G5101344 - Idioma Moderno para a Xestión Cultural (Lingua Francesa) (Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana
- Áreas: Filoloxía Francesa
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoFrancésInglésObxectivos da materiaObxectivos xerais:
1) Conseguir que os estudantes desenvolvan un espíritu analítico e de síntese
2) Conseguir que comuniquen eficazmente en situacións diversificadas
Obxectivos específicos:
1) Familiarizar aos alumnos cos múltiples aspectos da actividade cultural a través da lengua francesa
2) Abordar a comunicación en francés mediante o estudo de prácticas culturais
ContidosTemas do curso:
1) Lingua e Cultura
2) Contidos, valores e discursos culturais
3) Identidade, mundialización e dimensión cultural
4) Eidos e oficios da cultura
5) Mediación lingüística e cultural
Bibliografía básica e complementariaCARLO, M. de, (1998): L’Interculturel, Paris: Clé-international.
CAUNE, J., (1999): La culture en action, Grenoble: PUG.
CERTEAU, M. de (1993): La culture au pluriel, Paris, Seuil.
CICUREL, F. PEDOYA, E. PORQUIER, R., (1991): Communiquer en français, Paris: Hatier/Didier.
DEBIESSE, F. (2010): Le mécénat, Paris: PUF, coll. Que sais-je?,
CompetenciasCompetencias xerais:
1) Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e Difusión cultural) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética (3G);
2) Saber transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado(4G)
Competencias específicas:
1) Comprender razoadamente o interése do diálogo intercultural e a necesidade dol respeto ás diferenzas culturais (E3).
2) Ter habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión por tódolos canles de distribución do eido literario, musical e audiovisual (E8)
Metodoloxía da ensinanza Clases fundamentalmente prácticas sobre os temas do programa.
Entrega das lecturas que hay que realizar na casa, e análise e comentarios desas lecturas en clase.
Exposicións orais e recensións escritas acerca dos temas do programa.
Sistema de evaluación1ª Oportunidade (ordinaria):
Avaliación continua:
- Asistencia (10%) e participación (10%): 20% da nota final
- Exposicións orais (10%) e recensións (10%): 20% da nota final
Avaliación final:
- Disertación escrita sobre un tema do programa:60% da nota final.
A nota final será a media de cada unha das evaluaciones.
2ª Oportunidade (extraordinaria o de recuperación):
Para presentarse á segunda oportunidade, o alumno tendrá que terse presentado como mínimo á unha das dúas evaluacións da primeira oportunidade (excepto exención de asistir ás aulas autorizada pola Xunta de Facultade).
1) se o alumno ten aprobada a avaliación continua, so tendrá que presentarse á proba da disertación (60% da nota final)
2) se o alumno non ten aprobada a avaliación continua, deberá realizar:
- unha disertación escrita sobre un tema do programa: 60% da nota final
- unha exposición oral sobre outro tema do programa: 40% da nota final.
Para os repetidores:
- A asistencia á clase non se esixirá se o alumno asistiu ao curso o ano anterior e se ten aprobada a evaluación continua. Para o resto dos casos, aplicaránse os mesmos criterios de avaliación quepara os non repetidores.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno deberá adicar 1,5 h de traballo individual por cada hora presencial (45h) para ben dominar a materia. Ese traballo consistirá en ler os textos entregados na clase, preparar as exposicións orais, redactar as recensións e preparar as probas finais.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase ao alumno que asista con regularidade ás clases e que participe activamente nos debates coa finalidade de adquirir un bo dominio da lingua e dos contidos do programa.
ObservaciónsA lingua de impartición da materia será o francés.