Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101328 - Historia de España (Formación Humanística) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Medieval e Moderna, Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Moderna, Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CABANA IGLESIA, ANA.SI
Rodríguez Palmeiro, Iago.NON
SUAREZ GOLAN, FERNANDO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Italiano
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Fornecer dun coñecemento preciso dos diversos procesos demográficos, económicos, sociais, relixiosos e políticos dende o século V ao XX, prestando especial atención aos aspectos culturais máis estreitamente vinculados cos obxectivos da titulación.
    - Familiarizar ao estudante cos diferentes sectores que inciden no desenvolvemento da cultura española ao longo da historia, preparándoo para iniciar o desempeño de actividades profesionais relacionadas co mundo da cultura.
    - Reflexionar sobre os problemas do mundo actual e analizar a súa posible evolución coa perspectiva que proporciona o coñecemento dos procesos históricos.
    - Comprender as raíces da nosa cultura e os procesos diacrónicos da sociedade e do pensamento que conduciron á España de hoxe.
    - Estimular a creatividade para dar respuestas adecuadas aos problemas plantexados e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.

    Contidos
    Os contidos da materia organízanse en torno a tres eixes cronolóxico-temáticos: o primeiro deles céntrase no coñecemento da historia de España na idade media (do reino visigodo á consolidación dos reinos hispánicos, pasando pola invasión musulmá); o segundo ocúpase das estruturas da economía e da sociedade, as manifestacións culturais (Renacimiento, Barroco, Ilustración), e os procesos políticos ao longo dos séculos XV a XVIII; o terceiro eixe consiste na presentación e análise dos debates e temas centrais que suscita o estudo do período de tempo que se estende entre finais do século XVIII e a actualidade. Preténdese especialmente que o alumno adquira unha visión adecuada da xénese e desenvolvemento histórico dos principais procesos que se relacionan máis directamente coa configuración actual de España (formación da democracia, surgimiento e evolución do problema nacional, articulación económica do país no contexto internacional), de acordo co seguinte programa:

    BLOQUE I. HISTORIA MEDIEVAL DOS REINOS HISPÁNICOS
    1. Do reino hispanovisigodo ao predominio islámico (ss. V-XI)
    2. Formación, expansión territorial e organización política dos reinos cristiáns (ss. XI-XIII)
    3. As transformacións baixomedievais (ss. XIV-XV)
    BLOQUE II. DA MONARQUÍA HISPÁNICA Á FIN DO ANTIGO RÉXIME
    1. Poboación, economía e sociedade
    2. Institucións e política na España do Antigo Réxime
    3. Cultura española e pensamento moderno
    BLOQUE III. HISTORIA DE ESPAÑA CONTEMPORÁNEA
    1. As culturas políticas da España Contemporánea
    2. A sociedade liberal: cidadanía e cultura
    3. A construción da España democrática. Da "cultura do medo" á acción colectiva.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA XERAL
    PEREZ, J., Historia de España. Barcelona: Crítica, 2000.
    TUSELL, J.; MARTÍN, J. L.; MARTINEZ SHAW, C., Historia de España, 2 vol. Madrid: Taurus, 2001.
    VALDEÓN, J.; PEREZ, J.; JULIÁ, S., Historia de España. Madrid: Austral, 2003.
    VIDAL, P., Historia de España. Barcelona: Crítica, 2008.

    BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA BLOQUE I
    ALVAREZ PALENZUELA, V. A. (coord..) Historia de España de la Edad media, Barcelona 2002.
    ISLA FREZ, A., La Alta Edad Media, Madrid, 2002.
    LADERO QUESADA, M. A., La formación medieval de España, Madrid,2004.
    MARTÍN RODRÍGUEZ, J. L., La España medieval, Madrid, 1993.
    VALDEÓN BARUQUE, J., Las raíces medievales de España, Madrid, 2002.

    BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA BLOQUE II
    FLORISTÁN, A. (coord.), Edad moderna. Historia de España, Ariel, 2005.
    FLORISTÁN, A. (coord.), Historia de España en la edad moderna, Ariel, 2004.
    GARCÍA CÁRCEL, R., La España Moderna: siglos XVI y XVII, Vol. 3, Madrid, 1993
    GARCÍA-BAQUERO GONZÁLEZ, A. et alii, El reformismo borbónico (1700-1789), Barcelona, 1988.
    MARCOS MARTÍN, A; España en los siglos XVI, XVII y XVIII. Barcelona, 2000.
    MARTÍNEZ RUIZ, E. et alii., La España Moderna, Madrid, Istmo, 1992.
    RODRÍGUEZ GARCÍA, J; y CASTILLA SOTO, J; Diccionario de términos de Historia de España. Edad Moderna. Barcelona, 1998.

    BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA BLOQUE III
    BARRIO ALONSO, A., La modernización de España (1917-1939) : política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2004
    BERNECKER, W., España entre tradición y modernidad : política, economía, sociedad : (siglos XIX y XX) , Madrid, Siglo XXI, 1999
    CASANOVA, J., República y Guerra Civil, Barcelona, Crítica, 2007
    GRACIA, J.; RUIZ CARNICER, M.A., La España de Franco (1939-1975). Cultura y vida cotidiana, Madrid, Síntesis, 2004
    URÍA, J., La España liberal (1868-1917). Cultura y vida cotidiana, Madrid, Síntesis, 2008
    Competencias
    Competencias xerais:
    1) Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos dunha forma profesional e posean as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumnentos e a resolución de problemas dentro da Historia de España (2G).
    2) Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos da historia de España) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (3G).
    3) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado (4G).
    4) Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía (5G).

    Competencias específicas:
    1) Adquisición de coñecementos profundos acerca da Historia de España (E4).
    2) Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados coa historia de España (E5).
    3) Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación (E6).

    Competencias transversais:
    1) Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos (T2).

    Metodoloxía da ensinanza
    1.- Clases presenciales teóricas (lección magistral participativa);
    2.- Seminarios presenciales prácticos (comentario colectivo e/ou individual de diferentes materiais para cada unidade temática e posta en común das lecturas individuais);
    3.- Tutorías presenciales (conversacións individuais ou grupales para guiar aos alumnos na súa aprendizaxe autónoma e para aclarar as súas dúbidas).
    A base mínima indispensable de coñecementos poderá ser conseguida coa axuda do programa, a través das explicacións na aula e do estudo dalgún manual indicado na bibliografía.
    Ao longo do curso, explicaranse os temas do programa. Nestas leccións, o programa actuará como guía de base, pero non sempre nin necesariamente se axustarán á formulación literal dos apartados que o compoñen. En todo caso, informarase ao alumno sobre a bibliografía apropiada para a preparación dos temas ou apartados de temas non abordados na exposición teórica.
    As explicacións teóricas completaranse, en cada caso, con clases interactivas. Usarase todo aquel material didáctico que facilite a comprensión dos temas que se van tratar. A estas clases interactivas dedicarase 24 horas totais e será fundamental a asistencia do/a alumno/a ás mesmas.
    Dependendo do número de alumnos que asistan regularmente á clase, a metodoloxía basearase na exposición dos apartados do programa por parte dos alumnos, tras unha breve explicación por parte do/a profesor/a das liñas fundamentais do tema.
    Tamén se prevé o uso da USC virtual para proporcionar materiais e para a realización de probas.

    Sistema de evaluación
    A) SISTEMA ORDINARIO DE AVALUACIÓN. Integrado pola proba final (40%), a avaliación continua das competencias teórico-prácticas (40%) e a valoración da asistencia, participación e aplicación das competencias prácticas (20%):
    1) Proba teórica de conxunto. Na data sinalada polo calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade realizarase unha proba escrita global na que os alumnos serán examinados sobre os temas do programa contemplado na Guía Docente da materia, así como dos contidos teóricos e prácticos desenvolvidos nas clases expositivas. Dita proba computará por valor do 40% da cualificación final. A puntuación da proba estará comprendida entre 0 e 10 puntos e para que sexa tida en conta o alumno deberá obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10.
    2) Traballo individual ou conxunto (dependendo do número de alumnos) relacionado co contido do primeiro bloque do programa da materia, consistente na elaboración autónoma de materiais e na exposición oral dos mesmos durante a primeira semana lectiva despois de Semana Santa. A porcentaxe de cualificación desta proba corresponderá ao 25% do total.
    3) Traballo individual consistente na lectura, recensión e comentario crítico dunha monografía escollida entre as propostas polo profesorado ao comezo do curso. O traballo será presentado por escrito antes da data oficial do exame. A ponderación correspondente a esta proba na cualificación final será do 15%.
    4) Asistencia e participación nas actividades prácticas: seminarios monográficos adicados a algunha temática concreta. Valorarase a capacidade de síntese e a presentación oral. A ponderación correspondente a esta proba na cualificación final será do 20%.

