Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101448 - Pragmática e Comunicación Intercultural (Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Lingüística Xeral
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia contribúe á consecución de tres OBXECTIVOS XERAIS que aparecen na memoria da titulación.
    1. O primeiro deles está relacionado coa adquisición de contidos:
    Familiarizar ao estudante cos diferentes sectores que inciden no desenvolvemento da cultura humana, tanto no pasado como na actualidade: as canles, soportes e mecanismos de difusión cultural (desde os documentos escritos aos medios audiovisuais), as linguas naturais (nas súas vertentes oral e escrita), etc., preparándoo para iniciar o desempeño de actividades profesionais relacionadas co mundo da cultura.

    2. O segundo persegue a experimentación de certos procedementos:
    Estimular a creatividade para dar respostas adecuadas aos problemas formulados e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.

    3. O terceiro, e último, ten como finalidade o fomento de actitudes positivas:
    Respectar a diversidade étnica, lingüística e cultural, e valorar a necesidade de conservar toda esa diversidade.

    Ao mesmo tempo, os principais OBXECTIVOS ESPECÍFICOS que singularizan esta materia con relación a todas as demais do currículo son:
    1. Proporcionar coñecementos ao alumnado que lle permitan comprender e analizar o ámbito cultural e as diversas formas de comunicación e interacción no mundo global.
    2. Desenvolver o dominio de técnicas e métodos para a análise do funcionamento dos diferentes patróns comunicativos nas interaccións interculturais.
    3. Facilitar a comprensión dos procesos de produción e interpretación propios da interacción entre falantes de diversas linguas e culturas en contextos variados (escolar, sanitario, administrativo, etc.).
    4. Proporcionar recursos para xestionar a complexidade e diversidade lingüística e resolver conflitos ligados ao contacto de linguas e ao choque de diferentes patróns comunicativos
    nas relacións interpersoais.
    5. Iniciar os estudantes na aplicación dos coñecementos pragmáticos a ámbitos profesionais como a mediación intercultural e a planificación comunicativa de empresas e institucións.
    Contidos
    TEMA 1. As principais dimensións da comunicación intercultural: a comunicación verbal e non verbal en diferentes culturas. Posta en valor da eficacia comunicativa.

    TEMA 2. Actos de fala. Definición. Tipos de actos ilocutivos. A indirección na comunicación intercultural.

    TEMA 3. Interpretación e inferencia. O principio de cooperación e as máximas conversacionais. A universalidade do principio de cooperación.

    TEMA 4. Cortesía. Diferencias comunicativas e valores socioculturais.

    TEMA 5. Turnos de fala. A xestión da conversa en contextos multilingües e interculturais.

    TEMA 6. Aplicacións da Pragmática intercultural. Novos perfís profesionais: a figura do mediador intercultural. Os problemas de comunicación intercultural nas empresas e servizos públicos: detección e resolución de conflitos comunicativos.

    Bibliografía básica e complementaria
    1. Introducións á Pragmática, panorámicas e dicionarios

    BERTUCCELLI PAPI, Marcella (1993): Qué es la Pragmática. Madrid: Paidós.
    ESCANDELL VIDAL, Mª Victoria (1996): Introducción a la pragmática. Barcelona: Ariel.
    GUTIÉRREZ ORDÓÑEZ, Salvador (1996): Presentación de la Pragmática. León: Universidad de León.
    HERNÁNDEZ SACRISTÁN, Carlos (1990): "Pragmática". En Ángel López García et alii: Lingüística general y aplicada. Valencia: Universitat de València. 243-272.
    LEECH, Geoffrey N. (1983): Principles of Pragmatics. London: Longman. Tradución española de Felipe Alcántara Iglesias: Principios de Pragmática. Logroño: Universidad de La Rioja. 1998.
    LEVINSON, Stephen C. (1983): Pragmatics. Cambridge: Cambridge University Press. Tradución española de África Rubiés Mirabet: Pragmática. Barcelona: Teide. 1989.
    MEY, Jacob L. (1993): Pragmatics. An Introduction. Cambridge: Blackwell. 20022.
    MOESCHLER, Jacques & Anne Reboul (1999): Diccionario enciclopédico de pragmática. Madrid: Arrecife.
    ÖSTMAN, Jan-Ola and Jef VERSCHUEREN (2010): Handbook of pragmatics. .Amsterdam: J. Benjamins
    REYES, Graciela (1990): La pragmática lingüística. Un estudio del uso del lenguaje. Barcelona: Montesinos.
    REYES, Graciela (1995): El abecé de la pragmática. Madrid: Arco Libros.
    VERSCHUEREN, Jef (1999): Understanding Pragmatics. London: Arnold. Tradución española de Elisa Baena Pedraza & Marta Lacorte: Para entender la Pragmática. Madrid: Gredos. 2002.
    VERSCHUEREN, Jef & Marcella BERTUCCELLI-PAPI (eds.) (1987): The Pragmatic Perspective: selected papers from the 1985 International Pragmatics Conference. Amsterdam: John Benjamins.

