Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101323 - Cibercultura e Redes Sociais (Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Vaz Guerrero, Francisco Javier.NON
VILAR PUMARES, LETICIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer o espazo virtual, as utopías xeradas e as manifestacións da relación entre cultura e ciberespazo. Coñecer os referentes na construción da cibercultura actual. Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información. Analizar a cultura do computador, as técnicas e formas de expresión da cibercultura actual, a súa incidencia social e a súa relación co mercado. Propor e desenvolver iniciativas no campo da cibercultura.
    Contidos
    Contidos
    Horas expositivas:
    1. Interactividade e hipertexto: a web 2.0. Internet como transformador das relacións sociais. Os cambios nos sistemas de comunicación: do mass media ó social media. Comunidades e redes sociais.
    2. Estratexias de comunicación on line 1. Principios básicos do marketing on line: obxectivos e estratexias básicas. Ferramentas e formatos do marketing on line. Posicionamiento en buscadores: SEO e SEM. Estratexias colectivas: afiliación on line. O community manager: figura e competencias. Novos perfís profesionais. Fases, obxectivos e ferramentas da comunicación on line. Blogs, Microbloggings, Medios sociais multimedia e Redes sociais como ferramentas de comunicación das organizacións. O teléfono e os dispositivos móbiles nas estratexias de comunicación: a xeolocalización.
    3. Investigación e avaliación. Balances e auditorías de comunicación. ROI e uso de indicadores na planificación. Os informes de impacto.
    4. As estratexias de comunicación on line aplicadas o ámbito da Cultura. A cultura tradicional na rede: estratexias de visibilización e difusión.

    Horas interactivas:
    Os alumnos organizaranse en equipos para o desenvolvemento dun traballo en grupo de modo que se poda abordar unha planificación estratéxica da comunicación orientada a redes e medios sociais. Valorarase o traballo sobre supostos reais de entidades culturais.
    A tarefa desenvolverase de modo conxunto pero deixando clara cal é a responsabilidade e o traballo concreto que asume cada membro do grupo. Na derradeira semana de aulas haberá que expoñer publicamente o traballo desenvolvido, conforme ó calendario que se fará publico no transcurso do cuadrimestre. A asistencia a esa exposición será obrigatoria para todos os membros do equipo, que deberán intervir para optar a superar a materia. A exposición é avaliatoria do aproveitamento das aulas interactivas. O traballo deberá entregarse tamén impreso e cos anexos que cada equipo estime convintes.


