G5101446 - Historia Social e Cultural de Europa II (Formación Humanística) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Medieval e Moderna, Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Historia Moderna, Historia Contemporánea
- Centro: Facultade de Humanidades
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo principal desta materia é presentar ao estudante un panorama xeral da evolución da sociedade europea entre os séculos XV e XX e dos movementos sociais e culturais que a configuraron. Para iso recorreráse a esposicións diacrónicas pero tamén á profundización en determinados aspectos que, pola súas particularidades adoitan quedar fóras dos prográmas máis xerais das materias troncais de Historia Moderna e Contemporánea.
ContidosPRIMEIRA PARTE. Historia social e cultural da Europa moderna
Minorías, violencia e exclusión social na Europa moderna: as minorías relixiosas e étnicas; bandolerismo e violencia organizada; violencia e represión sexual; o papel da muller na sociedade; pobreza e asistencia social.
Ceremonias, ritos e festas no mundo moderno: representación social e imaxe do poder; propaganda e lexitimación político-relixiosa; cultura relixiosa/profana e sociabilidade; relixiosidade e costumes populares; o teatro barroco.
Relixiosidade moderna e cultura lectora en Europa: literatura espiritual e construcción do imaxinario social; a educación civil nos textos haxiográficos e sermonarios; o libro de devoción como modelador da conducta social no Barroco; a "cortesanización" do sobrenatural.
SEGUNDA PARTE. Historia social e cultural da Europa contempoánea
O século XIX: a crise do antigo réxime; o liberalismo e a burguesía; cambio e continuidade nas estructuras sociais; as orixes do feminismo histórico; as transformacións culturais; os cambios de fin de século.
O período de entreguerras: a quebra europea; sociedade e cultura de posguerra; as consecuencias sociais da "gran depresión"; a renovación e homoxeneización da vida cultural; o desenvolvemento do movemento feminista e o trunfo do sufraxismo.
Europa dende 1945: a nova orde europea(1945-1991); a Europa oriental; a Europa occidental; o 68 como fractura; o fin dos "anos dourados", a revolución social e cultural da segunda metade do século XX.
Bibliografía básica e complementariaPRIMEIRA PARTE. Historia social e cultural da Europa moderna
A Pobreza e a marginalizaçâo social do séc. XV aos nossos días, Porto : Universidade Portugalense Infante D. Henrique, Departamento de Publicaçôes, 2000.
BALDASARRI, Marina, Bande giovanili e "vizio nefando" : violenza e sessualità nella Roma barocca, Roma : Viella, 2005.
BERCO, Cristian, Sexual hierarchies, public status : men, sodomy, and society in Spain's golden age, Toronto : University of Toronto Press, cop. 2007.
Bravo Lozano, Jesús, Minorías sociorreligiosas en la Europa moderna, Madrid : Síntesis, D.L. 1999.
Historia de las mujeres en Occidente, v. 3: Del Renacimiento a la Edad Moderna (Arlette Farge y Natalie Zemon Davis, eds.), Madrid : Taurus, 1991-1993.
La Fiesta, la ceremonia, el rito : Coloquio Internacional, Granada, 24-26-IX-1987, Granada : Universidad, 1990.
MUIR, Edward, Fiesta y rito en la Europa moderna, Madrid : Editorial Complutense, D.L. 2001.
POMARA SAVERINO, Bruno, Bandolerismo, violencia y justicia en la Sicilia barroca , Madrid : Fundación Española de Historia Moderna, D.L. 2012
RHEINHEIMER, Martin, Pobres, mendigos y vagabundos : la supervivencia en la necesidad, 1450-1850, Madrid : Siglo XXI, 2009.
Teatro y fiesta en el Barroco : España e Iberoamérica , Barcelona : Serbal, 1986.
SEGUNDA PARTE Historia Contemporánea (séculos XIX e XX)
ANDERSON, B.S., ZINSSER, J.P. (2009): Historia de las mujeres, una historia propia, Barcelona, Crítica.
BOCK, G. (2001): La mujer en la historia de Europa, de la Edad Media a nuestros días, Bracelona, Crítica.
DUGAST, J. (2003): La vida cultural de Europa entre los siglos XIX y XX, Barcelona, Paidós.
FRADERA, J.M., MILLÄN, J. (2000): Las burguesías europeas del siglo XIX. Soceidad civil, política y cultura, Madrid/Valencia, Biblioteca Nueva/Universitat de Valencia.
GEOFF, E. (2003): Un mundo que ganar, historia de la izquierda en Europa, Barcelona, Crítica.
MELLÖN, J.A. (2008): Ideologías y movimientos políticos contemporáneos, Madrid, Tecnos.
MOSSË, G.L. (1997): La cultura europea del siglo XIX, Barcelona, Ariel.
