e as recensións.

    •Ademais, a profesora ten fixado un horario de titorías de 6 horas semanais no que se atenderá calquera incidencia, problema ou dúbida relacionada coa materia.


    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación basearase nos seguintes criterios:

    - Asistencia e participación activa nas sesións teórico-prácticas e nos seminarios*: 20%.

    - Exame escrito. Valorarase o dominio do código normativo, da coherencia e cohesión textual e dos contidos teórico-prácticos: 40%

    -Exame oral. Para comprobar que o alumnado sabe falar galego e comprobar a súa competencia ortofónica: 10%

    - Actividades do curso. Realizaranse exercicios prácticos, cuestionarios, recensións, exposicións ou comentarios encargados pola profesora e que serán recollidos nas aulas. Valorarase a calidade e, no seu caso, a orixinalidade, así como o deseño e a presentación. Incluiranse na carpeta do alumno que se entregará ó final do cuadrimestre e a avaliación destas actividades supoñerá un 30% da cualificación final**.


    * A asistencia ás aulas é obrigatoria. Unha ausencia superior ó 20% imposibilitará a avaliación deste criterio.
    ** Os diversos exercicios e traballos encargados terán que ser entregados nas datas que se acorden no seu momento na aula. A entrega puntual destes traballos será un requisito imprescindible. Posteriormente o alumno incluiraos na carpeta que entregará ó final do cuadrimestre.

    CONVOCATORIA DE XULLO:
    - Recuperación de actividades do curso: Aqueles alumnos que suspendan a materia e deban acudir á convocatoria do mes de xullo deberán presentar por escrito e no prazo indicado polo profesora unha serie de actividades de carácter obrigatorio. A puntuación acadada con estes exercicios suporá un 30% da nota final.

    - Exame escrito: suporá un 60% da cualificación.
    [Se son alumnos que asistiron con regularidade ás sesións presenciais (80% de asistencia) poderase valorar un 40% o exame escrito e a cualificación correspondente á asistencia e participación (20%) será a obtida no curso].

    - Exame oral: suporá un 10% da cualificación.

    Observación.-No exame oral e no escrito os parámetros de valoración coinciden cos indicados arriba. É imprescindible obter en cada un dos exames unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia.

    Os alumnos que obteñan a DISPENSA DE ASISTENCIA a clases por parte da Xunta de Centro e o acrediten debidamente rexeranse, tanto na convocatoria de febreiro coma na de xullo, polo sistema de avaliación que se describe para a convocatoria de xullo. A profesora determinará os traballos que o alumnado deberá realizar, así como os prazos de entrega. Aquelas persoas que opten por este sistema deberán poñerse en contacto coa profesora en canto teñan solicitado a dispensa de asistencia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como consta na Memoria de titulación, nesta materia optativa de 4,5 créditos ECTS está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas, das que 45 corresponden a traballo presencial na aula e 67,5 a traballo autónomo e preparatorio (comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo).
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase:
    -Asistir ás clases presenciais, nas que se darán as pautas e orientacións precisas para a realización do traballo autónomo e permitirán levar un seguimento continuado do traballo realizado polo alumnado mediante a participación na aula e a realización dos diversos traballos.
    -Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.

    Observacións
    O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas que se establezan para a entrega de traballos. Recoméndase que se poñan en contacto coa profesora en canto teñan solicitada esa dispensa de asistencia e que manteñan un seguimento activo da materia mediante as titorías e o contacto cos compañeiros.