Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101341 - Historia de Galicia (Formación Humanística) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Medieval e Moderna, Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Medieval, Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Baliñas Pérez, José Carlos.SI
CABANA IGLESIA, ANA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os dous grandes obxectivos da materia son:
    1. Ofrecer ao alumnado una visión panorámica do proceso de formación histórica de Galiza, con especial incidencia nos aspectos sociais, políticos, económicos e culturais que axuden a enmarcar a comprensión da sociedade galega actual e a súa identidade específica no marco da Península Ibérica e de Europa.
    2. Propiciar o desenvolvemento dun sentemento de identificación, respeto, aprezo e curiosidade cara a Historia de Galiza

    Contidos
    1. A Historia de Galiza como concepto e como método
    2. A Galiza castrexa
    3. A Galiza romana
    4. A Galiza xermánica
    5. A Galiza altomedieval
    6. A Galiza de Xelmírez (ss. XII-XIII)
    7. A Galiza dos Irmandiños (ss. XIV-XV)
    8. A Galiza do Antigo Réxime (I): foros, fidalgos e frades
    9. A Galiza do Antigo Réxime (II): cultura letrada e cultura popular
    10. A Galiza Contemporánea (I). Culturas políticas: liberalismo, republicanismo, nacionalismo.
    11. A Galiza Contemporánea (II): A construción da Galiza democrática. Da "cultura do medo" á acción colectiva
    Bibliografía básica e complementaria
    AA.VV. (1991). Galicia. Historia. A Coruña (varios tomos)
    AA.VV. (1995). Historia de Galicia. A Coruña (varios tomos)
    AA.VV (1998). Atlas Histórico de Galicia, Vigo.
    Arias Vilas, F. (1992). A romanización de Galicia. Vigo
    Artaza Montero, M.M. (1998), Rey, reino y representación. La Junta General del Reino de Galicia. Madrid
    Baliñas Pérez, C. (1998), Gallegos del año Mil. A Coruña.
    Barreiro Fernández, X.R. (2008). O carlismo galego. A Coruña
    Barreiro Fernández, X.R. (2009). Historia social da Guerra da Independencia en Galicia. Vigo
    Cabo Villaverde, M. (1998). O agrarismo galego. Vigo
    Calo Lourido, F. (1997). A cultura castrexa. Vigo
    Carballo, F. (et al.) (1991). Historia de Galicia. Vigo
    Dubert, I. (1992). Historia de la familia en Galicia durante la época moderna, A Coruña
    Eiras, A. (coord.) (1998). El reino de Galicia en la monarquía de Felipe II. Santiago de Compostela
    Framiñán, A. (2005), Galicia na Idade Media, A Coruña.
    Fernández Prieto, L. (1992). Labregos con ciencia. Sociedade, estado e innovación tecnolóxica en Galicia (1850-1936). Vigo
    Beramendi, J. (2007). De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo
    Juana, J. de e Prada, J. (coords.) (2005). Historia contemporánea de Galicia. Barcelona
    Míguez Macho, A. ( (2011), Historia breve de Galicia, Madrid
    Portela, E. e Pallares, M.C. (1992). De Galicia en la Edad Media. Santiago de Compostela
    Precedo Garazo, A. (2002). Os devanceiros dos pazos. Santiago de Compostela
    Rey Castelao, O. (2010). Historia das mulleres en Galicia. Idade Moderna. Santiago de Compostela
    Saavedra, P. (1992). A vida cotiá na Galicia do Antigo Réxime. Santiago de Compostela
    Vázquez Varela, X.M. (et al.) (1996). Nova historia de Galicia, A Coruña
    Villares, R. (2004). Historia de Galicia. Vigo

    Competencias
    1G Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos na área das Humanidades e da Cultura como resultado da súa educación secundaria xeneral, conseguidos tanto a través de libros de texto avanzados, como procedentes da avangarda destes dous campos de estudo

    2G Que os estudantes saiban aplicar seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura
    3G Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética

    4G Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

    5G Que los estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe
    necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía

    T1 Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en
    situacións comunicativas diversas

    T2 Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal
    axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos

    E4 Adquisición de coñecementos profundos acerca de calquera materia do
    ámbito humanístico

    E5 Capacidade de elaboración de comentarios razonados e críticos de obras e
    textos relacionados con calquera área do ámbito humanístico

    E6 Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de
    iniciación elemental á investigación

    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia da materia ordenarase arredor de dúas modalidades: aulas expositivas a cargo do docente e sesións de exposición e debate a cargo dos/as alumnos/as, baixo a dirección e supervisión do profesor. Nestas últimas o alumnado será responsable de realizar unha lectura crítica e razoada dos materiais sinalados polo profesor (textos, mapas, documentais, etc.). Nos días sinalados para cada unha das lecturas, os alumnos/as entregarán os comentarios por escrito (no caso de que así se soliciten) ao inicio da aula e procederase a realizar unha reflexión conxunta sobre os contidos das lecturas
    Sistema de evaluación
    Alicérzase no criterio da avaliación continua. Deste xeito, serán obxecto de avaliación a totalidade das actividades desenvolvidas polo alumnado ao longo de todo o cuadrimestre.
    Valoración porcentual da avaliación: asistencia e participación (10% da nota final), realización, presentación e defensa de actividades (20%), recensión (20%), proba obxectiva (50%)

    A estarmos a falar dun sistema de avaliación continua, o alumnado que teña que acudir á convocatoria de xullo só terá dereito á realización da proba específica, manténdose as cualificacións obtidas nos restantes apartados.

    Para alumnado repetidor (que optase por non implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario), a avaliación da materia reducirase á proba final (común aos casos anteriores), respectándoselle durante o seguinte curso académico as cualificacións obtidas nos restantes apartados obxecto de avaliación, así como a súa proporcionalidade
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais teóricas: 18
    Horas presenciais prácticas: 27
    Horas de traballo do alumno/a fóra da aula, incluída a avaliación: 67.5
    Horas totais: 112.5

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ao estar falando dunha materia de contidos amplos e complexos, recoméndase dedicar un tempo diario á súa preparación, que debería facerse recorrendo á realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos que facilite o seu estudo e asimilación. Do mesmo xeito, e por iguais razóns, resulta imprescindible o recurso á bibliografía que acompaña ao temario, fundamental para completar e complementar as explicacións ofrecidas na aula, necesariamente básicas de máis. Por tratarse dunha materia que se organiza a partir de temas e asuntos aínda moi próximos no tempo (algúns de plena actualidade), a lectura da prensa diaria é altamente recomendable. Por último, convén prestar especial atención tanto á realización dos traballos como á súa posterior presentación en público, coidando a redacción e a expresión e evitando as improvisacións.