Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101449 - Publicidade e Cultura (Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ FONTELA, Mª ANGELES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Facer conscientes aos alumnos dos procedementos construtivos e da finalidade persuasiva da publicidade.
    -Fomentar a recepción crítica da publicidade.
    -Facilitar a comprensión do texto publicitario como produto no que interveñen códigos e artes diversos.
    -Facer visíbeis os valores culturais e os mitos que potencia ou crea a publicidade.
    -Estabelecer vínculos entre a publicidade e os procesos de identidade cultural, de interculturalidade e de globalización.

    Contidos
    1. Introdución teórica e histórica á publicidade. Publicidade e cultura.

    2. Retórica publicitaria. Valores e lugares comúns. Soportes, códigos e medios publicitarios. Composición e linguaxe dos anuncios publicitarios.

    3. Remitoloxización e creación de mitos publicitarios.

    4. Publicidade e identidade cultural. Interculturalidade e globalización.

    Bibliografía básica e complementaria
    -Adam, J.-M., y M. Bonhome (1997). L'argumentation publicitaire. Rhétorique de l'éloge et de la persuasión. París: Nathan. [Trad. en Cátedra, 2000]
    -Barthes, R. (1957). Mythologies. En Roland Barthes, Oeuvres complètes, I. París: Du Seuil, 1993, 561-680.
    -Barthes, R. (1963). “Le message publicitaire”. En Roland Barthes, Oeuvres complètes, I. París: Du Seuil, 1993, 1143-1146.
    -Barthes, R. (1964). “Rhétorique de l'image”. En Roland Barthes, Oeuvres complètes, I. París: Du Seuil, 1993, 1417-1429.
    -Bassat, Luis (2001). El libro rojo de la publicidad. Ideas que mueven montañas. Barcelona: Plaza y Janés.
    -Bürki, Yvette (2005). La publicidad en escena. Análisis pragmático textual del discurso publicitario de revistas en español. Lausanne: Hispánica Helvética.
    -Espinosa Vera, Pablo (comp.) (2005). Semiótica de los mass-media. Imperio del discurso de la comunciación global. México : Océano.
    -Everaert- Desmedt, Nicole (2007). “La carte postale publicitaire: une invitation au voyage intermédiatique”, Visible, 3.
    -Fernández, Eduardo (2006). Retórica clásica y publicidad. Logroño : Instituto de Estudios Riojanos.
    -Groupe µ (1992). Tratado del signo visual. Para una retórica de la imagen. Madrid: Cátedra, 1993.
    -Healey, Matthew (2009). ¿Qué es el branding? Barcelona: Gustavo Gili.
    -Hernández Martínez, Caridad (1999). Manual de creatividad publicitaria. Madrid: Síntesis.
    -Himpe, Tom (2008). La publicidad de vanguardia. Barcelona: Blume.
    -Joannis, Henri (1990). El proceso de creación publicitaria: planteamiento, concepción y realización de los mensajes. Bilbao: Deusto.
    -López Vázquez, Belén (2007). Publicidad emocional. Estrategias creativas. Madrid: ESIC Editorial.
    -López Eire, A. (1998). La retórica en la publicidad. Madrid: Arco Libros.
    -Mahon, Nik (2010). Dirección de arte. Publicidad. Barcelona: Gustavo Gili.
    -Meyers, William (1991). Los creadores de la imagen: poder y persuasión en Madison Avenue. Barcelona: Ariel.
    -Moliné, M. (1999). La fuerza de la publicidad. Saber hacer buena publicidad. Saber administrar su fuerza, [s.l.], Cinco Días.
    -Perelman, Ch., y L. Olbrechts-Tyteca (1989). Tratado de la argumentación. La nueva retórica. Madrid: Gredos.
    -Pérez, Chechu, et al. (2007). Creatividade galega. Santiago: Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria.
    -Ricarte Bescós, José María (1998). Creatividad y comunicación persuasiva. Bellaterra (Barcelona): Universitat Autónoma de Barcelona.
    -Saborit, José (1994). La imagen publicitaria en televisión. Madrid: Cátedra.
    -Sánchez Corral, L. (1997). Semiótica de la publicidad. Narración y discurso, Madrid: Síntesis.
    -Sánchez Revilla, Miguel Ángel (1998). ¿Dónde está mi competencia? ¿Cómo utilizar y realizar de la forma más positiva el análisis de competencia en publicidad. Madrid: Infoadex.
    -Sartori, Giovanni (2002). Homo videns: la sociedad teledirigida. Madrid: Taurus.
    -Sierra Sánchez, Javier, y Sheila Liberal Ormaechea (coord.) (2011). Reflexiones científicas sobre cine, publicidad y género desde la óptica audiovisual. Madrid: Fragua.
    -Spang, Kart (1979). Fundamentos de retórica literaria y publicitaria. Pamplona: EUNSA.
    -Valderrama Santomé, Mónica (2008). A publicidade televisiva en Galicia. Análise dos emisores, soportes e tendencias creativas (1960-2000. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
    -Vázquez Gestal, Montserrat (2005). Manual de creatividad publicitaria. Vigo: Universidad de Vigo.
    -Williams, Eliza (2010). La nueva publicidad. Las mejores campañas. B
    Competencias
    -Tomar conciencia da repercusión que a publicidade ten na configuración do esquema de valores que rexe a sociedade.
    -Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o fenómeno publicitario mediante o manexo de conceptos teóricos e retóricos de especial incidencia na publicidade.
    -Aquilatar a capacidade de reflexión en todos os ámbitos de xeito que a aprendizaxe obtida nesta materia poida ser aplicábel a calquera obxecto cultural que teña que ver coa publicidade desde o eido lingüístico, retórico ou artístico.
    -Afacerse a estabelecer relacións analóxicas entre a publicidade e outras manifestacións lingüísticas, artísticas e culturais.
    -Facer uso das novas tecnoloxías para procurar textos publicitarias e para crealos.
    -Activar a imaxinación e a creatividade na composición de carteis e mensaxes publicitarios.
    -Indagar no potencial que a publicidade ten na cohesión e na identidade dunha sociedade.
    -Adquirir o hábito de estabelecer conexións interculturais a partir da publicidade.
    -Ser consciente do que a publicidade toma dos medios globalizados e do que aporta á globalización.