    Bibliografía básica e complementaria
    ACED, C. (2010): Perfiles profesionales 2.0. Barcelona: UOC.
    AGUADO, J.M. y MARTÍNEZ, I.J. (2008): Sociedad móvil. Tecnología, identidad y cultura. Madrid: Biblioteca Nueva.
    ARMENDÁRIZ, E. (2010): Las Relaciones Públicas y su evaluación. Madrid: Fragua.
    CELAYA, J. (2008): La empresa en la web 2.0. El impacto de las redes sociales y las nuevas formas de comunicación online en la estrategia empresarial. Barcelona: Gestión 2000.
    COSTA, J. (2009): DirCom hoy. Dirección y gestión de la comunicación en la nueva economía. Barcelona: Costa Punto Com.
    DE MATEO, R.; BERGÉS, L.; y SABATER, M. (2009): Gestión de empresas de comunicación. Sevilla: Comunicación Social.
    FISCHER, M. (2007): Website boosting: optimizar los buscadores, usabilidad y Marketing web. Barcelona: Marcombo.
    FUETTERER, S. (2011) MI COMUNIDAD... ¿Me quiere o no me quiere? Social Media y Web 2.0 para directivos, comunicadores y emprendedores. http://www.mequierenonomequieren.com/ Creatrive Commons
    GARCÍA OROSA, Berta (2009): Gabinetes de comunicación on line, Claves para generar información corporativa en la red. Sevilla: Comunicación Social.
    GRUNIG, J.E. y HUNT, T. (2003): Dirección de Relaciones Públicas. Barcelona: Gestión 2000. Traducción de Managing Public Relations (1984) Orlando-Florida: Harcourt Brace Jovanovich.
    HEALY, M. (2009): ¿Qué es el branding? Gustavo Gili: Barcelona.
    JIMENEZ, A (2009): Employer ...qué? Employer Branding. La gestión de las marcas para atraer y retener el talento. Córdoba: Almuzara.
    KOTLER, P.; KELLER, K.L.; CÁMARA, D.; y MOLLÁ, A. (2009): Dirección de Marketing. Madrid: Pearson. Decimosegunda edición.
    LANDOW, G.P. (2009): Hipertexto 3.0 La teoría crítica y los nuevos medios en una época de globalización. Barcelona: Paidós.
    LÓPEZ, X. y OTERO, M. (2005): Las herramientas tecnológicas de la nueva información periodística. Netbiblo: A Coruña.
    MAD COMUNICACIÓN (2007). Todo Marketing y más... Fundamentos, principios, conceptos y estrategias. Madrid: FC Editorial.
    MEERMAN SCOTT, D. (2008): As novas regras de Marketing e Relaçoes Públicas. Porto: Ideas de Ler.
    MÍGUEZ, M.I. (2010): Los públicos en las Relaciones Públicas. Barcelona: UOC.
    MORALES, F. y ENRIQUE, A.M. (2007): “La figura del Dircom. Su importancia en el modelo de comunicación integral”. En Anàlisi, 35. Páginas 83-93.
    NIELSEN, J. y LORANGER, H. (2006): Usabilidad. Prioridad en el diseño web. Madrid: Anaya.
    O’REILLY, T. (2009). Web 2.0. Revisado el 22 de julio de 2011 en http://sociedaddelainformacion.tefonica.es/documentos/articulos/TRIBUNA_web2.pdf
    ORTIZ DE ZÁRATE, A. (2008) Manual de uso del blog en la empresa. Cómo prosperar en la sociedad de la conversación. Barcelona: Zero Factory. En Creative Commons http://www.infonomia.com/articulo/libros/5201
    PIÑUEL, J.L. (2010): Teoría de la comunicación y gestión de las organizaciones. Madrid: Síntesis.
    SALLA, J. y ORTEGA, J. (2008): Plan estratégico de Relaciones Públicas. Barcelona: Bosch.
    SALÓ, N. (2005): Aprender a comunicarse en las organizaciones. Barcelona: Paidós.
    SANAGUSTÍN, E. , coordinadora (2009) Del 1.0 al 2.0: Claves para entender el nuevo marketing. eBook de acceso gratuito en http://www.clavesdelnuevomarketing.com. Bubok Publishing.
    TÚÑEZ, M (2012). Gestión de la Comunicación en las Organizaciones. Zamora/Sevilla: Editorial Comunicación Social.
    XIFRA, J. (2005): Planificación estratégica de las Relaciones Públicas. Barcelona: Paidós

    Competencias
    Coñecemento do espazo virtual e da sua influenza nos cambios nas relacións sociais e nos fluxos de comunicación.
    Identificación e realización dos elementos que se usan na elaboración e implementación de estratexias de comunicación ó servizo dos intereses de visibilidade mediática das organizacións culturais.
    Revisión das pautas que definen a planificación da xestión da comunicación online.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases teóricas: exposición maxistral, aberta á intervención e o debate. Clases prácticas: actividades en seminario con participación activa e protagonista do alumno.
    Sistema de evaluación
    Ata un 50% da materia valorarase nun exame final, que inclúe teoría e lectura de textos, e completarase coa avaliación das prácticas.
    Para superar a materia será necesario ter aprobada a parte teórica máis a parte práctica. Na teoría haberá un exame de avaliación obxectiva a través dun cuestionario no que suman os acertos e penalizan as respostas erradas. Os contidos avaliables inclúen a teoría e a lectura dos textos recomendados. Na práctica, avaliaranse os traballos desenvolvidos ó longo do cuadrimestre e a intervención da defensa pública (obrigatoria) do traballo en equipo. Teoría e práctica fan media académica no caso de estar superadas as dúas partes. De ter só unha parte aprobada, a nota unicamente será válida para as convocatorias de febreiro e xullo do ano académico.
    Como se explica nos contidos, na derradeira semana de aulas haberá que expoñer publicamente o traballo desenvolvido, conforme ó calendario que se fará publico no transcurso do cuadrimestre. A asistencia a esa exposición será obrigatoria para todos os membros do equipo, que deberán intervir para optar a superar a materia. A exposición é avaliatoria do aproveitamento das aulas interactivas.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    60 horas presenciais e 90 de traballo individualizado do alumno, segundo o contemplado na memoria destes estudos.