Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101348 - Arqueoloxía e Historia da Cidade Antiga (Formación Humanística) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia I
  • Áreas: Historia Antiga
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DOPICO CAINZOS, MARIA DOLORES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta materia é que o alumno adquira uns coñecementos básicos sobre a cidade como fenómeno histórico e complexo ao longo da época antiga. Supón isto un dominio dos feitos fundamentais da súa evolución, a súa situación temporal e espacial, as diferenzas en cada unha das civilizacións (Oriente, Grecia e Roma), os aspectos institucionais, as súas estruturas sociais e económicas, así como os seus elementos físicos. Igualmente é imprescindible a adquisición dun vocabulario básico, non só de termos históricos que poidan ser propios en xeral desta materia, senón tamén daqueles específicos cuxo manexo é indispensable.
    Para todo iso é imprescindible un axeitado coñecemento e manexo das fontes fundamentais que nos proporcionan a base dos nosos coñecementos, especialmente as epigráficas e literarias, pero sen esquecer as arqueolóxicas, numismáticas e papirolóxicas, así como os problemas que presentan. Isto supoñerá que o alumno debe dominar os métodos e técnicas de análise dos testemuños históricos do mundo antigo, sobre os que estarán baseados gran parte das clases teóricas, e por suposto todas as prácticas, incluídos os traballos que deberán realizar.

    Contidos
    1. OS INICIOS DA CIDADE NO ORIENTE PRÓXIMO.
    2. A POLIS GREGA: ORIXE, CONCEPTO, CARACTERÍSTICAS ESTRUTURAIS.
    3. AS TRANSFORMACIÓNS E EXPANSIÓN DA POLIS NO MUNDO GREGO: A COLONIZACIÓN.
    4. A CIDADE EN ÉPOCA HELENÍSTICA.
    5. AS ORIXES DA CIDADE EN ITALIA: OS ETRUSCOS.
    6. ROMA: ORIXES E EVOLUCIÓN HISTÓRICA ATA A ANTIGÜIDADE TARDÍA.
    7. O URBANISMO ROMANO: CIDADE E TERRITORIO.
    8. O CADRO INSTITUCIONAL. AS LEIS MUNICIPAIS.
    9. ESTRUTURAS SOCIAIS E ECONÓMICAS.
    10. LUCUS AUGUSTI

    Bibliografía básica e complementaria
    AA.VV., Aspectos de la colonización y municipalización de Hispania, Mérida 1989
    ABASCAL, J.M., ESPINOSA, U., La ciudad hispano-romana. Privilegio y poder, Logroño 1989

    BOARDMAN, J., Los griegos en ultramar: comercio y expansión colonial antes de la era clásica, Madrid 1975.
    CLAVEL-LEVEQUE, M., LEVEQUE, P., Villes et structures urbaines dans l’Occident Roman, París 1984.

    T.J. Cornell, Los orígenes de Roma, Madrid, 1999,

    DE POLIGNAC, F., La nascita della cittá greca. Milán 1991
    HANSEN, M.H., (ed.) “The polis as Urban centre and as a Political Community”, Acts of the Conpehnaguen polis Centre 4, Conpehnaguen 1997

    LIVERANI, M., Antiguo Oriente. Historia, sociedad, economía, Barcelona 2001.
    LÓPEZ PAZ, P., : La ciudad romana ideal: el territorio, Santiago 1995

    MARGUERON, J.C., Les Mesopotamiens, 2 vol., París 1991
    ROUX, G., Mesopotamia. Barcelona 1998.
    TORELLI, M., Los Etruscos, Barcelona 1998.
    VV.AA., Lucus Augusti. Urbs romana. Los orígenes de la ciudad de Lugo, Lugo 1995
    VV.AA, La muralla romana. Patrimonio de la Humanidad.; Lugo 2004.
    WELWEI, K.W.: La polis greca, Bolonia 1988