    A realización e presentación de todas as actividades anteriores (exame, traballos conxuntos e individuais e actividades prácticas) é obrigatoria e sen elas non será posible a superación da materia. No caso das actividades desenvolvidas nas sesións de aula durante o período de clase, a non asistencia a non asistencia deberá ser compensada coa realización dos traballos que lle sexan encomendados polo profesorado. A avaliación positiva de certas actividades (exame, traballo individual e actividades prácticas persoais) poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante dous cursos académicos, sempre que exista conformidade entre os profesores que imparten a materia.
    A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen relaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.

    B) PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN PARA A RECUPERACIÓN DENTRO DO MESMO CURSO ACADÉMICO
    1) Proba teórica de conxunto coas mesmas característica que a ordinaria (computará por valor do 50% da cualificación final).
    2) Traballo individual ou conxunto sobre o contido do primeiro bloque do programa, que terá que ser presentado por escrito e de xeito individual na data do exame (25%).
    3) Traballo individual monográfico. No caso de ter sido avaliado positivamente conservarase a cualificación, no caso contrario deberá ser reelaborado e presentado na data do exame (15%).
    4) As actividades prácticas. A ponderación correspondente a esta proba na cualificación final será do 10%.

    C) NORMATIVA DE ASISTENCIA Á CLASE
    A asistencia a clase será un requisito preceptivo para superar a materia ou para presentarse á realización de exames. A porcentaxe de presencialidade necesaria nas distintas actividades docentes programadas será do 80%. Con anterioridade á realización dos exames publicarase un listado do alumnado que satisfaga dito criterio para a realización dos mesmos. No caso daqueles alumnos que teñan dispensa de asistencia a avaliación continuada realizarase a través de contactos a concretar co alumno dispensado.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Seguindo as orientacións da Declaración de Boloña sobre o Espazo Europeo de Ensino Superior, as actividades prácticas suscitadas nesta materia pretenden potenciar o traballo persoal de cada alumno fóra da aula. Do volumen de traballo total do alumno na materia, o 66% corresponde ao traballo individual ou en grupo que o alumno se compremete a realizar sen a presencia do profesor. Nestas horas de traballo inclúese a preparación das clases, o estudo, ampliación e síntese da información recibida, a resolución de exercizos, a elaboración e redacción de traballos, a escritura, a preparación e ensaio de exposicións, a preparación de exames…
    Así, por cada hora de clase presencial contémplanse dúas de traballo persoal que o alumno dedicará a lecturas e á fixación do explicado polo profesor na aula e á realización de actividades prácticas e complementarias.
    A distribución das cargas de traballo en horas conforme aos créditos ECTS para cada tipo de actividade é o seguinte:

    - Clases expositivas e interactivas (presencial): 48 horas
    - Tutorías de grupo (presencial): 6 horas
    - Sesións de avaliación: 4 horas
    - Traballo persoal do alumno (non presencial): 92 horas

    Total de horas estimadas: 150

    Recomendacións para o estudo da materia
    Tendo en conta a extensión e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter obrigatorio recoméndase dedicar un tempo cotián á súa preparación, que debería facerse recorrendo á lectura e realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. Do mesmo xeito, é case imprescindible a lectura da bibliografía de apoio xeral e da específica que aporte o profesor co programa para obter unha visión máis completa da que é posible ofrecer nas clases expositivas. Tamén é recomendable o manexo de atlas históricos, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou dixitais.
    É conveniente así mesmo a realización persoal polo alumno de comentarios de textos, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio desta disciplina e unha mellor comprensión dos contidos da materia. É frecuente que caia na paráfrase ou ben que se esqueza por completo dos textos e redacte o tema, que é un calco dos apuntamentos recibidos. O alumno debe aprender a organizar os datos que se lle ofrecen e a os estruturar e explicar debidamente.
    Na realización dos traballos bibliográficos e das actividades prácticas obrigatorias convén coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, do mesmo xeito que a creatividade persoal e o rigor científico.

    Observacións
    Aínda que non existen prerrequisitos, fóra dos estrictamente normativos (comprensión lectora e dominio da expresión escrita), é conveniente para o aprovechamiento integral da materia, haber cursado anteriormente as asignaturas de historia Antiga, Historia Medieval, Historia Moderna e historia Contemporánea (materias de primeiro e segundo curso do grado).