Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101441 - Análise das Manifestacións Culturais nos Medios (Formación Específica en Produción, Xestión e Difusión Cultural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
COIRA NIETO, JOSE ANTONIO.NON
COIRA NIETO, JOSE ANTONIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo prioritario da materia é a comprensión e análise das manifestacións culturais nos medios. Prestará atención a que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender os contidos culturais canalizados a través dos medios de comunicación. A materia fomentará no alumno a curiosidade por coñecer as diferentes modalidades de manifestacións culturais nos medios.
    Contidos
    2.1.-Contidos teóricos

    Os contidos teóricos centraranse nos conceptos básicos da xerarquización, estruturación, presentación e interación participativa das manifestacións culturais nos medios. Explicaranse as técnicas da análise de contido e os sistemas de evaluación dos contidos culturais e dos efectos destes contidos na cidadanía.

    2.2.-Contidos prácticos

    Os contidos prácticos xirarán arredor das técnicas de análise de contido das manifestacións culturais difundidas nos diferentes soportes e accesibles nos diferentes dispositivos.


    2.3.-Temas do programa

    1.-A axenda cultural dos medios e os actores que interveñen nela
    -Fontes da información cultural
    -A producción dos contidos culturais para os diferentes soportes

    2.-As sección de cultura e outras ventas culturais
    -Espazos nos que se organiza a información das manifestacións culturais
    -As manifestacións culturais, a convivencia cultural e o seu reflexo nos diferentes espazos dos medios

    3.-A analise de contido
    -Características da análise de contido
    -Modelos de análise cuantitativa e cualitativa

    4.-Os efectos dos contidos culturais nos cidadáns
    -Efectos nos comportamentos e hábitos dos cidadáns
    -Os contidos culturais nos debates no espazo público

    5.-Alternativas de análise e seguimento dos contidos culturais
    -Análise de contidos culturais en medios alternativos
    -Debates e experiencias cidadáns arredor dos contidos culturais nos medios

    Bibliografía básica e complementaria
    3.1.-Bibliografía básica

    ANDRÉU ABELA, J. (1998): Las técnicas del análisis de contenido: una revisión actualizada. Puede consultarse en: http://public.centrodeestudiosandaluces.es/pdfs/S200103.pdf
    FONTCUBERTA, M. (1997). Propuestas sistemáticas para el análisis y producción de información periodística especializada, en Esteve, F. coord.-, Estudios sobre Información Periodística Especializada. Valencia. Fundación Universitaria San Pablo CEU.
    KRIPPENDORFF, K. (1990): Metodología de análisis de contenido. Teoría y Práctica. Barcelona. Paidós Comunicación.


    3.2.-Bibliografía complementaria

    BUSTAMANTE, E. –coord.- (2002): Comunicación y cultural en la era digital. Industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona. Gedisa.
    GARCÍA CANCLINI, N. (1997): Cultura y Comunicación: entre lo Global y lo local. Buenos Aires. Universidad Nacional de La Plata.
    RODRÍGUEZ PASTORIZA, F. (2003): Cultura y televisión: una relación de conflicto. Barcelona. Gedisa.


    Competencias
    O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender os contidos das manifestacións culturais canalizadas nos medios, os seus obxectivos e o seu impacto nos cidadáns.


    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, traballos individuais e grupais titorizados, análises de procesos de comunicación oral e escrita…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de elaboración de análise das manifestacións culturais nos medios.


    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua, polo que haberá un seguemento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
    a. Exame/s teórico/s
    b. Exercizos prácticos realizados durante as clases prácticas.
    c. Participación activa e positiva nos seminarios.
    d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno terá que adicar corenta e catro horas e media de traballo presencial e cento dúas horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Seguemento da actualidade nos medios de comunicación, seguemento das actividades programadas e seguemento do material que se actualizará no campus virtual da USC.