Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101325 - Literatura Contemporánea Galega (Formación Humanística) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da historia da literatura galega contemporánea a través de figuras, tendencias e textos relevantes.
    - Estudar de maneira específica algunhas manifestacións literarias contemporáneas representativas de diferentes períodos e xéneros.
    - Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega contemporánea e as diferenzas a respecto das literaturas do seu contorno.
    - Proporcionar información complementaria sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega contemporánea
    - Profundar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais da literatura galega.
    - Entender a literatura como unha produción viva e dinámica, e comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.

    Contidos
    1.- Introdución á Literatura Galega Contemporánea
    - Caracterización da literatura galega contemporánea
    - Periodización

    2.- O Rexurdimento da literatura galega e a figura de Rosalía de Castro.
    - O Rexurdimento
    - Rosalía de Castro
    - Follas Novas
    - A recepción da obra de Rosalía de Castro e a súa influencia na literatura posterior

    3.- A narrativa galega de posguerra. Álvaro Cunqueiro e Merlín e familia
    - A recuperación da literatura galega de posguerra. Principales tendencias
    - A figura de Alvaro Cunqueiro
    - Claves da narrativa de Álvaro Cunqueiro
    - Merlín e familia
    - A influencia do Merlín de Cunqueiro na narrativa contemporánea

    4.- A poesía galega actual
    - A evolución da poesía galega de 1975 a hoxe
    - Propostas de periodización
    - Principais figuras e tendencias

    Bibliografía básica e complementaria
    I. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    AA. VV., Historia da Literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996.
    Carballo Calero, R., Historia da literatura galega contemporánea, 1808-1936. Vigo: Galaxia, 1963 (3ª ed. 1981).
    Tarrío Varela, A., Literatura Galega (aportacións a unha historia critica), Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994.
    Vilavedra, D., Historia da literatura galega, Vigo: Galaxia, 1999.
    Villanueva Prieto, D. (coord.), Galicia. Literatura, 6 volumes, A Coruña: Hércules de Ediciones, 2000-2002.

    ii. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA*
    *Trátase de obras xerais de consulta. A bibliografía específica de cada tema será indicada na Guía Docente.
    González-Millán, X., A narrativa galega actual (1975-84). Vigo, Xerais, 1996.
    Méndez Ferrín, X. L., De Pondal a Novoneyra. Vigo, Xerais, 1984 (2ª ed. 1990)
    Mato Fondo, M. A. (1991). A mazá e a cinza (a poesía galega após 1976). Pontevedra: Ediciós do Cumio.
    Raña, R., A noite nas palabras. Unha aproximación á poesía galega de posguerra. Santiago, Sotelo Blanco, 1996.
    Vieites, Manuel (coord.), Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-95). Vigo, Xerais, 1998.
    Vieties, M. (coord.), Cento vinte e cinco anos de teatro en Galicia. Vigo, Galaxia, 2007.
    Vilavedra, D. (coord.), Diccionario de literatura galega, 3 volumes: I. Autores; II. Pubicacións periódicas; e III. Obras, Vigo: Galaxia, 1995-2000.
    Vilavedra, D., A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica desde 2010. Vigo: Galaxia, 2011.

    III. RECURSOS NA REDE
    Biblioteca Virtural Galega, www.bvg.udc.es
    Dicionario de termos literarios. Equipo Glifo. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, www.cirp.es
    Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP / Consello da Cultura Galega, www. poesiagalega.org

    IV. OBRAS DE LECTURA OBRIGATORIA
    Rosalía de Castro, Follas Novas
    Álvaro Cunqueiro, Merlín e familia
    Escolma de poesía galega actual (elaborada pola profesora e distribuída a través da plataforma virtual)


    Competencias
    - Coñecemento da evolución da literatura galega contemporánea
    - Comprensión das particularidades que caracterizan o discurso literario galego contemporáneo
    - Coñecemento dos textos máis representativos da literatura galega contemporánea.
    - Lectura e análise de textos contemporáneos
    - Coñecemento das principais claves da literatura galega actual
    - Habilidade no uso das novas tecnoloxías
    - Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas estarán dedicadas á explicación de contidos fundamentais da materia. Apoiaranse en lecturas de textos e presentacións en powerpoint.

    As sesións de seminario dedicaranse á discusión e análise de textos de diverso tipo (creación, paratextos, estudos críticos, recensións...) relacionados coas lecturas obrigatorias..

    As titorías programadas teñen carácter obrigatorio e dedicaránse a facer un seguimento do alumnado con especial atención ás actividades que están a realizar.

    As actividades consistirán na elaboración de traballos relacionados coas obras de lectura obrigatoria e co seu contexto. Distribuiranse a través da aula virtual (plataforma Moodle) e entregaranse por correo electrónico nun calendario que se dará a coñecer no seu momento. Cada estudante deberá presentar, unha vez rematadas as clases e como moi tarde o día do exame, un único documento electrónico coa versión definitiva das actividades realizadas logo de incorporar as correccións feitas pola profesora.

    Ao inicio de cada tema entregarase un guión de traballo no que figuren os contidos que se van desenvolver, así como unha bibliografía específica. Esta información, xunto con materiais de traballo (escolmas de textos e lecturas complementarias) serán incorporados á plataforma Noodle, que se utilizará como repositorio da materia.

    Sistema de evaluación
    A avaliación levarase a cabo conforme os seguintes parámetros:
    1. Asistencia e participación do alumnado nas sesións de clase. Suporá un 20% da cualificación final.
    2. Realización en prazo das actividades propostas a través da aula virtual (plataforma Moodle). Suporá un 30% da nota final.
    3. Realización dunha proba escrita. Suporá un 50% da nota final.

    Na convocatoria de xullo, o alumnado que asistise con regularidade á clase e realizase os traballos propostos no punto 2 poderá solicitar que lle sexan tidos en conta na mesma porcentaxe. Esta posibilidade non será válida para convocatorias sucesivas.

    O alumnado que non poida ser avaliado conforme os puntos 1 e 2 deberá realizar unha proba escrita cuxo valor suporá o 100% da cualificación final.

    As faltas de asistencia ocasionais poderán ser compensadas con actividades complementarias acordadas coa profesora.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Sesións expositivas: 24
    Sesións interactivas / de seminario: 24
    Sesións de avaliación: 4
    Outras actividades: 30
    Horas de traballo dirixido: 50
    Horas de traballo autónomo: 40