    Competencias
    Xenerais: os estudantes deben saber aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas da Humanidades e da Cultura
    Transversais: Redacción axeitada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
    Específicas:Adquisición de coñecementos profundos acerca de calquera materia do ámbito humanístico; Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados con calquera área do ámbito humanístico; Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
    Metodoloxía da ensinanza
    A maior parte do temario será exposto nas clases maxistrais. Tendo en conta que parte do contido da materia se basea en fontes arqueolóxicas a explicación requirirá, practicamente en todos os temas, presentacións de Power Point que permiten reflectir axeitadamente os mapas de situación do fenómeno urbano e a súa expansión, os planos de cidades ou edificios destacados, así como os restos das diferentes cidades (Emerita, Pompeya, Ostia...) que serán analizados con maior detalle. Nas clases teóricas tamén se utilizarán os dossiers documentais que entregados previamente aos alumnos lles permitirán seguir mellor a explicación baseada nas fontes literarias, epigráficas ou arqueolóxicas, así como estudalos a continuación.
    Outra parte importante será o dedicado ás clases prácticas no que os alumnos deberán analizar documentación proporcionada coa debida antelación, ou ben realizaranse debates sobre un tema preciso. É evidente que o protagonismo corresponde aquí o alumno, que é quen debe achegar unha solución ás distintas cuestións, pero tamén é indispensable a discusión entre eles, cando así o permita o tema. Trátase de propiciar o debate e a comunicación interpersoal cando ofrecen respostas diferentes ante un mesmo problema, que cheguen a corrixirse entre eles, ou a matizar as respostas en función dos textos ou da súa propia reflexión crítica.
    O papel do profesor tampouco é pequeno. En ocasións é preciso reconducir a discusión que se desliza perigosamente cara a aspectos triviais, ou que carecen para nós de importancia histórica, por ser meramente anecdóticos. Pero tamén é preciso que achegue aqueles datos que non se encontran na documentación presentada, debe matizar ou completar os coñecementos. É obvio que moitos dos textos non son máis que parte dos que dispoñemos sobre un aspecto histórico, así que é preciso recordar outros que poden ser complementarios ou contraditorios.
    A última clase será obxecto dunha visita extra-aularia, imprescindible para calquera alumno que estude Historia Antiga en Lugo, pois é a cidade galega que mellores e máis abundantes restos proporcionou, por razóns obvias. Ás explicacións que recibe en clase sobre a forma de vida romana engade agora un coñecemento directo destas, coa peculiaridade, que todo iso lles é coñecido superficialmente polas noticias ocasionais que este tipo de achados proporciona e que adoitan ter gran repercusión pública, pero sobre cuxo significado histórico ignoran case todo.

    Sistema de evaluación
    Parte da nota (80%) obterase coa realización de catro traballos diversos (recensións, comentarios de textos literarios, epigráficos e planos). A normas de cada un deles, así como o material obxecto de comentario será facilitado pola Profesora nas clases. Nelas tamén se fixarán as condicións de realización e a data límite en que deberán ser entregados. Avaliarase o traballo persoal e a elaboración orixinal do alumno e non serán valorados aqueles traballos que sexan un simple plaxio doutros libros ou de información obtida en Internet. Será fundamental demostrar a capacidade de analizar as fontes antigas, criticalas e valoralas. Tamén se valorará a estrutura do traballo, a adecuación do contido ao tema, o uso correcto de citas e notas, a bibliografía, a súa presentación coidada, a corrección na expresión escrita e a ortografía. Para a realización deste ao longo do cuadrimestre, o alumno sempre poderá acudir á profesora nas correspondentes horas de titoría, de modo que poida resolver os seus problemas sobre a súa elaboración e as dúbidas sobre aspectos concretos.El resto da cualificación (20%) obterase pola participación activa nas clases prácticas. Os alumnos que non presenten os traballos, fágano fóra de prazo, ou non alcancen o aprobado, deberán facer un exame final na data fixada no calendario oficial da Facultade. Cada proba constará dunha parte práctica (comentario dun ou varios textos, planos, etc) e outra teórica. A materia comprenderá as explicacións dadas en clase polo Profesor, completadas coa bibliografía obrigatoria sinalada en clase.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudio e preparación das actividades programadas na clase: 32 horas.
    Lecturas e recensións: 8 horas
    Preparación de exames: 10 horas.
    Realización de traballos: 12.5.
    Outras actividades: 5 horas
    Total: 67.5 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    A extensión da materia aconsella un estudo día a día, no que as explicacións que recibe nas clases teóricas se complementen coas indicacións bibliográficas.