G5101324 - Literatura Contemporánea Hispánica (Formación Humanística) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Literatura Española
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1.- Coñecer as principais correntes literarias do século XX no eido da lingua castelá, asi como os xéneros, autores e obras máis representativos das mesmas.
2.- Profundizar na práctica do comentario de textos literarios en castelá coa fin de apreciar os aspectos estéticos da lingua e as achegas dos autores máis relevantes do século XX.
3.- Coñecer e manexar as fontes primarias e secundarias da literatura do século XX en español.
4.- Apreciar a linguaxe artística e fomentar o hábito de lectura coa fin de mellorar a expresión persoal tanto a nivel oral como escrito.
5.- Procurar un espíritu crítico, analítico e informado.
ContidosContidos Teóricos
Primeiro bloque: LITERATURA ESPAÑOLA DOS SÉCULOS XX E XXI
I. DO FIN DE SÉCULO Á GRAN GUERRA (1898-1918)
Xéneros, escolas, autores e obras
Lectura obligatoria:
Ramón del Valle-Inclán, Luces de bohemia, ed. A. Zamora Vicente, Madrid, Espasa, Austral.
II. AS VANGUARDIAS EN ESPAÑA (1918-1936)
Xéneros, escolas, autores e obras
Lectura obligatoria:
Antología comentada de la Generación del 27, ed. V. García de la Concha, Madrid, Espasa, Austral
III. DA POSGUERRA Á ACTUALIDADE
Xéneros, escolas, autores e obras
Lectura obligatoria:
Camilo José Cela, La colmena, ed. Jorge Urrutia, Madrid, Cátedra / ed. Raquel Asún, Madrid, Castalia
Segundo bloque: LITERATURA HISPANOAMERICANA DO SÉCULO XX
I. MODERNISMO.
O movemento modernista en Hispanoamérica. Características Xerais. Periodización, Principais autores e obras.
Lectura obligatoria:
Rubén Darío: Azul... Cantos de vida e esperanza.
II. VANGUARDIAS
A Vanguardia en Hispanoamérica. Manifestos, grupos, autores destacados de poesía, narrativa e teatro.
Lectura obligatoria:
Antoloxía de textos representativos (selección do profesor).
III. MEDIADOS DE SÉCULO XX. Innovacións e rupturas.
Tendencias e autores principais da narrativa, a poesía e o teatro. O real marabilloso e a literatura fantástica.
Lectura obligatoria:
Carpentier: El reino de este mundo. Borges: relato “El aleph”.
IV. ÚLTIMO TERZO DE SÉCULO.
Principais tendencias poéticas, narrativas e teatrais en Hispanoamérica desde 1971.
Lectura obligatoria:
Antoloxía de textos representativos (selección do profesor).
Contidos Prácticos.
Realización das lecturas obligatorias indicadas.
COMENTARIO DE TEXTOS E OUTRAS ACTIVIDADES:
O alumno realizará comentarios de texto ao longo do curso, así como controis periódicos por escrito das lecturas, ou presentacións orais. As actividades poden sufrir reaxustes en función da marcha do curso.
Primeiro bloque:
Comentario dun texto de Valle-Inclán: Luces de Bohemia.
Comentario dun texto poético da Xeración do 27.
Comentario dun texto de Cela: La colmena.
Exercicio oral individualizado sobre un tema pre-establecido.
Segundo bloque:
Comentario dun texto poético de Azul... Cantos de vida e esperanza.
Comentario dun fragmento de “El aleph”. E proba de lectura de El reino de este mundo
Breve presentación oral dun autor da antoloxía de textos.
Bibliografía básica e complementariaLiteratura Peninsular
ALBERICH, J. et al.: Historia de la literatura española. Madrid: Cátedra, 1990. 2 vols.
ALVAR, Carlos, J. C Mainer y R. Navarro, Breve Historia de la Literatura Española. Madrid: Alianza, 1998.
AULLÓN DE HARO, P., “La poesía del siglo XX (hasta 1939)”, en J. I. Ferreras, Historia crítica de la Literatura Hispánica, vol. XX. Madrid: Taurus, 1989.
DEBICKI, A.P., Historia de la poesía española del siglo XX. Desde la modernidad hasta el presente, Madrid, Gredos, 1997.
FERRERAS, J. I., “La novela en el siglo XX (hasta 1939)”, en J. I. Ferreras, Historia crítica de la Literatura Hispánica, vol. XXII. Madrid: Taurus, 1988.
GRACIA, J. y D. Ródenas, Historia de la literatura española. Siglo XX: 1939-2010, Barcelona: Crítica, 2011.
HUERTA CALVO, J., El teatro en el siglo XX, Madrid, Playor, 1985
HUERTA CALVO, J. (dir.), Historia del teatro español, Madrid, Gredos, 2003, Vol. 2
MAINER, J.C Breve Historia de la literatura española. Madrid: Alianza Editorial.
MAINER, J. C., La Edad de Plata (1902-1939), Madrid, Cátedra, 1983
MAINER, J.C Historia de la literatura española.6. Modernidad y nacionalismo 1900-1936, Madrid: Crítica, 2010.
PEDRAZA JIMÉNEZ, F. y M. Rodríguez-Cáceres, Las épocas de la literatura española. Barcelona: Ariel, 1997.
PEDRAZA JIMÉNEZ, F. y M. Rodríguez-Cáceres, Manual de literatura española. Tafalla: Cénlit, 1980-2000
PEDRAZA JIMÉNEZ, F. y M. Rodríguez-Cáceres, Historia esencial de la literatura española. Madrid: EDAF, 2000.