    2. Introducións á comunicación intercultural

    ASANTE, Molefi Kete et alii (eds.) (2008): The Global Intercultural Communication Reader. New York: Routledge.
    GRUPO CRIT (2003): Claves para la comunicación intercultural. Análisis de interacciones comunicativas con inmigrantes. Castellón: Universitat Jaume I.
    GRUPO CRIT (2006) Culturas cara a cara. Relatos y actividades para la comunicación intercultural. Madrid: Edinumen. Libro + DVD.
    GUDYKUNST, William & Young Yun KIM (1992): Communicating with Strange. New York: Mcgraw Hill Higher Education.
    HERNÁNDEZ SACRISTÁN,Carlos (1999): Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Valencia: Octaedro.
    KOTTHOFF, Helga & Helen SPENCER-OATEY (eds.) (2007): Handbook of Intercultural Communication. Berlin: Mouton de Gruyter.
    MARTIN, Judith, Thomas NAKAYAMA & Lisa FLORES (eds.) (2001): Readings in Intercultural Communication: Experiences and Contexts. Boston: McGraw Hill.
    MARTÍN ROJO, Luisa (2010): Constructing inequality in multilingual classrooms. Berlin: Mouton de Gruyter.
    PAN, Yuling, Suzanne Wong SCOLLON & Ron SCOLLON (2002): Professional Communication in International Settings. Malden, Massachusetts: Blackwell.
    PILLER, Ingrid (2011): Intercultural Communication: A Critical Introduction. Edinburgh: Edinburgh University Press.
    RAGA GIMENO, Francisco (2005): Comunicación y cultura. Propuestas para el análisis transcultural de las interacciones comunicativas cara a cara. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
    RODRIGO ALSINA, M. (1999): Comunicación intercultural. Barcelona: Anthropos.
    SCOLLON, Ron & Suzanne Wong SCOLLON (2000): Intercultural Communication: A Discourse Approach. Oxford: Blackwell.
    TING-TOOMEY, Stella (1999): Communicating across Cultures. New York: Guilford.
    WIERZBICKA, Anna (1991): Cross-cultural pragmatics. Amsterdam.

    Competencias
    Competencias xerais
    G2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
    G4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

    Competencias específicas
    E1 Adquirir os coñecementos básicos que permitan comprender as distintas compoñentes que interveñen na actividade lingüística e os principais métodos e recursos para o seu estudo científico.
    E3 Comprender razoadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferencias culturais.
    E9 Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.

    Competencias transversais
    T2 Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
    T3 Habilidade no uso das novas tecnoloxías.

    Metodoloxía da ensinanza
    1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
    Nas clases expositivas trataranse os contidos que supoñan una maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da materia. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición da profesora e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.

    2. SESIÓNS INTERACTIVAS
    As clases interactivas estarán dedicadas á realización de exercicios prácticos baseados fundamentalmente na análise exhaustiva de diversas situacións comunicativas e a proposta de alternativas de mellora da eficacia comunicativa.

    3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
    O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.

    4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
    No traballo persoal do alumnado fóra das horas de clase prestarase especial atención á lectura, a escritura e o comentario, para potenciar as súas capacidades comunicativas e a súa capacidade de aprendizaxe autónoma.
    Utilizarase a plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta para a interacción entre a profesora e o alumnado da materia.

    5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
    Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.

    Sistema de evaluación
    1ª OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO):
    Realizarase por avaliación continua: o 50% da cualificación corresponderá ás actividades e traballos realizados ou programados nas sesións interactivas. O 50% restante corresponderá á elaboración do portafolios da materia. A estrutura deste portafolios será explicada ao principio do curso pola profesora e dedicarase unha titoría para orientar e revisar a presentación final do mesmo.
    Os aspectos, criterios e instrumentos de avaliación serán os seguintes:

    1º Aspecto: Asistencia, participación e aproveitamento das clases presenciais.
    -----Criterios: (1) Participación activa nas clases.
    ----------------(2) Calidade científica dos traballos: asimilación de contidos, comprensión dos textos, análises e interpretacións adecuadas
    -----Instrumentos: Traballos escritos entregados ou expostos nos seminarios ou nas titorías programadas.
    -----Valor: 50%

    2º Aspecto: Conceptos, métodos e ferramentas aprendidos durante todo o curso.
    -----Criterios: (1) Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
    ----------------(2) Aproveitamento das lecturas obrigatorias.
    -----Instrumento: Portafolios da materia.
    -----Valor: 50%

    2ª OPORTUNIDADE (MES DE XULLO):
    Efectuarase exclusivamente a través dun exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións interactivas). Este exame realizarase na data establecida pola Secretaría da Facultade para o mes de xullo.

    ALUMNADO REPETIDOR:
    Deberá seguir o mesmo sistema de avaliación da primeira oportunidade.

    ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA TEÓRICA:
    Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continua, deberán falar coa profesora na primeira semana do semestre para establecer un plan de traballo alternativo.

    ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
    O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo á profesora, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
    URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como consta na Memoria da titulación, está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas a esta materia, das que 45 corresponden a traballo presencial na aula e 67,5 a traballo autónomo e preparatorio.
    A carga da actividade presencial desenvolverase en 2,5 horas semanais, e repartiranse a partes iguais as sesións expositivas e as sesións interactivas, tal e como se indica a continuación:
    1. Sesións expositivas: 18 horas. A estas 18 horas expositivas corresponden 22,5 horas non presenciais que se deben dedicar ao estudo e preparación de actividades programadas.
    2. Sesións interactivas: 18 horas. Están vinculadas coa actividade non presencial de realización do portafolios da materia: 20 horas.
    3. Sesións de titoría programada: 2,25 horas. A estas corresponde unha carga non presencial de 15 horas que deben ser dedicadas á realización de lecturas recomendadas.
    4. Sesións de avaliación: 3 horas. A presentación final do portafolios o día do exame oficial precisará unhas 10 horas de preparación non presencial.
    5. Outras actividades: 3,75 horas presenciais.

    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
    -Atender as orientacións específicas da profesora en canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo, etc.
    -Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación portafolios para o final de curso.
    -Ter a man fontes para preparar o labor de aprendizaxe nesta materia (dicionarios, manuais, etc.).
    -Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.