La cultura europea del siglo XX, Barcelona, Ariel.
NÜÑEZ FLORENCIO, R. (1993): Sociedad y política en el siglo XX. Viejos y nuevos movimientos sociales, Madrid, Síntesis.
SÄNCHEZ BLANCO, F. (2013): La Ilustración y la unidad cultural europea, Madrid, Marcial Pons .
CompetenciasCompetencias xerais:
1) Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos dunha forma profesional e posean as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumnentos e a resolución de problemas da historia social e cultural europea dos séculos XV ao XX (2G).
2) Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos á historia social e cultural de Europa) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (3G).
3) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado (4G).
4) Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía (5G).
Competencias transversais:
1) Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos (T2).
Competencias específicas:
1) Adquisición de coñecementos profundos acerca da historia social e cultural de Europa dos séculos XV ao XX (E4).
2) Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados coa historia social e cultural de Europa (E5).
3) Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación (E6).
Metodoloxía da ensinanza CLASES TEORICAS :
1. Explicación por parte do profesor/a dos contidos básicos e introducción aos temas propostos no programa da asignatura. Actividade presencial na aula.
2. Presentación do material de apoio e bibliografía específica que sirva para complementar a exposición teórica.
CLASES INTERACTIVAS:
1. Exposición oral por parte do alumnado dos traballos referidos a calquera dos apartados do tema obxecto de estudo.
2. Debate crítico e razoado sobre as conclusións obtidas.
3. Tanto as exposicións orais como o debate razoado servirán para valorar o nivel de lectura, análise, comprensión e exposición acadado polo alumno.
4. A elaboración por escrito destas exposicións orais será condición indispensable, valorándose a craridade nos conceptos, o dominio do vocabulario, a capacidade de síntese, o uso corecto das citas e bibliografía, etc.
TUTORIZACION PERSONALIZADA:
Adicada a orientar ao alumnado de cara á elaboración dos traballos realizados.
Sistema de evaluación1.- A ASISTENCIA ás aulas é OBRIGATORIA. Trátase dun sistema de AVALIACION CONTINUA. Polo tanto, una ausencia superior ó 20% imposibilitará a avaliación do alumno. As ausencias deberán xustificarse.
Ao marxe da elaboración de traballo/exame final, avaliaráse o TRABALLLO DIARIO que o alumno faga en relación co desenvolvemento das sesións teóricas e prácticas: lectura crítica da bibliografía básica e específica, presentación oral e por escrito dos traballos correspondentes e as intervencións razoadas nos debates de aula.
2.- En base a este criterios a CUALIFICACION FINAL obtense de:
A.- ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN ACTIVA(60% da nota)
. Asistencia e participación activa nas sesións presenciais teóricas e prácticas.
. Exposición oral dos traballos correspondentes, nos que avaliarase tanto o nivel de contidos acadados como os recursos didácticos empregados.
. A exposición na data acordada será un requisito indispensable.
. Elaboración por escrito destas exposicións.
. A entrega puntual dos traballos será un requisito indispensable.
B.- PROBA FINAL (40% da nota)
Segundo a evolución do curso - nivel de contidos acadado, nivel das exposicións orais e traballos escritos, uso de material didáctico e de apoio, bibliografía empregada, tec.- optaráse por:
- Exame final dos temas traballados na aula.
- Un traballo final de sintese histórica , individual ou en grupo en base a bibliografía específica ou unha recensión /traballo escrito sobre unha mono.grafía que se considere de interese para a comprensión global da materia
OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN: A avaliación seguirá os mesmos criterios ordinarios conservándose as notas das actividades ou probas superadas.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais:
Sesións expositivas: 18 horas
Sesións interactivas: 18 horas
Sesións de titoría programadas: 4 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Outras actividades: 2 horas
TOTAL HORAS ACTIVIDAD PRESENCIAL: 45
Actividades non presenciais:
Estudio e preparación actividades programadas na aula: 20 horas
Realización de traballos: 17,5 horas
Lecturas: 15 horas
Preparación de exámes: 15 horas
TOTAL HORAS DE ACTIVIDAD NON PRESENCIAL: 67,5
Recomendacións para o estudo da materia. Asistencia ás sesións presenciais.
. Participacion activa en ditas sesiones como método de adquisicón de contidos, resolucion de dubidas ou conflictos no apreendizaxe da materia.
. Lectura previa ás sesións expositivas de manuales ou bibliografia básica.
. Utilización de bibliografia xeral e especifica para a realización de traballos.
. Especial atención e coidado á exposición oral -obxectivos básicos,contidos claros e recursos didácticos- e escrita - redaccion, citas, bibliografia empregada, etc.-.
ObservaciónsRecoméndase ter cursado antes a materia "Historia Social e Cultural de Europa I".