RICO, F. (ed.): Historia y crítica de la literatura española, Barcelona, Crítica, 1980-2000 (vols. 6-9).
RUIZ RAMÓN, F., Historia del teatro español. Madrid: Siglo XX (Cátedra),Literatura
Hispanoamericana
BRUSHWOOD, John. La novela hispanoamericana del siglo XX. Una vista panorámica. México: FCE, 1984.
DEBICKI, Andrew, Poetas hispanoamericanos contemporáneos. Punto de vista, perspectiva, experiencia. Madrid: Gredos, 1976.
FERNÁNDEZ, Teodosio, La poesía hispanoamericana del siglo XX. Madrid: Anaya, 1991.
GONZÁLEZ ECHEVERRÍA, Roberto y Puppo Walker, E.. Historia de la literatura hispanoamericana (vol I y II). Madrid: Gredos, 2006 y 2010.
OVIEDO, José Miguel, Historia de la literatura hispanoamericana. Madrid: Alianza, 1997-2003 (4 vols.).
SHAW, Donald, Nueva narrativa hispanoamericana. Madrid: Cátedra, 1981.
VILLANUEVA, D. Y J. M Viña Liste. Trayectoria de la novela hispanoamericana actual. Madrid: Espasa Calpe, 1991.
YURKIEWICH, Saúl, Fundadores de la nueva poesía latinoamericana. Barcelona: Ariel, 1984.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS.
-Ampliación de coñecementos sobre literatura e a tradición literaria.
- Capacidade para o comentario riguroso e sistemático de obras literarias.
-Busca, coñecemento e analise de información bibliográfica.
- Mellora da capacidade comunicativa, tanto a nivel oral como escrito.
-Desenvolvemento do espíritu crítico e informado.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
-Ampliación de coñecementos sobre literatura hispánica do século XX.
- Mellora da capacidade comunicativa, tanto a nivel oral como escrito, a través da lectura e apreciación das obras literarias hispánicas do século XX.
- Capacidade para o comentario riguroso e sistemático de obras literarias hispánicas do século XX.
-Desenvolvemento do espíritu crítico e informado sobre a materia abordada.
-Busca e analise de información bibliográfica sobre literatura peninsular e hispanoamericana do século XX.
Metodoloxía da ensinanza As sesión teóricas consistirán na presentación sucinta, por parte do profesor, dos temas propostos, a través dunha visión panorámica dos contextos histórico-culturais e a evolución dos principais xéneros, tendencias e autores do século XX.
As sesións prácticas centrarán a sua actividade principal (anque non exclusiva) no comentario escrito de textos literarios propostos polo profesor. Dado que son CLASES INTERACTIVAS, é imprescindible a participación do alumnado.
As titorías poderán ser personalizadas, a indicación do profesor; ou colectivas, sobre algún punto específico.
Sistema de evaluaciónHaberá un único exame a final do cuatrimestre que consistirá en dúas preguntas teóricas e un comentario de texto que se extraerá das lecturas obrigatorias (tanto das obras completas como das antoloxías de textos).
Os comentarios de texto terán en conta a expresión e a capacidade do alumno para realizar unha análise o máis profunda posible dos aspectos temáticos, formáis e estilísticos dos textos para comprendelos en tódalas súas dimensións e tirar as conclusións oportunas.
A cualificación final realizarase según do seguinte baremo:
Examen final 50%
Comentarios 40%
Preparación da materia e participación 10%
***Nas convocatorias extraordinarias aplicaránse os mesmos requisitos e criterios de avaliación que na ordinaria, debendo entregar o alumno os exercicios prácticos indicados polos docentes da materia no día do exame.
Tempo de estudo e traballo persoalAs horas de traballo autónomo adicaránse fundamentalmente á lectura das obras obrigatorias, á consulta de bibliografía secundaria e á preparación das clases presenciais. APROXIMADADMENTE, o tempo da materia distribuirase como sigue:
HORAS PRESENCIAIS: 42 horas (aprox. dependendo da duración das titorias)
20 horas teóricas: 4 temas.
15 horas de prácticas de comentario de texto: 4 temas;
3 horas para titorías personalizadas.
4 horas para exámen.
(3 HORAS SEMANAIS, 14 SEMANAS= 42 HORAS)
HORAS NON PRESENCIAIS (de traballo autónomo): 100 horas.
40 horas de lectura obras literarias: Lectura de novelas e obras de teatro 30-35; Lectura de relatos breves e poemas 10.
20 horas de lectura de bibliografía secundaria para a ampliación da materia: 4 temas (5 horas/tema).
20 horas de preparación e realización de comentarios de texto, presentacións, outros exercicios etc.
20 horas de estudo da materia e preparación de exames: 4 temas.
CÓMPUTO FINAL HORAS
Horas presenciais: 42-50
Horas traballo autónomo: 100
TOTAL HORAS ECTS: 142-150
Recomendacións para o estudo da materiaEspérase que o alumno prepare adecuadamente as clases (debe ler ás obras e textos con anterioridade á presentación dos temas) e que faga unha participación activa, informada e pertinente nas CLASES PRÁCTICAS (INTERACTIVAS).
Recoméndase revisar ou poñerse ao día nas técnicas de comentario de textos, incluíndo cuestións de métrica e recursos retóricos.
ObservaciónsPara máis información, consúltese a guía docente da materia.