G5101443 - Historia Social e Cultural de Europa I (Formación Humanística) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia I, Historia Medieval e Moderna
- Áreas: Historia Antiga, Historia Medieval
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAchegar ao alumnado a un coñecemento global do proceso de conformación de Europa como unha realidade socio-política e un espazo de civilización, centrándose na definición inicial entre os anos 400 e 1500 como un marco social e cultural estructurado arredor do cristianismo e o feudalismo. Buscarase ofertar unha visión sintética, razoada e multicausal, que integre elementos políticos, económicos, sociais e culturais nun contexto de comprensión global dos procesos históricos pasados e a súa plasmación no presente, no marco da interdisciplinariedade propia do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
Contidos0.- A Idade Media como crisol de Europa: conceptos básicos e orientación da materia.
I.- Ruptura, cambio e persistencia no mundo da Cristiandade latina (ss. IV-X):
1.- O legado de Roma e a impronta xermánica. novas bases sociais, novos xeitos de propiedade.
2.- Señorío e Feudalismo na sociedade rural altomedieval.
3.- O retroceso da cultura grecolatina e o renacemento cristianizante dos séculos VIII a X.
II.- A madurez da sociedade feudal no Occidente medieval (ss. XI-XIII):
4.- A revolución agraria e demográfica do "Ano Mil".
5.- Xénese e desenvolvemento do mundo urbano e comercial medieval.
6.- Estructura e dinámica da sociedade da Plena Idade Media.
7.- O nacemento dunha cultura propia europea-occidental e cristián: Románico e Gótico.
III.-Crise e renovación da sociedade europea medieval (ss.XIV-XV):
8.- O ciclo da depresión e a recuperación demográfica e económica.
9.- Da sociedade medieval á sociedade moderna: o peso social dos cambios.
10.- Igrexa, relixiosidade e cultura no "Outono da Idade Media".
Bibliografía básica e complementariaIdade Media:
José Ángel GARCÍA DE CORTÁZAR e José Ángel SESMA, Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza Editorial, 2008.
Vicente ALVAREZ PALENZUELA e outros, Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2002.
Emilio MITRE, Historia de la Edad Media en Occidente, Madrid, Cátedra, 1995.
Robert FOSSIER e outros, La sociedad medieval, Barcelona, Crítica, 1996.
Europa:
.- Feliciano NOVOA e Javier VILLALBA, Historia de Europa a través de sus documentos, Barcelona. Lunwerg, 2012.
.- Jean-Fréderic SCHAUB, ¿Tiene Europa una historia?, Madrid, Akal, 2013.
.- Jean CARPENTIER e François LEBRUN, Breve Historia de Europa, Madrid, Alianza, 1998.
Outras obras de consulta:
Angus MACKAY e David DITCHBURN, Atlas de Europa medieval, Madrid, Cátedra, 2011.
Herman KINDER e Werner HILGEMANN, Atlas histórico mundial (I), Madrid, Istmo, 1999.
Atlas "The Times" de Historia de la Humanidad, Barcelona, GSC, 1994.
CompetenciasTransversais:
- Comunicación oral e escrita na lingua nativa
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Traballo en equipo
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
- Compromiso ético
- Aprendizaxe autónoma
- Creatividade
- Adaptación a novas situacións
Específicas:
- Coñecemento dos contidos básicos a partir dos que se estrutura a evolución histórica da Europa medieval.
- Capacidade de análise crítica e construtiva de situacións actuais e pasadas
- Capacidade para ler e interpretar información en todo tipo de soportes
- Capacidade de lectura crítica e comprensiva
Metodoloxía da ensinanza A ensinanza da materia participa dun sistema mixto que orienta o proceso de aprendizaxe, de acordo coa súa propia división en créditos de carácter teórico e de carácter práctico. Deste xeito, unha parte dos contidos (os de carácter máis básico e xeral ou aqueles de carácter máis complexo), son impartidos polo docente recorrendo á fórmula da "clase maxistral", apoiada no emprego de medios audiovisuais e no manexo de mapas, gráficos e estatísticas, na lectura de textos axeitados ao tema tratado e na realización de comentarios na propia aula, a partir de materiais previamente entregados. Unha parte substancial da materia desenvólvese a partir do traballo dos alumnos/as realizado fóra do horario lectivo (actividade academicamente dirixida fóra da aula), consistente na realización (tanto individual como en grupo) de actividades diversas: lectura e recensión de libros, a visión de películas alusivas ao tema que se está a tratar, excursións formativas, asistencia a cursos e conferencias. Especificamente, para fomentar a personalización da súa formación intelectual e a xeración dun espírito crítico, o alumno/a ten que realizar, para a plena superación do proceso de aprendizaxe, unha recensión crítica dunha obra dentro da bibliografía e a temática suxeridas polo docente da materia. Así mesmo, como unha actividade máis dirixida á súa formación transversal, realizanse prácticas dirixidas de exposición de epígrafes da materia na aula, incitando así aos alumnos/as a enfrontárense a un público pendente das súas explicacións, ao tempo que deste xeito se produce unha socialización de coñecementos da que participa todo o grupo de estudo.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia comprenderá:
a) Unha proba teórica, consistente no desenvolvemento dun tema extraído do programa da materia e a realización dun comentario de texto histórico axeitado aos seus contidos. A súa cualificación proporcionará o 75% da nota final.
b) Unha proba práctica, consistente na realización dun traballo bibliográfico sobre unha das obras suxeridas polo profesor ou propostas polo alumno/a e aceptadas por aquel. A súa cualificación equivalerá ao 12'5% da nota final.
c)Unha proba teórico-práctica, consistente na elaboración e exposición en grupo dun dos epígrafes do programa. A súa cualificación equivalerá ó 12'5% da nota final.
A realización de ambas as dúas probas é indispensable para superar a materia en calquera das convocatorias establecidas. O prazo para a admisión dos traballos rematará o día do exame final e a súa ausencia comporta a cualificación de "Non Presentado". A asistencia á clase e a participación nas aulas prácticas e actividades extra-aulares serán tidas en conta na avaliación final da aprendizaxe.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de actividade presencial: 45 horas
.- Sesións expositivas: 18 horas.
.- Sesións de seminario: 18 horas.
.- Tutorías, avaliación e outras actividades en aula: 9 horas.
Horas de actividade non presencial: 67'5 horas.
.- Estudo e preparación de clases e materiais: 22'5 horas.
.- Traballos de curso: 15 horas.
.- Lecturas de bibliografía e materiais: 15 horas.
.- Preparación de exames e outros: 15 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaTendo en conta a amplitude e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter de materia de especialización, é altamente recomendable o dedicar un tempo diario á súa preparación, que debería facerse recorrendo á realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. De igual xeito, é case imprescindible o recurso á bibliografía de apoio xeral e a específica de cada tema para complementar e suplementar a docencia maxistral, así como as suxestións de lectura do profesor e o manexo de atlas, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou informatizadas, sen excluír a lectura, visión e análise dos medios de comunicación diaria, como un xeito de relacionar coñecementos e procesos históricos. Así mesmo, convén, na realización do traballo bibliográfico obrigatorio e do traballo de grupo, coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, ao igual que a creatividade persoal e o rigor crítico no eido dos contidos
Observacións1.-Docencia presencial: exposicións temáticas do docente, comentarios de textos históricos, exposicións en grupo de alumnos/as.
2.- Actividades académicamente dirixidas: lectura e recensión de libros, prácticas de iniciación básica á investigación, cine-forum.