Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101233 - Ética e Política dos Dereitos Humanos (Formación Humanística) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lóxica e Filosofía Moral
  • Áreas: Filosofía Moral
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    . Adquirir nocións conceptuais relativas aos dereitos humanos, os seus valores inherentes, a súa fundamentación, a súa filosofía e a súa historia.
    . Reflexionar e debatir acerca das características esenciais dos dereitos humanos.
    . Estudar e coñecer o funcionamento dos órganos de protección dos dereitos humanos, evaluando fortalezas, debilidades e carencias.
    . Establecer un marco de reflexión e diálogo sobre os actuais desafíos dos dereitos humanos.
    . Brindar ferramentas para a elaboración de propostas de implementación, protección e garantías dos dereitos humanos no exercicio da actividade profesional das persoas graduadas en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

    Contidos
    1. Nocións e conceptos básicos
    2. Textos principais dos dereitos humanos
    3. Alcance e avance dos dereitos humanos
    4. Sistemas de protección dos dereitos humanos
    5. Os dereitos humanos no seculo XXI

    Traballos e investigacións:
    a. Os dereitos humanos en contextos específicos
    b. Visión comparada sobre un dereito en diferentes contextos

    Bibliografía básica e complementaria
    . BALLESTEROS, X. (1992): Derechos humanos: concepto, fundamento, sujetos. Madrid, Tecnos.
    . BIDART CAMPOS, G.; RISSO, G.I. (2005): Los derechos humanos del siglo XXI. La revolución inconclusa. Buenos Aires, Ediar.
    . ESCOBAR FERNANDEZ, C. (dir) (2009): Los derechos humanos en la sociedad internacional del siglo XXI. Madrid, MAEC-Escuela Diplomática.
    . FARIÑAS DULCE, M.J. (1997): Los derechos humanos: desde la perspectiva sociológico-jurídica a la actitud postmoderna. Madrid, Dykinson.
    . HUESA VINAIXA, R. (coord.) (2008): Derechos humanos, responsabilidad internacional y seguridad colectiva. Madrid, Marcial Pons.
    . IGNATIEFF (2003): Los derechos humanos como política e idolatría. Barcelona, Paidós.
    . JIMÉNEZ, E.P. (1997): Los derechos humanos de la tercera generación: medio ambiente, derechos del usuario… Buenos Aires, Ediar.
    . MARTÍNEZ DE PISÓN, J. (1997): Derechos humanos: historia, fundamento y realidad. Barcelona, Egido.
    . MARZAL, A. (ed) (2002): Los derechos humanos en la Unión Europea. Barcelona, J.M. Bosch.
    . MARTÍNEZ DE PISÓN, J. (1997): Derechos humanos: historia, fundamento y realidad. Barcelona, Egido.
    . MAYOR ZARAGOZA, F. (1998): Los derechos humanos en el siglo XXI. París, Unesco/Barcelona, Icaria.
    . NACIONES UNIDAS: Los derechos humanos hoy: una prioridad de las Naciones Unidas. New York, Departamento de Información Pública de las Naciones Unidas.
    . PÉREZ LUÑO, A.E. (COORD) (1996): Derechos humanos y constitucionalismo ante el tercer milenio. Madrid, Marcial Pons.
    . SÁNCHEZ, V.M. (dir) (2008): Los derechos humanos en el siglo XXI. Continuidad y cambios. Barcelona, Huygens.
    Competencias
    Competencias específicas:
    - O alumno será capaz de coñecer e apreciar as dimensións básicas dos Dereitos Humanos desde as perspectivas da Ética e a Filosofía Política.
    - O alumno será capaz de explicar a xénese histórica dos Dereitos Humanos, distinguindo as sucesivas xeneracions en que se teñen clasificado
    - O alumno será capaz de relacionar os textos xurídicos de Dereitos Humanos
    - O alumno será capaz de coñecer os órganos de protección dos Dereitos Humanos
    - O alumno será capaz de identificar e relacionar a problemática dos Dereitos Humanos nos distintos ámbitos do exercicio da cidadanía


    Serán traballadas as seguintes competencias xerais da titulación:
    - Adquisición da capacidade de aprendizaxe autónoma para posuír a versatilidade necesaria nun mundo complexo e cambiante.
    - Desenvolvemento da capacidade comunicativa para facilitar a expresión de ideas e o establecemento de relacións sociais

    Metodoloxía da ensinanza
    . exposicións orais por parte daa profesora
    . exposicións de grupos de alumnos
    . sesións de discusión e debate
    . reflexións en base a casos prácticos
    . investigacións documentais de temas específicos
    . traballos escritos

    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua, estará centrada nos traballos realizados e poderá implicar unha proba teórica acerca do contido.
    A distribución do peso da cualificación será de 40% para a actividade presencial e 60% para os traballos que se requiran.
    Se se dese o caso de insuficiencia na materia no resultado final, os alumnos poderán realizar unha proba de recuperación de carácter escrito sobre os contidos dos documentos de estudo.
    Ao final do cuadrimestre entregarase unha traxectoria de todo o realizado con respecto a esta materia.
    Observación xeral:
    Ao inicio de cada apartado temático entregaranse as directrices específicas, detallando as posibles actividades así como o soporte documental de base.

    Criterios específicos para o alumnado non asistente:
    O alumnado que, por motivos xustificados, non poida asistir a varias ou á totalidade das sesións de clase seguirá un sistema de titorización individualizada a partir de todo o exposto neste programa da materia, que se concretará a principios de curso, debendo realizar un traballo final que será entregado ao final do cuadrimestre, con data tope o día do exame.

    Avaliación convocatoria extraordinaria
    Para os alumnos que suspendesen a convocatoria ordinaria, aplicarase unha proba de dominio de competencias adquiridas na materia (exame individual).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades formativas con seu contido de horas para o alumno
    Actividades presenciais horas Actividades non presenciais Horas
    Sesiones expositivas 18 Estudio e preparación de actividades programadas na clase 35
    Sesiones de seminario /laboratorio de idiomas/ aula de informática 20 Realización de traballos de diverso tipo 25
    Sesións de titoría programadas 4 Lecturas 22
    Sesións de avaliación(exames e probas) 2 Preparación de exames 20
    Outras actividades (iranse plantexando no transcurso docurso) 4 Outras actividades (especificar)
    Total de horas de actividade presencial 48 Total de horas de actividade non presencial 102