G5101445 - Literatura Contemportánea do Idioma Moderno (Inglés) (Formación Humanística) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEsta materia pretende proporcionarlle ao alumno un achegamento á literatura contemporánea escrita en lingua inglesa, nas Illas Británicas, nos Estados Unidos e noutros países do mundo, o que lle confire a esta literatura un alcance internacional. Prestaráselle maior atención á análise dunha selección de obras e extractos representativos do canon literario.
Contidos0. Introdución: Contexto xeográfico, histórico, social da literatura contemporánea
1. Gran Bretaña. Declive imperial. Ishiguro The Remains of the Day.
2. Irlanda. Nacionalismo. Joyce “The Dead”, A Portrait of the Artist.
3. Estados Unidos. A cuestión afroamericana. Walker The Color Purple.
5. Canadá. Identidade. Laurence A Jest of God.
6. Australia. Nacemento dunha nación. Carey Oscar and Lucinda.
7. Africa/ India/ Caribe. Política postcolonial. Naipaul Selected Journalism.
Bibliografía básica e complementaria- Barnard, Robert, Breve historia de la literatura inglesa, Alianza, Madrid, 2002 (publicado orixinalmente en 1984). Introdución de tipo xeral aos movementos e aos autores. Percorrido pola literatura con referencias á historia, útil para situar, contextualizar.
- Borges, Jorge Luis, Introducción a la literatura inglesa, Alianza, Madrid, 1999 (publicado orixinalmente en 1965). Libro breve que contén un repaso a toda a historia da literatura inglesa, desde os anglosaxóns ata o século XX.
- Villalba, Estefanía, Claves para interpretar la literatura inglesa, Alianza, Madrid, 1999.
Obra de tipo xeral. Trata aspectos sociais, culturais, históricos e ideolóxicos.
- Vargas Llosa, Mario, La verdad de las mentiras, Alfaguara, Madrid, 2002.
Recopilación de ensaios sobre autores como Conrad, Joyce, Dos Passos, Virginia Woolf, Scott Fitzgerald, Faulkner, Greene, Orwell, Hemingway, Steinbeck, Nabokov, Doris Lessing e Saul Bellow.
- Álvarez Amorós, José Antonio (ed), Historia crítica de la novela inglesa, Ediciones Colegio de España, Salamanca, 1998.
Estudo a cargo de coñecidos profesores universitarios españois; de especial interés o capítulo sobre transición ao século XX, 1880-1910 (últimos vitorianos e eduardianos). Todo o século XX
- Burgess, Anthony, Historia de la literatura inglesa, Madrid, 1981.
- Pérez Gállego, Cándido, ed. Historia de la literatura inglesa, 2 vols., Madrid, 1984.
www.sparknotes.com Resumos e análise crítica de algunhas obras do programa.
CompetenciasDe forma específica, o estudiante debe adquirir a capacidade de uso correcto e coherente da lingua inglesa para explicar a súa literatura e tradición cultural.
Redacción adecuada de textos en lingua inglesa, ca correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
Tamén debe comprender razoadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferencias culturais, especialmente a partir do estudio do postcolonialismo. Finalmente, debe mostrar a súa capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras do ámbito da literatura inglesa así como a súa habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental a a investigación, mediante a realización das tarefas específicas que se mencionan no programa.
Metodoloxía da ensinanza Realizarase unha análise eminentemente filolóxica e textual das obras. Non obstante, atenderanse tamén a criterios historiográficos e recolleranse as principais achegas das escolas críticas tradicionais.
Por outra banda, e se se teñen en conta os plans de estudos vixentes nesta Facultade, estudarase o fenómeno literario desde as propostas dos estudos culturais, coa potenciación da interdisciplinaridade da materia e o establecemento das necesarias referencias a outras manifestacións artísticas como o cine e a pintura.
É necesario que os alumnos lean as obras obrigatorias antes da súa análise na clase; como norma xeral, antes de realizar esta actividade, o profesor fará unha introdución xeral ao autor e sinalará a que aspectos deben prestar especial atención.
Para que os alumnos poidan organizar as súas actividades, faise unha previsión de que o programa se imparta durante trece semanas, con dúas horas de clase presencial cada semana.
O profesor usará na clase versións orixinais en inglés e traducións.
Os alumnos, en función da súa competencia lingüística nesta lingua, e cando se crea conveniente, poderán ler as obras nas súas correspondentes traducións ao galego ou castelán.
Para a análise dos poemas proporcionaráselles aos alumnos unha gravación en versión orixinal en inglés, xa que os aspectos fonolóxicos son a base da análise textual. Obviamente, neste caso, as traducións non serán de moita axuda.
Sistema de evaluaciónNo exame final desta materia, cuadrimestral segundo o POD da Facultade, o alumno deberá responder a preguntas relacionadas cos autores e obras dos temas do programa.
Tanto as preguntas como as respostas serán breves e concretas.
As probas incluirán tamén o recoñecemento e análise textual de pasaxes breves das obras.
Tanto no desenvolvemento das clases como na fase de avaliación prestarase especial atención á análise persoal das obras de lectura obrigatoria por parte do alumno.
As faltas de ortografía ou expresión serán penalizadas en función da súa gravidade con ata un punto cada unha.
Parte da actividade lectiva dedicarase a actividades de revisión de contidos e a prácticas con modelos de exames de convocatorias anteriores.
Os alumnos recibirán tamén unha cualificación polos traballos que lles serán requeridos ao longo do cuadrimestre que será ata o 30% do total (tanto na primeira como na segunda oportunidade do exame).
Tempo de estudo e traballo persoalA tarefa na que deben investir máis tempo é as obras de lectura obrigatoria. Para consultar bibliografía, preparar actividades para clase e repaso da materia, poden calcular 20 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaDebe terse en conta que a parte principal desta materia estará dedicada á análise de obras e autores concretos, que non necesitarán unha ampliación bibliográfica substancial por parte do alumno, aínda que é recomendable a consulta de obras de referencia que sirvan para complementar o desenvolvemento dos temas expostos na clase.
Observacións-