Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101426 - Protocolo e Comunicación Institucional (Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación, Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALVAREZ GAYO, ELVIRA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo prioritario da materia é o coñecemento teórico e práctico das relación públicas, dos seus procesos e estruturas organizativas, e da comunicación institucional e dos seus procesos. Na materia analizaranse as estratexias e procedementos de comunicación aplicable nas empresas e institucións públicas e privadas, así como técnicas e métodos para a súa análise e evaluación.



    Contidos
    Os contidos do curso xirarán arredor do estudio e capacitación nas estratexias e procedementos de comunicación aplicable nas empresas e institucións públicas e privadas, así como técnicas e métodos para a súa análise e evaluación.


    1.-Contidos teóricos


    Os contidos teóricos xirarán arredor dos conceptos básicos da teoría das relacións públicas e da comunicación institucional.

    2.-Contidos prácticos

    Os contidos prácticos xirarán arredor das técnicas e métodos de análise e evaluación das relacións públicas e da comunicación institucional en organización, empresas, entidades e institucións.


    3.-Temas do programa

    1.-Historia do protocolo
    -Os antecedentes e as orixes formais do protocolo
    -Definicións conceptuais
    -Normas xerais sobre o protocolo


    2.-O protocolo oficial, o protocolo social e o protocolo na empresa
    -Os tratamentos nos diferentes ámbitos oficiais
    -As técnicas e convencións básicas do protocolo social
    -Nocións básicas de protocolo na empresa

    3.-A organización de actos
    -Organización, planificación e desenvolvemento de actos nas sociedades actuais
    -As relacións cos medios de comunicación

    4.-A comunicación institucional
    -Organización e funcionamento da comunicación institucional
    -Teoría e técnicas de comunicación institucional
    -Comunicación e imaxe corporativa















    Bibliografía básica e complementaria
    3.-Bibliografía

    3.1.-Bibliografía básica

    LÓPEZ-NIETO Y MALLO, F. (2003). Manual de protocolo. Barcelona. Ariel.
    MARÍN CALAHORRO, F. (1997). Fundamentos del Protocolo en la Comunicación institucional. Síntesis.
    SOTELO ENRÍQUEZ, C. (2001). Introducción a la Comunicación Institucional Barcelona. Ariel.
    URBINA, J.A. (2001). El gran libro del protocolo. Madrid. Temas de Hoy.


    3.2.-Bibliografía complementaria

    BARQUERO CABREO, J.D. (2007). Los secretos del protocolo, las relaciones públicas y la publicidad. Valladolid. Lex Nova.
    MARÍN CALAHORRO, F. (2004). El protocolo en los actos de empresa: la gestión de eventos corporativos. Fragua




    Competencias
    O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira os coñecementos que lle permitan entender como funcionan as relacións públicas e a comunicación institucional.




    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, traballos individuais e grupais tutorizados, análises de procesos de comunicación oral e escrita…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de protocolo e de comunicación institucional.


    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
    a. Exame/s teórico/s
    b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
    c. Participación activa e positiva nos seminarios.
    d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno terá que dedicar corenta e catro horas e media de traballo presencial e cento dúas horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará no campus virtual da USC.