Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Humanidades  »  Información da Materia

G5101444 - Literatura Contemporánea do Idioma Moderno (Francés) (Formación Humanística) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana
  • Áreas: Filoloxía Francesa
  • Centro: Facultade de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ DIAZ, MARIA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Francés


  • Obxectivos da materia
    Profundizar na aprendizaxe e no estudo da Literatura Francesa Contemporánea.
    Estudo dos principais acontecementos históricos e sociais nos que se contextualiza.
    Complementar a aprendizaxe de contidos lingüísticos e literarios mediante a análise de textos.
    Contidos
    Literatura Francesa Contemporánea, especialmente a do século XX.
    Multiculturalismo.
    Postcolonialismo.
    Literatura Francesa da sociedade global.
    Adaptacións cinematográficas de obras literarias en francés.

    1. O Dadaísmo e o Surrealismo.
    2. Proust
    3 O Existencialismo
    4. A nova novela
    5. O teatro do absurdo
    6. A novela contemporánea

    Obras de lectura obrigatoria :

    1. M. PROUST, Un amour de Swann
    2. A. CAMUS, Caligula
    3. S. BECKETT, En attendant Godot
    4. YOURCENAR, M., Alexis ou l´inutile combat
    Bibliografía básica e complementaria
    BANCQUART, M.C., CAHNE, P., Littérature Française du XXe. siècle, PUF, Paris, 1992.
    NADEAU, M., Histoire du Surréalisme, SEUIL, Paris, 1964.
    MELANÇON, A., Camus, analyse de sa pensée, Fribourg, 1976.
    CASANOVA, P., Beckette l´abstracteur, SEUIL, Paris, 1997.
    Competencias
    O alumno terá que acadar un bo coñecemento da Literatura Francesa do século XX e das súas principais escolas literarias e ideolóxicas. Asimesmo deberá coñecer en profundidade as innovacións formáis da mesma.
    Metodoloxía da ensinanza
    Actividades presenciais : Número de horas

    Sesións expositivas : 18
    Sesións interactivas : 18
    Sesións de titoría programada : 4
    Sesións de avaliación, exámenes e outros : 3
    Outras actividades, exposicións en clase, etc. : 2
    Total de horas de actividade presencial : 45
    Os alumnos deben realizar un número de lecturas obrigatorias na súa versión orixinal. No caso de especial dificultade, poderán axudarse de traduccións.

    Os temas serán explicados na clase. Cada un deles irá precedido dunha introducción aos acontecementos históricos e culturais nos que se atopa inmerso.

    Sistema de evaluación
    Asistencia e participación activa na clase.
    Exames.
    Traballos realizados polos alumnos.
    A asistencia á clase é obrigatoria, non podendo acumular o alumno máis de 5 ausencias xustificadas. En caso contrario, só podería optar ao exame final cunha minoración do 20% da nota inicial. E decir, no lugar de 10 puntos, se partiría dun máximo de 8.
    Con asistencia regular as clases, a evaluación se estructura do seguinte xeito : 70% exame final e 30% participación activa na clase e traballos.
    Oportunidade extraordinaria : Se o alumno ten aprobada a avaliación continua, só terá que presentarse a un examen que contará o 70% da nota final.
    Se o alumno non ten aprobada a evaluación continua, deberá facer o examen final pola totalidade da nota.
    Repetidores : A asistencia a clase no se esixirá se o alumno asistiu ao curso o ano anterior e se ten aprobada a evaluación continua. Para o resto dos casos, aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que para os non repetidores.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades non presenciais : Número de horas

    Estudo e preparación de actividades programadas na clase : 20
    Realización de traballos de diverso tipo : 15
    Lecturas : 15
    Preparación de exámenes : 17.5
    Outras actividades.
    Total de horas de actividade non presencial : 67.5
    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumno debe ter superados previamente os contidos da materia "Literatura Francesa I".
    Observacións
    No exame final incluiranse as obras de lectura obrigatoria.
    As clases serán impartidas en francés.