Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101423 - Difusión Cultural (Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
COIRA NIETO, JOSE ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo prioritario da materia é a comprensión, análise e síntese das estratexias e procedementos da difusión cultural na sociedade en rede. Perestará atención a que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como se producen os acontecementos e os “seudo-acontecementos” culurais na sociedade, como se converten en noticia e como funciona a comunicación mediada tecnoloxicamente en tódolos soportes nos procesos de difusión. A materia fomentará no alumno a curiosidade por coñecer o funcionamento da complexa sociedade actual e as técnicas para a difusión cultural.
    Contidos
    Os contidos do curso xirarán arredor do estudio e capacitación nas técnicas e estratexias da difusión cultural.


    2.1.-Contidos teóricos


    Os contidos teóricos xirarán arredor dos conceptos básicos dos procesos, xestión e estratexias de comunicación da cultura na sociedade dixital. Analizarase a evolución dos sistemas de comunicación da cultura nas diferentes etapas históricas e reflexionarase sobre o coñecemento acumulado para a aplicación nas sociedades actuais das estratexias de comunicación precisas para alcanzar a proxección pública e a comprensión das mensaxes no ámbito da difusión cultural.

    2.2.-Contidos prácticos

    Os contidos prácticos xirarán arredor das técnicas e estratexias da difusión cultural en tódolos soportes.



    2.3.-Temas do programa

    1.-A Comunicación da cultura na historia da Humanidade
    -A evolución das formas de difusión cultural
    -A comunicación colectiva e os novos modelos

    2.-Ecosistema mediático e acción cultural
    -Estrutura da oferta comunicativa e medios especializados
    -A cultura como área temática
    -Difusión cultural nos medios

    3.-Os acontecementos culturais e a súa versión mediática
    -Características da oferta de contidos dos medios
    -A versión mediática dos feitos culturais
    -Iniciativas de medios de información cultural de éxito

    4.-As tecnoloxías actuais e a difusión cultural
    -Acción e difusión cultural na sociedade en rede
    -A autocomunicación como opción
    -A comunicación das institucións culturais

    5.-Técnicas e estratexias para unha comunicación eficiente das actividades culturais
    -Técnicas e estratexias habituais na difusión cultural
    -Desafíos na sociedade actual para a difusión cultural


    Bibliografía básica e complementaria
    3.1.-Bibliografía básica

    FONTCUBERTA, M. (1993). La noticia. Pistas para percibir el mundo. Madrid: Ediciones Paidós.
    GARCÍA CANCLINI, N. (1997): Cultura y Comunicación: entre lo Global y lo local. Buenos Aires. Universidad Nacional de La Plata.
    LOSADA DÍAZ, J.C. –coord.- (2004): Gestión de la comunicación en las organizaciones. Barcelona. Ariel.
    TUBAU, I. (1982). Teoría y práctica del periodismo cultural: Barcelona. ATE.
    VV.VV. (1999): Estudios de periodística VII. Periodismo y promoción cultural. Bilbao. Universidad del País Vasco.



    3.2.-Bibliografía complementaria

    DÍAZ PLAJA, G. (1971): La cultura como noticia. Barcelona. Dopesa.
    LÓPEZ, X./GARCÏA, Berta (2009). Construíndo a realidade. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
    MESQUITA, M. (2007). El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Madrid. Fragua.
    RIVERA, J.B. (1995): El periodismo cultural. Buenos Aires. Paidós
    TÚÑEZ, M. (1999). Producir noticias. Cómo se fabrica la realidad periodística. Santiago de Compostela. Tórculo Edicións.



    Competencias
    O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como funciona a difusión cultural na sociedade en rede e que domine as técnicas básicas de comunicación cultural para que as poida aplicar ao ámbito das institucións culturais.
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, traballos individuais e grupais tutorizados, análises de procesos de comunicación oral e escrita…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de elaboración de estratexias e productos de difusión cultural.


    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
    a. Exame/s teórico/s
    b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
    c. Participación activa e positiva nos seminarios.
    d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno terá que dedicar corenta e catro horas e media de traballo presencial e cento dúas horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará no campus virtual da USC.