Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101424 - Estrutura do Sistema Cultural de Galicia (Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALVAREZ GAYO, ELVIRA.SI
Vaz Guerrero, Francisco Javier.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo prioritario da materia é o coñecemento do modelo de organización do sistema cultural de Galicia, dos seus actores e as características do seu funcionamento. Prestarase especial atención a que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como funciona o sistema cultural de Galicia, coas súas fortalezas e debilidades. A materia fomentará no alumno a curiosidade por coñecer o funcionamento da complexa sociedade actual e o papel que nela cumpre a estrutura do sistema cultural de Galicia.
    Contidos
    Os contidos do curso xirarán arredor do estudio e capacitación dos elementos que integran a estrutura do sistema cultural de Galicia e os seus principais actores.


    2.1.-Contidos teóricos


    Os contidos teóricos xirarán arredor dos conceptos básicos da estrutura, dos modelos organizativos, da relación entre os distintos actores e das características da estrutura do sistema cultural de Galicia..

    2.2.-Contidos prácticos

    Os contidos prácticos xirarán arredor da análise de iniciativas dos actores da estrutura do sistema cultural de Galicia.



    2.3.-Temas do programa

    1.-Orixe e evolución do sistema cultural de Galicia
    -A s principais etapas
    -Os principais actores nas diferentes etapas

    2.-Os principais actores do sistema cultural
    -Os diferentes sectores e as súas características
    -Desafíos no escenario actual

    3.-Os organismos e entidades con competencias en materia cultural
    -O marco normativo
    -O papel das diferentes administracións

    4.-O asociacionismo cultural
    -Orixe e evolución
    -Desafíos actuais

    5.-Caracteristicas da estrutura actual do sistema cultural en Galicia
    -Elementos que definen a estrutura
    -A posición dos actores políticos
    -Os desafíos

    Bibliografía básica e complementaria
    3.1.-Bibliografía básica


    GARCÍA CANCLINI, N. (1997): Cultura y Comunicación: entre lo Global y lo local. Buenos Aires. Universidad Nacional de La Plata.
    VV.AA (2011): Reflexión estratéxica sobre a cultura galega. Santiago de Compsostela: Consello da Cultura Galega.
    ZALLO, R. (2011): Estructuras de la comunicación y de la cultura. Políticas para la era digital. Barcelona: Gedisa.


    3.2.-Bibliografía complementaria

    BUSTAMANTE, E. (Ed.) (2011): Industrias creativas: amenazas sobre la cultura digital. Barcelona: Gedisa.
    BUSTAMANTE, E. (Coord.) (2003): Hacia un nuevo sistema mundial de comunicación: industrias culturales en la era digital. Barcelona: Gedisa.
    BUSTAMANTE, E. (Coord.) (2002): Comunicación y cultura en la era digital: industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona: Gedisa.
    MOSCO, V. (2009): Economía política de la comunicación. Reformulación y renovación. Barcelona: Bosch Comunicación.
    REIG, R. (2010): Industrias creativas: amenazas sobre la cultura digital. Sevilla-Zamora: Comunicación Social.
    ZALLO, R. (1988): Economía de la comunicación y la cultura. Torrejón de Ardoz (Madrid): Akal.

    Competencias
    O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como funciona a estrutura do sistema cultural de Galicia na sociedade en rede e o papel que cumpren os diferentes actores
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, traballos individuais e grupais tutorizados, análises de procesos de comunicación oral e escrita…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante analizará iniciativas concretas dos principais actores do sistema cultural e do seu modelo organizativo.


    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
    a. Exame/s teórico/s
    b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
    c. Participación activa e positiva nos seminarios.
    d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.


    Tempo de estudo e traballo persoal

    O alumno terá que dedicar corenta e catro horas e media de traballo presencial e cento dúas horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará no campus virtual da USC.