    Metodoloxía da ensinanza
    Tendo en conta a metodoloxía retórica coa que se pretende fornecer ao alumnado para o cumprimento dos obxectivos e competencias propostas neste programa –metodoloxía que se adquirirá e practicará fundamentalmente no segundo tema–, as clases orientaranse nunha dobre vertente retórica: a análise e interpretación de textos publicitarios, por unha banda, e a produción de textos publicitarios, por outra. As ferramentas para unha e outra operación serán adquiridas a partir do coñecemento dos recursos construtivos fornecidos fundamentalmente na práctica da análise e interpretación de anuncios procedentes de diversos medios.
    Neste sentido a división de sesións expositivas e interactivas non é ríxida senón orientadora. Procuraráse sempre que os coñecementos teóricos proveñan da interpretación dos textos publicitarios.
    No que atinxe ao cronograma da materia, haberá unha maior dose de exposición teórica no primeiro tema que non ocupara máis que unhas poucas sesións (finais de xaneiro e principios de febreiro). O segundo tema (o central da materia) ocupará gran parte do mes de febreiro, marzo e posiblemente algunha sesión de abril. O resto das sesións do mes de abril (hai que ter en conta neste mes de abril o baleiro lectivo da Semana Santa) e as dos primeiros días de maio destinaranse aos dous seguintes temas.
    Para o maior aproveitamento da materia e a consecución de obxectivos e competencias, o alumnado terá de cooperar en todas as clases cunha escoita activa (a empatía coa materia e co persoal da clase é fundamental neste sentido) e así mesmo cunha actitude crítica que o faga partícipe (en preguntas, respostas e opinións), nunha grande dose, do desenvolvemento da clase. O espírito da clase deberá ser a dun latente e continuo debate.

    Sistema de evaluación
    Exame final (60%), participación activa na clase (10%), elaboración de traballos e exposicións (30%).
    Á parte do exame final, valorarase a participación nas clases expositivas e interactivas, a capacidade para debatir cos compañeiros, a creación dun texto publicitario e a redacción e exposición dun breve traballo analítico e interpretativo dun texto publicitario seleccionado polo propio alumno.
    Serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade léxica na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso e a capacidade de síntese.
    Os criterios expostos manterán validez nas avaliacións de maio e xullo e en posteriores convocatorias. Excepcionalmente, estimaranse circunstancias individuais que condicionen o seguimento estrito destas tarefas programadas para o desenvolvemento cotián da materia.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ás 38 horas e media presenciais (18 horas de sesións expositivas; 18 de interactivas e 2’5 de titorías), súmanse 74 horas de traballo non presencial. A distribución destas últimas horas é orientadora (cada alumno seguirá a distribución que más se axeite ás súas necesidades e intereses):
    1) Actividades non presenciais dirixidas: 16 horas (Consulta e estudo de documentos e fontes de información e doutro tipo de canles para formarse na materia).
    2) Actividades non presenciais libres: 58 horas.
    a. Preparación dos traballos creativo e interpretativo: 18 horas.
    b. Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas e de titoría: 15 horas.
    c. Preparación de exames e titorías non presenciais: 15 horas.
    d. Actividades autónomas de libre disposición para preparar a materia, e seguimento da aula virtual: 10 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    É fundamental unha asistencia regular e puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e crítica de textos e fontes de aprendizaxe e o uso de todas as canles comunicativas coa profesora da materia. En particular aconséllase ao alumnado o aproveitamento das horas de titoría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.
    Observacións
    Para obter un pleno rendemento na materia, é recomendábel unha familiarización previa cos medios audiovisuais particularmente no que atinxe ao vocabulario técnico procedente doutras artes (fotografía, pintura, escultura, arquitectura, cine, música, fundamentalmente). É recomendábel tamén o dominio dos idiomas oficiais (castelán e galego), nos seus extremos de corrección lingüística, e o coñecemento doutros idiomas para aproveitamento da lectura de textos publicitarios e de fontes bibliográficas e electrónicas non expresados nas linguas propias.